Programa Iniciación segura á pegada dixital (charla el jueves 09/11/2023)

O programa de Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais ten o obxectivo de capacitar ao alumando no uso seguro, responsable e proveitoso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).

Iniciación segura á pegada dixital

O programa de Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais ten entre os seus obxectivos o de reforzar a competencia básica do alumnado en seguridade na xestión dos seus perfís nas redes sociais. Busca tamén explicar a identidade dixital e a importancia da pegada dixital, afondar na configuración das opcións de seguridade e privacidade das redes sociais máis actuais entre nenos e nenas. Ofrece, así mesmo, ferramentas e recursos aos que poder acudir as dúbidas sobre o uso seguro da tecnoloxía.

Vai dirixido a alumnado de 2º, 3º e 4º de educación secundaria de centros públicos e concertados. Consiste na realización dun único obradoiro por centro de carácter eminentemente práctico que abordará a xestión segura das redes sociais que máis están a utilizar os escolares. A impartición da dinámica, de hora e media de duración e para un máximo de 30 persoas (da mesma ou de diferentes aulas), correrá a cargo de especialistas da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

En total, executaranse 250 obradoiros que terán lugar desde outubro de 2023 a xuño de 2024 e que se realizarán presencialmente.

Os Centros que desexen solicitar ditos obradoiros, deben enviar ao enderezo electrónico asesoria.participacioneducativa@edu.xunta.gal un correo co seguinte asunto: “Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais”. Para formalizala, achegarase como arquivo adxunto o documento Anexo I desta resolución.

O prazo de presentación de solicitudes será ata o 30 de setembro e cóntase con adxudicacións limitadas, e os centros seleccionaranse segundo a orde de entrada da solicitude, ata un máximo de 250 centros. En caso de quedar prazas sen cubrir, distribuiríanse entre os centros que indicasen o interese de realizar máis dun obradoiro, seguindo o criterio anterior. Para mais información: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/40951

Última modificación: jueves, 19 de octubre de 2023, 08:42