Folla de ruta. Cuña radiofónica.
Folla de ruta para "Implicándome".
Neste tema reflexionarás sobre a igualdade sexual e a violencia de xénero.
Colaborarás nunha campaña de concienciación contra a violencia de xénero auspiciada polo Concello de Culleredo a través dun concurso de cuñas radiofónicas e curtametraxes.
Comezarás a traballar cooperativamente coa túa parella (diferencia entre traballo cooperativo e colaborativo).
Este tema adicarémolo a
- Reflexionar sobre a igualdade de xénero e a violencia doméstica. O machismo e as relacións de parexa.
- Manexar un editor de son: Audacity.
- Manexar un editor de vídeo: MovieMaker, YouTube, WeVideo, etc.
- Informarse sobre a actualidade.
- Coñecer e empregar recursos de son e imaxe respectando as súas licencias de propiedade intelectual.
- Crear un podcast e unha curta e aloxalos na nube.
- Participar e implicarse na sociedade tomando partido e unha actitude activa.
- Manexar as emocións como un recurso máis na procura dun obxectivo.
Este cuestionario ten por misión:
- aportar información aos profesores sobre a situación da igualdade de xénero na adolescencia.
- facervos reflexionar e prepararvos para unha participación activa, responsable e igualitaria na sociedade
Estos paquetes de contidos reúnen:
O curso, documentación, foros, cualificacións... e o proxecto final con información sobre o curso e o funcionamento da aula virtual.Netiqueta nos cursos virtuais, información básica e breve sobre Netiqueta. Consúltao e aplícao cando participes nos foros, mensaxería... do curso.
As ferramentas a empregar neste tema serán:
- Edición de son con Audacity.
- Edición de vídeo offline con MovieMaker e/ou online con YouTube, WeVideo, etc.
- Bancos de sons Creative Commons.
- Bancos de imaxes Creative Commons.
- Búsca de información en internet.
- Aloxamento de podcast e vídeos na nube.
- Reprodutores de son e vídeo embebibles.
Tarefas para este tema:
- Respostar ó Foro de Reflexión e Debate.
- Crear un podcast, aloxalo na nube e enlazado a un repositorio colaborativo.
- Crear un lema en formato tuit, un podcast e unha curtametraxe de xeito colaborativo sobre o tema.
- Realizar unha entrada no teu blog portafolio embebendo os traballos realizados e comentar a tarefa incluindo unha valoración persoal.
- Asistir ao acto de entrega de premios e participar activamente na imaxe do centro cara aos visitantes da comunidade educativa.
Última modificación: xoves, 7 de xullo de 2016, 12:24 PM