Liña de tempo. 100-400 ptos. Individual ou por parellas.
Liña de tempo.
Ideas para a realización desta tarefa.
Actividade por parellas de investigación sobre unha temática e sobre as distintas ferramentas de formalización.
A idea é a de escoller unha temática, estudala en profundidade e sintetizala para recollela nunha liña de tempo. Pero tamén teredes que comunicar a vosa investigación en, cando menos, tres ferramentas de elaboración de liñas de tempo:
- Dipity
- TimeRime
- TimeToast
- Line.do
- Genial.ly
- MyHistro
Comentario e exemplos dalgunhas neste artigo de Aula Planeta.
A temática hai que negociala co profesor.
Puntuación máxima 400 puntos: investigación e 4 liñas de tempo (nas catro entradas de blogue e correspondentes entregas valorarase especialmente a explicación de uso da ferramenta escollida).
Puntuación mínima 100 puntos: investigación e 1 liña de tempo.