Veremos a continuación varios procesos moi útiles pero non tan básicos.

  • Redución do ruído ambiente ou sons de fondo.

Unha das cousas máis molestas dunha gravación, tanto só de audio como de vídeo, é que se coe o ruído ambiente na pista de audio e arruíne a calidade da gravación. Veremos como eliminar o ruído ambiente dunha pista de audio con Audacity.

Para eliminar o ruído de ambiente do audio, antes será necesario tomar unha mostra que indique a  Audacity que é ruído e que non. Isto conséguese dunha forma moi sinxela.

1. Basta con seleccionar un ou dous segundos de audio onde só escóitese ese ruído ambiente. Os profesionais soen gravar eses segundos antes de comezar a gravación deixando pasar ese tempo antes de comezar coa conversación ou coa acción do vídeo. Dese xeito é moito máis sinxelo tomar a mostra. Se non tomaches ese tempo de espera non importa, podes aproveitar un breve silencio no dialogo para tomar esa mostra.

2. Ca seleccion feita acceder ao menú Efecto > Redución de ruído. Con isto,  Audacity tomará a zona que seleccionaches como mostra do ruído que debe eliminar na pista de audio. 

3. A continuación seleccionamos a pista da que queremos extraer o ruído (ou un anaco do noso interese) e volvemos acceder ao menú Efecto > Redución de ruído para volver ao cadro de configuración desa ferramenta. Nesta ocasión, axustamos os parámetros da redución de ruído e aplicamos.

Cada caso é diferente xa que depende da natureza do ruído e a calidade do audio, pero uns parámetros de Redución de ruído de 20  dB, un axuste de Sensibilidade medio e un Tempo de ataque ou  decaimiento nun nivel moi baixo ou nulo adoitan ser un axuste axeitado. Se te excedes nestes parámetros é posible que  Audacity faga unha cancelación do ruído ambiente demasiado agresiva e se perda calidade no audio. 

No seguinte video temos un exemplo de uso desta ferramenta.

  • Eliminación vocal.

Se queremos facer unha versión instrumental dunha canción, unha pista de acompañamento ou eliminar a voz dunha pista temos un efecto en Audacity que nos axudará.

O que temos que facer e selccionar a pista e ir a Efecto > Reducción vocal y aislamiento. Aquí atoparemos unhas cantas opcións posibles e varios parámetros. O axeitado dependerá da nosa pista e do resultado que pretendamos acadar. Como sempre recoméndase trastear e probar.

No seguinte video temos un exemplo de uso desta ferramenta.

Last modified: Thursday, 18 January 2024, 9:39 PM