Velaquí vos deixo mostras dos traballos feitos por alumnos de 3º no curso 2011/2012.

1. Fragmento do traballo feito por Inés Crujeiras acerca do poema "Negra sombra".

Este poema , quizais un dos máis coñecidos de Rosalía , apareceu publicado no seu libro ``Follas Novas´´ cinco anos antes da súa morte , no ano 1880 .

Para min , esta poesía é unha reflexión íntima e profunda sobre as luces e as sombras do seu pasado . Chegado case o remate da súa vida , o pasado sempre está presente , esta presenza faise de dúas formas distintas . Unha , na súa natureza íntima, na súa alma , na súa cama ... E outra nos elementos da propia natureza , o sol , o vento , as estrelas ...
A presenza do pasado lévaa a pensar no porqué dunha serie de vivencias que , ás veces, chegan a atormentala , como : ``i es o vento que zoa ´´ e que ela , resignada , pensa que nunca a van abandonar.
Nese ``asombrarse´´ polo seu pasado , ela sabe que moitas veces as respostas foron alleas a ela , como , por exemplo, o feito de que a súa nai a abandonara e a morte de varios dos seus fillos .Outras veces dinos que non todo foron momentos de tristura senón que , tamén houbo momentos de felicidade que veñen especificados con termos como ``luz´´, ``sol´´ , ``estrelas ´´ ...
Outros termos indican ledicia como ``cantas´´ e outros indican paz como , `` o marmurio do río ´´ .
Como conclusión creo que está poesía é fermosísima e que nos leva a reflexionar sobre o feito de que , aínda que queiramos escapar do noso pasado , este sempre volve .
O pasado é a nosa herdanza , pero ante ela , debemos tomar unha actitude crítica , unha actitude de ``asombro´´ .

Grazas,Inés; moi boa reflexión.


2. Traballo feito por Sandra Barreiro acerca do poema "Castellanos de Castilla".


traballo
Grazas, Sandra, por este precioso caligrama!


3. Fragmento do traballo feito por Ana Bartolomé acerca de "Castellanos de Castilla"

Por que elixín este poema de Rosalía de Castro?

Elixín este poema de Rosalía de Castro porque xa ao ler o primeiro verso, “Cando penso que te fuches”, chama o meu interese para seguir lendo e saber quen se foi. Cando remato de ler non sei ben que é esa negra sombra e, aínda que me fai sentir algo triste, preciso volver a ler o poema para afondar un pouco máis nel.


Cal é o significado do poema “Negra Sombra”?

Este precioso poema de Rosalía fala sobre unha sombra que sempre a persegue, sempre está ahí. Esta sombra recórdalle cousas boas e cousas malas, “es ti que cantas, ... es ti que choras”. É unha poesía con carácter meláncolico e triste. A sombra á que se refire pode ser unha pena, un recordo, unha dor, unha falta de algo ou alguén que estivo e xa non está e lle causa pena, angustía, melancolía , que lle invade a memoria, nunca a vai abandonar, sempre vai convivir con ela e nunca lle vai causar sosego, pensa e logo recorda. Parece un recordo que fai que a súa alma sempre estea escura, desterrada pola perda, sombra que a atormenta.

Que pode ser a “Negra sombra”?

Ao comezo da poesía “Cando penso que te fuches” Rosalía parece que se refire a alguén que marchou, que estivo e xa non está, por iso penso que se pode estar referindo ao fillo que morreu cando era aínda un bebé e marcouna para toda a súa vida.Ademais disto é necesario dicir que Rosalía foi unha muller que tivo unha vida moi dura, pais descoñecidos, morréronlle os fillos, parece que se sentía soa, viviu nunha época dura para as mulleres, tivo unha saúde débil e sufriu varias enfermidades, etc. Todas estas vivencias, experiencias e “desterros” transmitiunos nos seus versos, sobre todo en “Follas Novas” que foi dos seus últimos traballos. Estes versos están cargados dunha vida chea de melancolía, soidade, desacougo, dun espírito fatigado e con pouca saúde e sempre en disposición a sentir como propias as penas alleas, ...


Grazas, Ana; moi ben traballado.



4. Traballo feito por Sonia Seijo acerca do poema "Negra sombra".

portada
3d

Grazas, Sonia, un despregable impresionante!








Última modificación: xoves, 7 de xullo de 2016, 12:24 PM