O deseño dunha Secuencia ou Programación Didáctica é o resultado dunha investigación e reflexión educativa baseada na observación das experiencias académicas dos cursos precedentes. É, polo tanto, un proceso en continuo cambio ou maduración, de ahí o importante da vosa participación na avaliación do proceso de ensino-aprendizaxe que procuramos compartir con vós.

De cando en vez, convén recoller o xeito en que outras persoas sintetizan as estratexias pedagóxicas que orientan este proceso de deseño. Observade e analizade se a seguinte imaxe responde ou non á vosa realidade.

Como aprendemos según Marta Torán.
"eLearning hoy. Mucho más que estudiar", artigo de Marta Torán publicado no seu blogue "Reflexiones sobre Aprendizaje"

Aínda que, por datas, non é unha fonte desta Programación, sí reconforta comprobar que a metodoloxía proposta neste curso virtual segue -ou polo menos o intenta- estas orientacións pedagóxicas.

Claro que se vós non estades dacordo en que a aprendizaxe facédela tal e como se reflicte nela, pois imos mal. E se comezamos xa equivocándonos? Pois así tamén se aprende, a base de erros, pero erros que se comproban, que se analizan e que preceden a propostas de cambio ou solución. O erro non é bon de por sí, é interesante polo que debe vir a continuación.



Última modificación: jueves, 7 de julio de 2016, 12:24