Lamarr, Hedy

Hedy Lamarr naceu en Viena o 9 de novembro de 1914 como Hedwig Eva Maria Kiesler. Era filla única dun banqueiro de Lemberg e dunha pianista de Budapest que, aínda que de orixe xudía, foran criados no catolicismo.

Quería ser unha actriz, a primeira película na que apareceu foi moi criticada socialmente, chamábase "Éxtasis".

Ela tivo que escapar aos Estados Unidos, pola culpa do seu marido. Alí continuou coa súa carreira como actriz, pero quería ser enxeñeira. Máis tarde conseguiuno.

 

Ela inventou o Wi-fi. Un día Lamarr coñeceu ao compositor e pianista George Antheil, pioneiro da música mecanizada e a sincronización automática de instrumentos. Xuntos pensaron en aplicar o principio da pianola aos torpedos dirixidos por radio; é dicir, usar rolos de papel perforado para que a frecuencia da comunicación saltase entre 88 valores diferentes (o número de teclas do piano) segundo unha secuencia que só os que posuían unha chave puidesen coñecer. Isto impediría que o sistema fose interceptado. A patente foi publicada o 11 de agosto de 1942, co título: "Sistema de comunicación secreda", agora chamado Wireless ou Wi-fi.

Enlaces:

https://losmundosdebrana.com/2015/03/04/hedy-lamarr-la-inventora/

 https://www.bbvaopenmind.com/hedy-lamarr-la-actriz-que-invento-el-wireless/

» Glosario. Mulleres STEM. 100 ptos. 190119