El Bloque 2 del currículo oficial de Tecnologías de la Información y la Comunicación de 2º de bachillerato en Galicia, Publicación y difusión de contenidos, comprende:

Contidos.

  • B2.1. Linguaxes de marcaxe para a creación de documentos web.

  • B2.2. Accesibilidade e usabilidade en internet. 

  • B2.3. Ferramentas de xestión de contidos da web 2.0.

  • B2.4. Características da web 2.0.

Criterios de avaliación.

  • B2.1. Utilizar e describir as características das ferramentas relacionadas coa web social, identificando as funcións e as posibilidades que ofrecen as plataformas de traballo colaborativo.

  • B2.2. Elaborar e publicar contidos na web que integren información textual, gráfica e multimedia, tendo en conta a quen van dirixidos e os obxectivos.

  • B2.3. Analizar e utilizar as posibilidades que nos ofrecen as tecnoloxías baseadas na web 2.0 e sucesivos desenvolvementos, aplicándoas ao desenvolvemento de traballos colaborativos.

Estándares de aprendizaxe.

  • TIC2B2.1.1. Deseña páxinas web e blogs con ferramentas específicas analizando as características fundamentais relacionadas coa súa accesibilidade e a súa usabilidade, tendo en conta a función á que está destinada.

  • TIC2B2.2.1. Elabora traballos utilizando as posibilidades de colaboración que permiten as tecnoloxías baseadas na web 2.0.

  • TIC2B2.3.1. Explica as características relevantes da web 2.0 e os principios en que esta se basea.

Última modificación: jueves, 21 de septiembre de 2017, 19:14