WebSerie galega: Generación WiFi
Trátase de Generación Wifi, impulsada por un grupo de estudantes de Comunicación Audiovisual (Facultade de Ciencias Sociais Campus de Pontevedra) entre os que se atopa Araceli Louro (produtora), e pola xornalista Julia Castro, guionista e directora da webserie. A semana pasada, logo do pase no Teatro Principal, foi estreada na Rede con tres versións de cada un dos seus capítulos, aos que suman subtítulos, audiodescrición e interpretación en lingua de signos.
Segundo fan saber as súas creadoras, a webserie aborda con humor os “novos mandamentos da xeración do século XXI”, marcados pola “adicción ao móbil e a Internet”.
Click on WebSerie galega: Generación WiFi to open the resource.