Orientacións Pedagóxicas. Tecnoloxía e Dixitalización.

– Esta materia debe afrontarse desde un carácter esencialmente práctico cun enfoque competencial do currículo. Para iso requírense metodoloxías específicas que o fomenten, como a resolución de problemas baseada no desenvolvemento de proxectos, a construción de sistemas tecnolóxicos e prototipos (eléctricos, mecánicos, robóticos etc.), así como outras estratexias que favorezan o uso de aplicacións dixitais para o deseño, a simulación, o dimensionado, a comunicación ou a difusión de ideas ou solucións, por exemplo.

– A aplicación de distintas técnicas de traballo (que se complementen entre si) e a diversidade de situacións de aprendizaxe que interveñen na materia deben promover a participación do alumnado, favorecendo unha visión integral da disciplina que resalte o traballo colectivo como forma de afrontar os desafíos e os retos tecnolóxicos que propón a nosa sociedade para reducir as fendas dixital e de xénero, prestando especial atención á desaparición de estereotipos que dificultan a adquisición de competencias en condicións de igualdade.

– Deberase propiciar unha contorna axeitada para que o alumnado teña a oportunidade de levar a cabo certas tarefas mentres explora, descobre, experimenta, aplica e reflexiona sobre o que fai, o que favorecerá a súa implicación no proceso de aprendizaxe e fará que este sexa máis significativo e duradeiro. Esa contorna será unha aula-taller na que se poidan desenvolver tanto técnicas de traballo manual coma técnicas de fabricación dixital.

– O uso do «Proxecto tecnolóxico», que constitúe o eixe vertebrador ao longo de toda a materia, permite a identificación e a formulación dun problema tecnolóxico ata a súa solución a través dun proceso planificado que optimice recursos.

– A aplicación dun carácter esencialmente práctico da materia empregando metodoloxías específicas, como a resolución de problemas a través do desenvolvemento de proxectos, poñendo en práctica sistemas tecnolóxicos (estruturais, mecánicos, eléctricos, robóticos etc.) que estimulen a aprendizaxe do alumnado.

– A construción de prototipos e doutras estratexias que favorezan o uso de aplicacións dixitais para o deseño, a simulación, o dimensionado, a difusión de ideas e a presentación de solucións.

– O emprego de «Documentación e comunicación dixital», de forma transversal en toda a materia, que implique un desenvolvemento de habilidades dixitais que facilite a interacción do alumnado co seu ámbito social ao longo da súa vida.

– O uso de distintos métodos que teñan en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe e a diversidade do alumnado, que favorezan a capacidade de aprender por si mesmos e que promovan o traballo en equipo, guiando o alumnado desde proxectos sinxelos ata proxectos máis complexos que permitan o seu logro e satisfacción por parte do devandito alumnado poñendo en práctica, se fose necesario, mecanismos de reforzo tan pronto como se detecten dificultades.

– A realización de proxectos significativos para o alumnado e a resolución colaborativa de problemas, reforzando a autoestima, a autonomía, a reflexión, a responsabilidade; promovendo a participación de alumnos e alumnas cunha visión integral da disciplina e reducindo a fenda dixital e de xénero en condicións de igualdade ao longo de toda a etapa.

O uso de estratexias para traballar transversalmente a comprensión lectora; a expresión oral e escrita; a comunicación audiovisual; a competencia dixital e o fomento da creatividade, do espírito científico, do emprendemento e da conciencia para alcanzar os obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS).

– A aplicación de metodoloxías de traballo creativo, a través de coñecementos científicos e técnicos, para desenvolver ideas e solucións innovadoras e sostibles que dean resposta ás necesidades ou problemas expostos, achegando melloras significativas cunha actitude creativa e emprendedora.

– O uso responsable e ético das tecnoloxías dixitais para aprender ao longo da vida e reflexionar de forma crítica sobre a sociedade dixital para afrontar situacións e problemas actuais, atendendo á diversidade e sen prexuízos de diferentes razas, linguas, sexos, ideas políticas, relixións, etc.

– A creación de obxectos tendo en conta o deseño, a elección de materiais e a súa fabricación dentro dunha contorna sostible e respectuosa co medio ambiente e coas normas de seguridade e hixiene.