Sabes como é unha páxina web por dentro?

Se queres saber como está feita esta páxina que estás vendo preme [control + u]. Así accederás ao que se chama código fonte. Neste caso esta páxina esta escrita en HTML5, unha das linguaxes de programación básica empregada no deseño de páxinas web.

Premendo na cadea de palabras "O noso instituto na rede" poderás acceder á páxina do IES de Brión. Como xa sabes a isto chamámoslle ligazón. Podemos empregar textos, gráficos ou imaxes para crear ligazóns.

O noso instituto na rede

Como xa sabes tamén podemos incluír imaxes nunha páxina web. Nesta ocasión incluímos unha imaxe que xa está na rede, concretamente na páxina do noso centro.

Obradoiro de cociñas solares

Agora inténtao ti:

  1. Copia o código desta páxina
  2. Pega o código no caderno de notas
  3. Garda o arquivo con extensión html
  4. Modifica pouco a pouco os diferentes elementos e comproba os resultados no navegador.