É ben certo que "só sei que non sei nada" e que de todos se aprende.
 
Aconteceu no curso 2013-14 cando sen pretendelo vinme titorizando a unha alumna que estaba a realizar o seu Mestrado de Educación, un Máster dun ano de duración con clases teóricas na universidade e prácticas nun centro educativo necesario para poder presentarse ás oposicións docentes.

Con Natalia descubrín Arduino e cómo a programación non era un mundo friki e inaccesible aínda que realmente non me convencín ata que o levamos á práctica con varios cursos de Tecnoloxía, sorprendeunos, gostáballes, facíano máis rápido ca nós, ata tivemos que ampliar as sesións previstas!

Non me lío máis, déixovos un pequeno vídeo (1:48) da súa maqueta e que vos servirá para facervos unha idea do PROXECTO FINAL que vos plantexo neste curso.


Agora xa podemos definir o "PROBLEMA" que tedes que solucionar:

Unha promotora precisa un proxecto urbanístico e un sistema automático que regule o aceso restrinxido a un aparcadoiro dende a vía pública xusto na confluencia de dúas rúas de sentido único. O deseño do sistema circulatorio permitirá o acceso dende as dúas vías e o tránsito seguro dos peóns polas beirarrúas.

A promotora valorará a proposta dun sistema de aceso e saída dos vehículos, de control das prazas dispoñibles, a existencia dun sistema de alumeado público auto-regulado en función da luminosidade existente que modifique a secuencia semafórica polas noites, ou calquera outra innovación do deseñador.

Última modificación: jueves, 7 de julio de 2016, 12:24