http://static.latercera.com/20140904/1999980.jpg


O PLURILINGÜISMO.

O ECOLOXISMO E O UNIFORMISMO LINGÜÍSTICO

Actualmente existen en el mundo alrededor de 7.000 lenguas diferentes (las cifras varían considerablemente entre un cálculo y otro, pero no nos vamos a detener en este problema) y algo menos de 200 países, lo que nos da un promedio de más de 30 lenguas por país. Los promedios son únicamente eso, promedios, y estas cifras son muy aproximativas, pero nos muestran que el plurilingüismo es un hecho común y universalmente compartido.

LUIS-JEAN CALVET


http://www.eurominority.org/documents/cartes/europe-languages-eu.gif


Algúns homes -galegos tamén- andan a falaren dun idioma

, único para toda a nosa especie. (...) Mais eu dígolles que a variedade de idiomas, ca súa variedade de culturas, é o siño distintivo da nosa especie, o que nos fai superiores aos animaes. Velahí vai a demostración: Un can de Turquía oubea igoal que un can de Dinamarca; un cabalo das Pampas arxentinas rincha igoal que un cabalo de Bretaña. ¿E sabedes por que? Porque os probes animais aínda están no idioma universal ...

CASTELAO


La palabra más difícil de traducir en el mundo es aparentemente «ilunga», del idioma tshiluba, que se habla en la región suroriental de la República Democrática del Congo, según un curioso estudio hecho en su día por un millar de lingüistas. Significa «una persona que está dispuesta a perdonar cualquier abuso la primera vez, a tolerarlo la segunda, pero nunca la tercera».

http://www.eostraductores.net/


LINGUAS MAIORIZADAS E LINGUAS MINORIZADAS. A DIGLOSIA

LINGUAS MAIORITARIAS E LINGUAS MINORITARIAS

Dado el gran número de lenguas en el mundo, aunque todos los países fueran oficialmente multilingües, lo que está lejos de ser cierto, habría muchas más lenguas sin estatuto oficial que lenguas con un estatuto (se trate de lenguas oficiales, nacionales o regionales), porque resulta difícil de imaginar que cada uno de los países del mundo utilice en promedio más de 30 lenguas oficiales. Así pues, el plurilingüismo es un factor intrínseco de estratificación, o aun de exclusión: en todas partes hay lenguas no “reconocidas” y, por tanto, hablantes rechazados de facto o, al menos, cuya lengua no les permite participar en la vida del Estado lo que, por supuesto, plantea además cierto número de problemas de identidad, que trataremos más adelante, y problemas de democracia. Cada vez que un ciudadano no posee la lengua del Estado, no comprende la lengua en la que pueden juzgarle en un tribunal y no puede defenderse en esa lengua y no habla o habla de forma imperfecta la lengua en la que sus hijos están escolarizados -si lo están-, la lengua de la política o de la vida pública, la democracia es ultrajada.

LUIS-JEAN CALVET


Yang Huanyi murió en setiembre de 2004 cuando contaba más de noventa años de edad, y con ella se llevó el único idioma en el mundo hablado sólo por mujeres. Era la última conocedora del nushu, un idioma del sur de China, que durante al menos 400 años sirvió como lenguaje para las mujeres que querían compartir sus secretos con sus hermanas y amigas, a salvo de los oídos indiscretos de los hombres. Como el nushu, se calcula que por lo menos la mitad de las 7.000 lenguas en el mundo están bajo el riesgo de extinción.

http://www.eostraductores.net/


AS LINGUAS DA PENÍNSULA

Algúns exemplos:

Texto en mirandés (idioma do nordeste de Portugal):
L mirandés ye ua lhéngua falada ne l stremo nordeste de Pertual, na frunteira cun Spanha, nua region que ten al redor de 450 km². Stima-se que haba acerca 15.000.
En asturiano :
El mirandés ye una llingua falada na fastera nordeste de Portugal, na llende con España, nuna rexón que tien al rodiu de 450 km². Albédriase qu'hai cerca de 15.000 falantes.

En castelán:
El mirandés es una lengua hablada en el extremo nordeste de Portugal, en la frontera con España, en una región que tiene alrededor de 450 km². Se estima que hay en torno a los 15.000 hablantes.

En catalán:
El mirandès és una llengua parlada a l'extrem nord-est de Portugal, a la frontera amb Espanya, en una regió que té al voltant de 450 km². S'avalua que hi ha al voltant dels 15.000 parlants.

En galego:
O mirandés é unha lingua falada no estremo nordés de Portugal, na fronteira con España, nunha rexión que ten arredor de 450 km². Estímase que hai preto de 15.000 falantes.

En Xalmegu (galego de Estremadura):
O mirandés e unha lengua falá no estremu nordesti de Purtugal, na fronteira com Espanha, nunha regiom que tem arreol de 450 km². Sestima que tenha cerca dos 15.000 falantis.

