Inspirado na IV Edición dos Premios Nacionais de curtametraxes de Educación Viaria 2106 impulsados por RACE o departamento de Tecnoloxía propón un concurso-actividade das mesmas características. O seu sería participar nos citados premios pero é un concurso destinado ós centros de primaria.

Ainda que as bases de participación van estar adaptadas ás nosas circunstancias o que sí vos pode resultar moi interesante á hora de preparar/realizar a vosa curta sería o material didáctico que propón a páxina web do concurso así como as curtas gañadoras nas últimas edicións.

Bases de Participación:
  • O concurso vai dirixido a todo o alumnado de 3º ESO do IESEBA que cursa Tecnoloxía.
  • A curtametraxe será realizada polos equipos (5-6 alumnos) conformados dende o comezo de curso.
  • Como actividade colaborativa de curso a curta será cualificada.
  • Como concurso a curta gañadora será merecedora dun premio por determinar para os seus autores ademais da súa difusión.
  • A curta terá unha duración de entre 60 segundos e 2 minutos. Os formatos admitidos serán MP4, MPG, AVI ou 3GP, cun peso non maior a 150 Mb e que deben estar aloxados nas canles de YouTube dos seus autores.
  • Só participarán no concurso aquelas curtas que estean licenciadas como Creative Commons na canle de YouTube e así indicado no créditos da mesma.
  • Se na curta aparecedes vós ou compareiros vosos como actores debedes acompañar o vídeo coas autorizacións sobre cesión de dereitos de imaxe que teredes á vosa disposición.
  • O emprego dunha banda sonora con dereitos de autor non axeitados implica a descalificación automática do concurso e tamén será tido en conta á hora da súa cualificación académica.

Respecto da curtametraxe:
  • Valorarase a súa realización con móbil.
  • No comezo do vídeo figurará o seu título.
  • Nos créditos finais incluirase:
    • Autores.
    • I Concurso TECnoEBA de curtametraxes sobre Educación Viaria
    • Patrocinado pola Concellaría de Educación do Concello de Culleredo (queda pendente para o curso 2016-17).
    • Características do medio de filmación (móbil ou cámara, marca, resolución)
    • Banda sonora (propia ou allea -neste caso con título, autor, url da fonte e licencia-)
    • Licencia Creative Commons Recoñecemento.
  • Representaranse situacións cas que vos podedes atopar tanto de camiño ó instituto (peatón, ciclista, pasaxeiro do transporte público ou privado) como no tempo de lecer, transmitindo unha clara mensaxe de COMPORTAMENTO VIARIO CÍVICO E SEGURO. 
  • Suxírese ter en consideración a temática do emprego do móbil nos tránsitos mencionados no punto anterior así como na relativa á visibilidade como peón ou ciclista.


Última modificación: xoves, 7 de xullo de 2016, 12:24 PM