Folla de ruta. Orientación académica e profesional
Folla de ruta para "Eu de maior quero ser...".
Neste tema reflexionarás sobre o teu futuro académico e profesional.
Explorarás as túas fortalezas e debilidades encamiñadas á elección dun itinerario académico que deberás compartir co resto do grupo expoñendo a presentación realizada.
Este tema adicarémolo a
- Coñecer as nosas fortalezas e debilidades. Aqueles aspectos que mellor nos definen e que poden facernos destacar nunha profesión.
- Coñecer o sistema educativo.
- Selecionar as fontes de información académica axeitadas.
- Coñecer a programación, o lugar de estudo e as saídas do campo formativo escollido.
- Crear un itinerario académico e profesional.
- Autoafianzarse na estima propia vencendo o pánico escénico dunha exposición pública.
- Coñecer as pautas a seguir nunha exposición.
Este cuestionario ten por misión:
- aportar información aos profesores sobre a orientación previa.
- facervos reflexionar e prepararvos para a decisión que teredes que tomar ao rematar este curso.
Estos paquetes de contidos reúnen:
O curso, documentación, foros, cualificacións... e o proxecto final con información sobre o curso e o funcionamento da aula virtual.Netiqueta nos cursos virtuais, información básica e breve sobre Netiqueta. Consúltao e aplícao cando participes nos foros, mensaxería... do curso.
As ferramentas a empregar neste tema serán:
- Presentación en Drive.
- Cuestionarios de orientación.
- Búsqueda de información en internet.
Tarefas para este tema:
- Respostar ao Cuestionario.
- Crear unha presentación en Drive que inclúa imaxes, vídeos, texto e enlaces.
- Expoñer a túa presentación.
- Comentar as exposicións dos teus compañeiros atendendo especialmente á linguaxe corporal.
- Realizar unha entrada no teu blog portafolio embebendo a presentación realizada comentando a tarefa e as sensacións vividas na túa exposición.
Last modified: Thursday, 7 July 2016, 12:24 PM