Fátima de Madrid

Fátima de Madrid foi unha astrónoma musulmana que naceu a mediados do século X e morreu ao redor do ano 1008. Foi filla do tamén astrónomo Maslama al-Mayriti, este nome significa "Home de Madrid". Seus coñecementos foron moi recoñecidos e a súa fama estendeuse rápidamente. Naceu en Madrid pero pasou a maior parte da súa vida vivindo no califato de Córdoba nos séulos X e XI q foi considera maior época de esplendor político, económico, cultural e artístico; nesta época Cordoba era considerada o centro de saber do mundo. Traballou en cooperación co seu pai escribindo numerosos traballos coñecidos como "Correccións de Fátima" e en moitos mais estudos astronómicos e matemáticos.

En relación con cal foi a súa apotación científica, traballou coo seu pai editando e correxindo as táboas astronómicas de Al-Khwarizmi, axustándoas ao meridiano de Córdoba e situando o  centro do mundo na capital do califato, como referente para todos os cálculos. Tamén traballaron sobre calendarios, o cálculo das posiciones verdadeiras do sol, a lúa e os planetas, táboas de senos e tanxentes, astronomía esférica, táboas astrolóxicas, cálculos de paralaxe, eclipses e a vivibilidade da lúa.Ademais de traballar co seu pai Fátima escribiu numerosos traballos de astronomía coñecidos como "as correccións de Fátima". Unha obra de Fátima titulada "tratado do astrolabio" conservase na biblioteca do Monasterio do Escorial

Para obter mais información clica aquí

 

» Glosario. Mulleres STEM. 100 ptos. 190119