En portugués:
O mirandês é uma língua falada no extremo nordeste de Portugal, na fronteira com Espanha, numa região que tem ao redor de 450 km². Estima-se que tenha cerca de 15.000 falantes.

wikipedia

Lembrade:

  • Excepto o basco (ou éuscaro), todas as linguas peninsulares proceden do latín.

  • Das linguas que mostra o mapa, só o catalán, o galego e o basco teñen carácter cooficial:

ARTIGO 5

A lingua propia de Galicia é o galego.

Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.

Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilita-lo seu coñecemento.

Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.

ESTAUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA, 1981

  • O asturiano (que no mapa aparece como "bable") e o aragonés son tamén linguas romances; non son dialectos do español, senón linguas xurdidas na Idade Media da evolución do latín, ó igual que o galego, o catalán e o castelán. Asturiano e aragonés non conseguiron a cooficialidade.

  • O catalán falado na Comunidade Valenciana recibe tamén o nome de valenciani, ese é o nome que recibe no Estatuto de Autonomía da Comunidade Valencina.

  • Ademais da zona marcada no mapa como propia, o español fálase en toda a Península.

  • Todas as linguas peninsulares teñen os seus dialectos ou variantes xeográficas, no caso do galego, distínguense tres bloques dialectais:

http://www.proel.org/img/mundo/galicia.gif


Unha mostra do galego de Asturias:

http://lafragatadepapel.blogspot.com.es


O GALEGO NO MUNDO


Por número de falantes o galego ocupa o lugar 160 entre as 5.500 linguas do mundo, o lugar 23 entre as 150 linguas europeas e é a segunda lingua europea máis falada entre as non oficiais en ningún estado...

http://www.realacademiagalega.org

Galicia ten máis de 2.800.000 habitantes. O territorio xeográfico da lingua galega está delimitado pola Comunidade Autónoma Galega e as áreas máis occidentais de Asturias, León e Zamora, ademais de tres pequenos lugares de Extremadura. A distribución do galego é xeograficamente bastante homoxénea, sen que existan áreas territoriais nas que non se constate o seu uso.

Ademais diso, e polas circunstancias históricas da emigración da poboación por todo o mundo, existen áreas con ampla presencia de comunidades galegas que conservaron a súa lingua como vehículo comunicativo, non só no ámbito privado, senón tamén no público, a través de publicacións periódicas, literarias ou mesmo na comunicación radiofónica dos países de acollida. Persisten ampias comunidades de falantes en cidades como Barcelona, Zúrich, Montevideo ou Bos Aires.

http://www.observatoriodalinguagalega.org

Se ben as últimas estatísticas indican que o uso do galego descendeu moito entre a xente nova e urbana –debido á perda de transmisión familiar e á insuficiencia das medidas normalizadoras-, o galego aínda segue a ser a lingua habitual do 40% dos habitantes de Galicia, mentres que outro 35% usa indistintamente galego e castelán en función das circunstancias. As estatísticas tamén indican que o 98% dos galegos entende o galego sen dificultade, isto é; ten un coñecemento pasivo que se podería activar se se introducisen medidas claras que favorecesen o seu uso. Nos territorios exteriores de lingua galega, o uso do noso idioma abala entre o 35 % de uso no occidente de León e un 75-90 % no resto das zonas (Asturias, Zamora e Cáceres).

http://www.realacademiagalega.org


A FORMACIÓN DO GALEGO

O galego é o resultado da derivación do latín que os romanos trouxeron ó Noroeste peninsular, e coa aportación das linguas anteriores e posteriores á colonización romana.
Antes da chegada dos romanos, o noso territorio estaba habitado por diferentes pobos que falaban distintas linguas. Trala conquista romana, estes pobos pasaron, pouco a pouco, a falar latín, do memo xeito que tamén adoptaron a cultura e o tipo de sociedade romanas.
Pero esas linguas anteriores ó latín, tamén aportaron algo ó galego, especialmente no campo léxico, en voces que se refiren a conceptos concretos, como nomes de animais, plantas, accidentes topográficos , etc.
Palabras como amorodo, morea, veiga, rodaballo, beizo, burato, billa ou berce, proceden desas linguas.
Despois da desaparición do Imperio Romano de Occidente, outros pobos, como os xermánicos e os árabes tamén se instalaron na Gallaecia, pero non borraron o latín galaico, aínda que si deixaron algunha pegada da súa presencia, sobre todo no léxico común e na toponimia. De orixe xermánica son palabras como : roubar, branco, gardar, Allariz, Guitiriz , etc.
A influencia árabe foi pequena e, ás veces, a incorporación dunha palabra árabe ó galego non foi directamente, senón a través do castelán. Son arabismos: azucre, aceite, acelga, alfinete, alfombra, ou a interxección oxalá.
O que non sabemos con seguridade é cando acaba o latín e comeza o galegoportugués, pero si que nos séculos X e XI xa é unha lingua bastante ben estructurada e cunhas características propias, aínda que o latín seguiu sendo usado como única lingua escrita durante moitos máis anos. Vai ser a partir do século XII cando a nosa lingua pase a usarse a nivel escrito, como tamén o fixeron as outras linguas románicas.

