¿Como se conecta?

Agora sabemos moitas cousas do robot Ranger, os seus compoñentes e a linguaxe que debemos utilizar para comunicarnos con el.

Pero... como se conecta?, como se sube o programa ao ordenador? Neste apartado imos ir paso a paso para aprender.

Coma sabemos, o robot Ranger conéctase ao programa do mBlock de distintos xeitos:

 ROBOT   RANGER

- ORDENADOR

-  TABLET

- TELÉFONO          MÓBIL 

 USB  (con cable ao ordenador)

 BLUETOOTH  (sen fíos, para tablets, ordenadores con bluetooth e teléfonos móbiles)

 2.4.G  (sen fíos, a través dun pendrive ao ordenador)

 Cada unha das opcións ten o seu firmware propio.

Como se conecta :

- Dende o ordenador ata o robot con cable USB

Neste apartado imos explicar como se conecta o Robot co ordenador co cable USB. É un dos métodos máis utilizados xa que temos unido o robot co seu ordenador a través do cable.

1º. PASO: Abrir o programa de mBlock   mblock. Premendo dúas veces o botón esquerdo do rato sobre a súa icona ou unha vez no botón dereito do rato e escoller "Abrir programa".

2º. PASO: Conectar co cable USB ordenador e robot.

cables

 A primeira vez que conectamos o robot co ordenador, aparecerá unha mensaxe na parte inferior dereita do ordenador, dicindo "Installing device driver software", que significa que estará instalando os drivers necesarios para que haxa comunicación, é dicir, está adxudicando un porto de comunicación, un porto COM.

En canto remate a tarefa  aparecerá a mensaxe: 

mblock

3º PASO: Debemos indicar de que marca ou tipo é o robot que imos utilizar, para elo escollemos no menú:

  mblock  a opción Extensiones > Makeblock

 

mblock

O resto das opcións que aparecen no cadro son as que xa veñen instaladas,   para cada dispositivo escollido, temos  os seus comandos específicos que nos permitirán programar o robot.

4º. PASO:  Despois de indicarlle a marca no apartado Extensiones, hai que especificar o tipo de placa que é, de que robot se trata dentro da casa Makeblock.

No menú mblock, escollemos Placas > mRanger Robot (Auriga)

mblock

5º PASO:  No quinto paso debemos especificar como vai ser a conexión, é dicir, cal vai ser o porto de comunicación entre o ordenador e o robot.

No menú mblock, escollemos Conectar > Puerto serie > COM.

Nota: Se nos aparecen máis dun porto, soe ser o porto cun número máis alto, neste caso particular aparece o porto COM4.

mblock

             AXUDA: Que se debe facer se hai problemas de conexión ou de identificación do porto?

            Son dous sinxelos pasos:

            5º.a. Instalarmos os drivers que nos fan falta coa axuda das accións ofertadas polo programa.

Escoller no menú  , Conectar > Instalar Driver de Arduino

mblock

Aparecerá esta mensaxe mentres estanse instalando os novos drivers :

mblock

Podemos volver comprobar, realizando de novo o punto 5, se temos asignado un porto COM para o noso robot.

         5º.b. Se queredes, en cando remate a instalación dos drivers do arduino, pódese comprobar a asignación de porto do seguinte xeito:

En Windows;  Equipo> Administrador de dispositivos> Puertos COM y LPT

mblock

6º PASO: Agora o robot xa debe estar conectado. Imos comprobalo.

Se o robot xa está conectado observaremos dous cambios no programa mBlock:

Inicialmente no menú do mBlock aparece se está desconectado co indicador de conexión vermello:

mblock

desc

 Pero cando conseguimos conectalo:

mblock

mblock

7º. PASO: ¿COMO SE SUBE UN PROGRAMA?

É unha das partes fundamentais de este apartado.

Para elo, primeiro debemos seleccionar no menú  a opción Conectar > Actualizar Firmware.

O programa mBlock descargará un programa de comunicación entre o robot e o ordenador.

OLLO: Se queremos conectar a placa de novo ao ordenador debemos volver "Actualizar Firmware".

REPASO de PASOS para ter todo preparado para SUBIR un programa:

  1. Ranger conectado e aceso
  2. Porto Correcto
  3. Barra menú conectado e indicador en verde.
  4. Actualizar Firmware

 E para subir o programa:

          5.- Ao premer en mblock  aparécenos a pantalla:

E pinchamos no botón  "Subir a Arduino"

       6.- E pinchamos no botón  "Subir a Arduino"

       O programa mBlock compila o programa e o sube en linguaxe C ao robot.

mblock

E temos subido o programa. O robot comezará coa súa tarefa programada.

Outro xeito de cargar o programa é : Editar > Modo  Arduino > Subir a Arduino

NOTA: Restaurar Programa Predeterminado

Existe unha opción no apartado Conectar que é Restaurar Programa Predeterminado. Esta opción permite restaurar a configuración coa que viña o robot de fábrica. 

Na pestana de conexión danos a opción de Conectar> Restaurar Programa Predeterminado

Temos que esperar ata que teña éxito a subida do programa.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0