Franklin, Rosalind

Rosalind Elsie Franklin naceu en Notting Hill (Londres), o 25 de xullo de 1920,
 
Foi unha bioquímica e cristalógrafa moi importante, xa que foi unha das pioneira nos temas do ADN, do ARN, dos virus, do carbón e do grafito. Os seus estudos foron bastante recoñecidos mentres ela vivía, mais as súas descobertas sobre o ADN só o foron cando morreu, e polo tanto, quen levou a maior parte das honras foron: James Dewey Watson, Francis Crick e Maurice Wilkins, ainda que o seu traballo tivo maior impacto para a ciencia. 
 
Rosalind sempre foi unha nena brillante, desde pequena tivo moi boas notas, tanto nos deportes coma nas outras materias, ata que con 18 anos de idade entrou na universidade. Ainda por riba conseguiu unha beca de 30 libras ó ano por 3 anos. Despois foi estudar Ciencias Naturais na escola Newnham College, en Cambridge, onde acabou graduándose en 1941. Depois conseguiu outra beca para ir estudar no laboratorio de físico-química, na universidade de Cambridge, baixo a supervisión de Ronald George Wreyford Norrish, quen decepcionou a Franklin pola sua falta de entusiasmo. Grazas á Asociación Británica para a Investigación do Uso do Carbón, puido seguir os seus estudos investigando o carbón. 
 
A partir de aí comezóu a usar os raios X por difracción e polo tanto conseguiu facer moitos máis estudos polo ADN.
 
A maior parte das contribución que Rosalind lle proporcionou a ciencia foron no ámbito do ADN. O primeiro recoñecemento que lle otorgoa á ciencia foi o relativo á investigación que explica dúas formas de moléculas  e plantexamento do fosfato que se ubica na parte exterior da molécula. 
 
Depois outro dos seus descobrimentos, quizáis o mais importante, foi o da fotografía 51, a cal foi tomada por Franklin e pola difración dos raios X e que foi a proba de cal era a estrutura dos raios X.
 
Grazas a estes descubrimientos (e a motivos outros) foi nomeada para o Premio Nobel xa morta, debido a que solo foi cuando estaba marta que se lle recoñeceu o mérito.
 
Rosalind Franklin faleceu en Londres, Reino Unido, a 16 de abril do 1958, e polo tanto viviu só 37 anos, a causa dun cancro de ovario.
 
Información atopada na Wikipedia

» Glosario. Mulleres STEM. 100 ptos. 190119