Deseño Asistido por Ordenador (CAD). Freecad. 200-800 ptos. Individual ou por parellas.
Freecad.
Ideas para a preparación da tarefa.
Se xa tes claro que vas facer unha enxeñaría podes adicar o que queda de curso a traballar cun programa de CAD libre, o Freecad, non é o AutoCAD pero adquirirás unha competencia espacial e de traballo con ferramentas de deseño asistido por ordenador que agradecerás no futuro. Por certo, se estás pensando en animación 3D tamén será un tempo ben invertido.
Segue este curso de Freecad (tamén hay unha segunda tempada por se che gosta tanto que no verán queres continuar). Son unha rea de prácticas para as que teremos que cuantificar a puntuación. A idea inicial é que o curso proposto supoña os 800 puntos da terceira avaliación.
Para os que queiran facer todo o curso ou todo o trimestre pensade que unha posibilidade é: 8 tarefas-entradas no blogue para 24 actividades do titorial de obijuan, teríamos que cada entrada incluiría 3 actividades do titorial (cos oportunos comentarios).