LEDS: Poñendo Luces

Neste capítulo vanse tratar:

  1. Harware: Leds
  2. Software: Actuantes de luz no mBlock
  3. Actividades: Poñendo luces. Ampliación

HARWARE: Leds

O mBot Ranger trae de serie un anel de leds RGB que se poden iluminar ao noso capricho. Este anel é un dos actuantes do robot.

As siglas RGB, significan, Red, Green, Blue é dicir teremos, Vermello, Verde e Azul; estes leds poden acender con estas cores e coas que resultan da combinación das mesmas,  prodúcense distintos tons de luz.

Na placa, están situados:

leds

Led RGB

rgb

SOFTWARE: Actuantes de luz no mBlock

O programa mBlock ten un comando específico para que poidamos iluminar o anel de leds.

O comando necesario para elo:

Código led

Escolla de Leds

   Cada número corresponde a cada led

leds

Escolla da Intensidade do RGB

   Vai dende:

   0 -  o led está apagado ata 

   255 - o led brilla coa máxima intensidade

leds

Imos facer unha proba:

Actividade: Poñendo luces

Imos iluminar a nosa aula

  • Actividade: Programaremos o noso robot, como se fora o mesmísimo "coche fantástico", queremos que se vaian encendendo sucesivamente as luces, e que recorran o anel nun sentido.

" O coche fantástico"

Obxectivos
  • Aprender a manexar os comandos que controlan os leds
  • Reforzar a aprendizaxe dos comandos de son
  • Distinguir e recoñecer o papel dos actuadores en robótica

Obxecto: Actuador  Anel de Leds e os seus comandos
Para iniciar o programa inicio
Comandos a usar

leds

bucle         espera

Se necesitas axuda preme aquí.

  • Actividades de Ampliación:
  1. Pon música mentras se ilumina, pensade na sensación que queredes provocar, de medo,  tecnolóxica, marciana...e o movemento da luz.
  2. Cambiade a cor dos leds, para elo debedes modificar o datos do RGB, distintos valores numéricos para as cores vermello, azul e verde.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0