Folla de ruta para o inicio do curso.

Folla de rutaNeste tema confluirán tanto as Redes Sociais do curso como os recursos que poden ser necesarios en calquera dos temas seguintes. Tamén complementa ao Tema 1 cos Foros xerais: Taboleiro de novas e anuncios (ao que estades todos suscritos), o FAQ de preguntas frecuentes e o Foro de dúbidas para todo o curso (antes de preguntar calquera cousa consúltao porque se está aquí resolto D. Alzheimer pasea pola clase).


ObxectivosNestas primeiras semanas do curso empregaremos este Tema especialmente para:

      • Coñecer o funcionamento e contido dos Foros.
      • Coñecer as RRSS do curso. As canles de comunicación, debate e difusión do traballo realizado.
      • Coñecer o Glosario de termos TIC que iredes creando.
      • Coñecer a Zona de Descargas onde reuniremos os documentos descargables aloxados no Curso Virtual.
      • Coñecer as limitacións que impoñen os Dereitos de Autor.
      • Comprender e comprometerse co emprego das Licenzas Creative Commons nas producións propias.

Icona, cuestionario

Este cuestionario ten por misión coñecer o teu nivel de coñecemento sobre o uso das Licencias Creative Commons.


Icona, contidos de informaciónEstos paquetes de contidos reúnen:


Icona, ferramentasAs ferramentas a empregar neste tema serán:

        • Comunidades de Google+.
        • Twitter.
        • Pinterest.
        • Feedly.
        • Foros de Moodle.
        • Cuestionario de Moodle.
        • Comentarios no Glosario de termos TIC.

Icona, tarefasTarefas deste tema:

      • Aceptar a invitación da Comunidade Pública de G+ e presentar no teu primeiro post o teu blogue.
      • Aceptar a invitación da Comunidade Privada de G+ e presentarte no teu primeiro post.
      • Respostar ao cuestionario sobre Dereitos de Autor e Licenzas Creative Commons.
      • Participar no Foro de reflexión e debate: Dereitos de Autor.
      • Consultar o hashtag do curso en Twitter así como o taboleiro colaborativo en Pinterest.
      • Rexistrarse en Feedly.
Última modificación: xoves, 7 de xullo de 2016, 12:24 PM