http://www.staki.com

A maioria do vocabulario galego procede de étimos latinos (étimo é a palabra que se considera orixe doutra), inda que dependendo da época na que se introduzan podemos distinguir,cultismos, semicultismos e palabras patrimoniales.
As PALABRAS PATRIMONIAIS incorpóranse na época da colonización romana, e sufriron todas as evolucións. Ex: SOLITARIUM > solteiro.

Os CULTISMOS proceden do latín ou do grego e penetraron tarde no galego,polo que apenas sofren modificacións. Ex: SOLITARIUM > solitario.
Os SEMICULTISMOS, ainda que se incorporon tarde, sofren certas evolucións, estando entre as palabras patrimoniais e os cultismos.


AS INTERFERENCIAS LINGÚÍSTICAS

El spanglish, espanglish, inglespañol, espanglés o pocho , es la fusión morfosintáctica y semántica del español con el inglés estadounidense.

Conversa curta en spanglish:

  • Anita: «Hola, good morning, cómo estás?»

  • Mark: «Fine, y tú?»

  • Anita: «Todo bien. Pero tuve problemas parqueando my car this morning.»

  • Mark: «Sí, I know. Siempre hay problemas parqueando in el área at this time».

http://es.wikipedia.org/wiki/Spanglish





ACTIVIDADES

UNHA RÚA NUN PORTO LONXANO do norte. As tabernas están acuguladas de mariñeiros e botan polas súas portas o bafo quente dos borrachos. Xentes de todas as castes do mundo, cantigas a gorxa rachada, música de pianolas chocas, moito fedor a sebo...

Un mariñeiro que fala francés tropeza cun mariñeiro que fala inglés. Os dous fanse promesas de gran amistade, cada un no seu falar. E sen entenderse camiñan xuntos, collidos do brazo, servíndose mutuamente de puntales.
O mariñeiro que fala francés e mais o mariñeiro que fala inglés entran nunha taberna servida por un home gordo. Queren perder o sentido xuntos para seren máis amigos. ¡Quen sabe se despois de ben borrachos poderán entenderse!
E cando o mariñeiro que fala inglés xa non rexe co seu corpo, comenza a cantar:

Lanchiña que vas en vela,
levas panos e refaixos
para a miña Manoela.

O mariñeiro que fala francés arregala os ollos, abrázase ao compañeiro, e comenza tamén a cantar:

Lanchiña que vas en vela,
levas panos e refaixos
para a miña Manoela.

i¡A-iu-jú-jú!! Os dous mariñeiros eran galegos.
O taberneiro, gordo coma un flamengo de caste, veu saír aos dous mariñeiros da taberna e pola súa faciana vermella escorregaron as bágoas. E dispois dixo para si nun laído saudoso:

¡Lanchiña que vas en vela!

Tamén o taberneiro era galego.

Este texto de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao pertence á súa obra Cousas (1926).

DESPOIS DE LER ATENTAMENTE O TEXTO, RESPONDE:

  1. DIRÍAS QUE UN DOS TEMAS DO TEXTO É O GALEGO NO MUNDO? XUSTIFICA A TÚA RESPOSTA E COMENTA O QUE SAIBAS DO TERRITORIO DA LINGUA GALEGA.
    SINALA OUTRO TEMA QUE VEXAS TI NO TEXTO E EXPLÍCAO.

  2. DIRÍAS QUE AS PALABRAS AMISTADE E LONXANO SON INTERFERENCIAS LINGÜÍSTICAS DO CASTELÁN NO GALEGO. XUSTIFÍCAO.

  3. BUSCA OS XENTILICIOS QUE HAXA NO TEXTO E ESCRIBE O TOPÓNIMO QUE LLES CORRESPONDA. BUSCA OS ANTROPÓNIMOS E EXPLICA O EMPREGO DE MAIÚSCULAS OU MINÚSCULAS NO CASO DOS XENTILICIOS, DOS TOPÓNIMOS E DOS ANTROPÓNIMOS.

  4. O QUE CANTAN OS MARIÑEIROS DIRÍAS QUE É UNHA MOSTRA DA LITERATURA CULTA OU POPULAR? POR QUE?

  5. EXPLICA OS TILES QUE APARECEN NO PARÁGRAFO QUE COMEZA: O TABERNEIRO...


Last modified: Thursday, 7 July 2016, 12:24 PM