Traballo en equipo
Chegou o momento de establecer os 5 equipos de 5-6 compoñentes pero antes un vídeo motivador para interiorizar a importancia do traballo en equipo:
Trabajo en equipo y motivación (0:41)
Supoño que nalgún momento fixestes algún traballo en grupo e de seguro que o seguinte vídeo faravos lembrar situacións xa vividas, vexámolo e falemos de como crear un bo clima de traballo cooperativo.
La carreta, trabajo en equipo. (3:16)
Falemos agora das condicións que debe cumprir un equipo para un traballo efectivo. Déixovos de seguido algunhas reflexións que completarei logo das vosas suxerencias:
- O traballo en grupo non é doado, haberá problemas como na vida mesma, teredes que aprender a xestionar conflictos. (Calar non é a solución, o asunto pode ser saber como decilo).
- Non somos todos iguais, cada quen destaca nalgunha cousa (algún día falaremos das Intelixencias Múltiples), detectémolo e aproveitémolo, se escollemos a persoa axeitada a cada rol todo irá mellor. Coñezámonos un pouco máis e falemos das características que debe ter cada rol. (Podemos agruparnos por roles e logo facemos os equipos).
- Os grupos teñen que ser o máis heteroxéneos posibles para que a aprendizaxe sexa realmente enriquecedora.
Última modificación: jueves, 7 de julio de 2016, 12:24