ÓESME?: Sensor de Son

Neste capítulo:

  1. HARDWARE: Sensor de son.
  2. SOFTWARE: Sensor de son no mBlock
  3. Actividades: - Que oes?

                    - Canto berramos!

Hardware: Sensor de Son

Este sensor detecta intensidades de son. Ten un rango de medidas dende 0 ata 1023, o 0 é a ausencia de son e o 1023 é o máximo valor que rexistra, polo tanto ofrece valores de son dende o 0 ata o 1023.

Está situado na placa detrás da conexión vermella 2, tal e como está indicada nas fotos de abaixo.

son son

SOFTWARE: Sensores de Son do mBlock

Este sensor aporta información sobre a intensidade do son ao seu redor.

Podemos utilizar estes valores para programar ao Ranger para novas misións sonoras.

 Código

  •  O comando permítenos saber os valores de son que detecta o sensor.
  •  "Sonido a bordo", refírese ao sensor integrado na placa
   son

O comando do sensor vai incrustado nos bloques de control, operadores, etc.

A seguinte actividade axudaranos a comprobar o funcionamento do Sensor de Son e a revisar se hai algún problema de lectura.

Actividade: Que oes?

Imos coñecer os valores que detecta o sensor de son.  Este programa é moi importante para detectar posibles problemas de funcionamento do sensor

vv

Actividade: O ordenador informaranos dos datos tomados

" Que Oes?"

Obxectivos

- Comprobar o funcionamento do sensor

- Comprobar o rango do sensor

- Entender o funcionamento dos sensores

- Integrar os coñecementos aprendidos

Obxecto/ Sensor  Sensor de Son

Para iniciar o Programa:

Utilízase a bandeira verde porque é un programa que se vai realizar no escenario do mBlock.

inicio
Comandos a Usar inf     decir  sons

Programa:

  • Indica cada 2 segundos o valor do son (de 0 a 1024) tomado polo sensor.
  • Aparecerá o panda do escenario de mBlock , dicindo os valores.
  • Na foto de arriba o programa está feito definindo unha variable, o que fai que apareza un contador na pantalla.
  • Pódese utilizar tamén o comando redondear : red
oesme

Actividade: Canto berramos!!!

Nesta actividade analizaremos o nivel de ruido da aula, se berramos moito iluminarase unha luz vermella. 

  • Actividade: Programa o robot para que cando suba moito o nivel de son da aula, ilumínanse o leds vermellos e cando falamos baixiño o noso robot permanecerá de cor verde.

"Canto berramos!!!"

Obxectivos
  •  Comprobar o funcionamento e rango do sensor.
  •  Integrar o uso dos sensores na programación.
  •  Relacionar os coñecementos aprendidos.
Obxecto/Sensor  Sensor de Son
Inicio auriga

Comandos a Usar:

Neste programa xa ides a usar as variables coma no programa anterior.

infinito condicional son

Variable: Escollemos a palabra RUIDO para declarar a variable(ti podes elexir calquera outra):

variable  variable  variable

No caso de cumprirse as condicións os leds deben iluminar vermello.

a 

Se precisas axuda preme aquí.

  • Actividades de Ampliación:

                      a. Ademáis de poñerse en vermello o robot debe emitir unha sinal acústica

                       b. Reliza un programa que consiga que o robot avance cada vez que fagamos un ruido.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0