Folla de ruta Módulo 1.
Folla de ruta para o Módulo 1. Maqueta.
Neste tema reflexionarás sobre a condución responsable e as normas de circulación.
Representarás obxectos tridimensionais seguindo normas e convencións encamiñadas ao deseño da túa maqueta.
Comezarás a traballar cooperativamente coa túa parella (diferencia entre traballo cooperativo e colaborativo).
Este tema adicarémolo a
- Reflexionar sobre condución responsable.
- Manexar o almacenamento na nube de Drive e os documentos colaborativos.
- Manexar a plataforma educativa Moodle.
- Investigar sobre un tema.
- Seleccionar momentos históricos relevantes.
- Coñecer e empregar recursos de imaxe respectando as súas licencias de propiedade intelectual.
- Recopilar e referenciar recursos web (webgrafía).
- Crear unha liña de tempo.
- Participar e implicarse na sociedade tomando partido e unha actitude activa.
- Manexar as emocións como un recurso máis na procura dun obxectivo.
- Planificar a construción dunha maqueta.
- Construir unha maqueta.
- Representar obxectos tridimensionais.
- Expoñer en público o traballo realizado.
Este cuestionario ten por misión:
- Aportar información ós profesores sobre a situación da educación vial na adolescencia.
- Facervos reflexionar e prepararvos para unha participación activa, responsable e igualitaria na sociedade.
Estos paquetes de contidos reúnen:
O curso, documentación, foros, cualificacións... e o proxecto final con información sobre o curso e o funcionamento da aula virtual.Netiqueta nos cursos virtuais, información básica e breve sobre Netiqueta. Consúltao e aplícao cando participes nos foros, mensaxería... do curso.
As ferramentas a empregar neste tema serán:
- Cámara de fotos do móbil.
- Correo electrónico Gmail.
- Búsqueda de información en internet.
- Aplicacións de xeración de liñas de tempo.
- Procesador de textos de Drive. Complementos.
- Software de representación de obxectos 3D.
- Proxector para a exposición pública.
- Ferramentas e materiais de medición e construción.
Tarefas para este tema:
- Respostar ao Cuestionario.
- Enviar un correo electrónico con dúas imaxes adxuntas.
- Realizar o croquis dun local, reflectir nel as medicións realizadas e debuxar o plano a escala do mesmo.
- Representar obxectos tridimensionais en papel e dixital.
- Crear un relato dixital que inclúa imaxes CC, hiperenlaces e referencias webgráficas.
- Crear unha liña de tempo resultado dun proceso de investigación e exposición pública.
- Construir unha maqueta.
- Refexionar críticamente e debatir con netiqueta nos Foros.
Última modificación: jueves, 7 de julio de 2016, 12:24