Presentación

O robot RANGER é un robot moi robusto feito de pezas de aluminio que podedes montar e desmontar todas as veces que vos faga falta, ademais de ter un cerebro potente o que permite realizar distintos desafíos.

Aquí tedes o vídeo de presentación do robot da casa Makeblock, mostrando as súas posibilidades. Agudizade o oído porque está en inglés :


O Ranger preséntase dentro dunha caixa, desmontado, con todas as pezas e accesorios necesarios para a súa montaxe coma parafusos, porcas e un desaparafusador.

CAIXA DE PRESENTACIÓN KIT DE PEZAS
ranger ranger

Como xa vistes no vídeo, o kit do robot Ranger ten pezas para tres montaxes diferentes. Isto permite escoller para cada desafío a montaxe máis axeitada para acadar os retos que nos propoñamos.

ROBOT TANQUE ROBOT DE CARRERAS DE 3 RUEDAS ROBOT BALANCÍN
RANGER RANGER RANGER

No seguinte apartado mostraremos as partes ou compoñentes do robot, para despois analizar a linguaxe de programación que permite comunicarnos co robot. E finalmente propóñense retos para por en práctica o aprendido.

Imos ver, polo tanto, as partes máis importantes:

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0