Anexo Gimp

Aínda que o editor de Scratch, permite facer con comodidade moitas acción para traballar as imaxes das figuras e fondos, o programa GIMP ,que permite manipular imaxes, pode ser unha axuda interesante se queremos facer modificacións importantes na imaxes.
O GIMP é un programa de software libre, multiplataforma (serve para diferentes sistemas operativos)  que se pode descargar aquí.

Imaxes con fondo transparente:


Se temos unha imaxe cun fondo e queremos solo ter unha parte da mesma e ademais que teña fondo transparente (é dicir que fora do que sexa a imaxe non vai verse ao colocalo sobre un fondo diferente).

Hai varias ferramentas en Gimp que nos poderías servir para recortar a figura do seu fondo inicial. As máis apropiadas serán:

  • A varita máxica (selección por cor):  Se a figura a recortar esta sobre un fondo dun cor único está ferramenta é a máis rapida. Tocamos coa varita máxica o fondo e xa estará seleccionado. Premendo na tecla suprimir que daría eliminado. Se o fondo é moi grande respecto a figura podemos facer o seguinte proceso para que a imaxe sexa dun tamaño máis axeitado a figura que queremos:
    • Seleccionar o fondo coa varita máxica
    • En seleccionar>invertir (agora temos selecionada a figura en vez do fondo)
    • En editar>copiar
    • En Ficheiro>Crear desde portapapeis.
    • Aparecenos a figura nunha imaxe nova que ten de tamaño o tamaño da figura.
    • Solo queda exportar como png (exportar>escoller png)
  • A selección intelixente (a tixeira).
    • Prémese nun punto da figura e empezas a base de clics a facela forma da figura. A propia ferramenta vai aproximando a forma da figura (de aí o de intelixente) de maneira que faise o contorno dunha figura díficil de maneira máis sinxela.
    • Cando se chega o punto de partida , debe darse dous clics sobre o punto inicial (ten que aparecer un símbolo de dous aros entrelazados para saber que se está facendo ben), así pechamos a selección.
    • Unha vez pechada damos un clic sobre a figura e xa está selecionada.
    • E logo seguimos cos pasos anteriores (3-5).
imaxe fondo transparente



Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0