A LITERATURA GALEGA DENDE AS ORIXES ATA O SÉCULO XIX

 DA LITERATURA MEDIEVAL Ó REXURDIMENTO

1. A LITERATURA MEDIEVAL

1.2. A poesía medieval


No contido, a cantiga de amor ten orixe.................................; é a imitación da canço, unha composición dos trobadores provenzais. Na forma, podía ser de......................., en tal caso estaría influída pola cantiga de amigo e tería orixe................................. ou de meestria, a máis valorada e tamén de orixe provenzal. Neste caso, as estrofas son de seis ou sete versos, e os seus recursos propios son: dobre, mordobre, fiinda e ata-fiinda. A cantiga de amor trata ........................................................................ Esta é apalabra distintiva deste tipo de cantiga. O falante desta cantiga é un nobre que se comporta, diante da muller amada, coma un..................................., reflitindo o ....................................... da sociedade. Os oíntes poden ser ......................................., que actúan de confidentes, ........................................, que actúan de responsables ou a propia................................... Esta, a protagonista é unha muller......................., ................................ e................................ O tema xeral é..........................., que sempre é espiritual. Os temas concretos son ........................ ou o sufrimento por ser un amor imposible, ................................................... e outros efectos dese sufrimento, ........................ como única saída, ................................, que é perfecta física e moralmente, ..........................................., pois ela é unha muller casada... Ó conxunto destes temas propios da cantiga de amor compoñen a teoría do amor cortés.

Coñecemos co nome de poesía galega medieval ou poesía galego-portuguesa medieval, a poesía composta durante a Idade Media no idioma de Galicia, no centro e no occidente peninsular, resultado da fusión dunha tradición autóctona con elementos importados da tradición provenzal:

E despois acharon esta arte maior que se chama a arte comun, penso, nos reinos de Galicia e Portugal, onde non é de dubidar que o exercicio destas ciencias é habitual más que en ningunhas outras rexións ou provincias de España, en tal grao que non hai moito calquera “dezidor” e trobador destas partes, tanto fose castelán, andaluz ou de Estremadura, tódalas súas obras compuña en lingua galega ou portuguesa. E aínda destes é certo que recibímo-los nomes da arte, así como meestría, maior e menor, encadeados, leixa-prem e mordobre.


Tradución dun fragmento da Carta-Prohemio al marqués de Portugal,
escrita polo Marqués de Santillana, Don Iñigo López de Mendoza (S. xv)

Os poemas desta época reciben o nome de CANTIGAS posto que foron compostos para ser cantados nos pazos, dado que pouca xente sabía ler e, ademais, a elaboración dos libros era moi custosa:

As mostras máis antigas que se conservan son do século XII e chegaron ata nós recollidas en libros que se coñecen co nome de cancioneiros. Neles aparecen os textos das cantigas e a súas notacións musicais:
- ...Un cantar está para ser cantado. Si lo escribes, la gente que lo lea en el futuro no conocerá la música, los gestos, la actuación... Un cantar no es sólo la letra. Poner por escrito algo que circula por el aire es como encerrar un pájaro silvestre en una jaula.
Laura Gallego, Finis Mundi

Na composición e representación das cantigas, interviña moita xente: o TROBADOR ou poeta, o XOGRAR ou recitador, o MENESTREL ou músico, a SOLDADEIRA ou bailarina e, por último, o MECENAS, que era o que, cos seus cartos, patrocinaba todas estas actividades (o rei Alfonso X de Castela e o rei Don Denís de Portugal foron os máis importantes).

As cantigas pertencen á POESÍA LÍRICA ou de sentimentos:

A lírica é un xénero literario no que predomina a expresión do sentimento subxectivo do poeta. A palabra que designa este xénero deriva da voz “lira” por ser este o instrumento máis habitual de que se acompañaban os poetas na Antigüidade. A poesía naceu, pois, para ser cantada e non para ser lida, tal como hoxe a concibimos. Os poetas, ademais, escenificaban as súas obras. Os textos da nosa lírica medieval que ata nós chegaron foron concibidos sobre unha triple base: o texto literario (que é o que nós analizamos), o texto musical (eran cantados) e a xestualización dramática (eran escenificados).

Literatura galega, 3º BUP. Ed. Anaya


Segundo o tema tratado, podían se RELIXIOSAS ou PROFANAS. As profanas divídense en xéneros menores, os menos cultivados, e maiores, os máis cultivados.
  • Dentro dos xéneros menores, podemos destacar a tenzon, que é unha cantiga na que dous trobadores discuten acerca do mesmo tema, a pastorela, que relata o encontro dun cabaleiro cunha pastor, e o pranto, un lamento poético pola morte dun rei...
  • Os xéneros maires son a cantiga de amigo, a cantiga de amor e a cantiga de escarnio e maldicir.


A CANTIGA DE AMIGO

Sedia-m'eu na ermida de San Simion,
e cercaron-mi as ondas, que grandes son.
...Eu atendend'o meu amigo!
...Eu atendend'o meu amigo!
Estando na ermida ant'o altar,
cercaron-mi as ondas grandes do mar.
...Eu atendend'o meu amigo!
...Eu atendend'o meu amigo!
E cercaron-mi as ondas, que grandes son;
non ei i barqueiro nen remador.
...Eu atendend'o meu amigo!
...Eu atendend'o meu amigo!
E cercaron-mi as ondas do alto mar;
non ei i barqueiro, nen sei remar.
...Eu atendend'o meu amigo!

...Eu atendend'o meu amigo!
Non ei i barqueiro nen remador:
morrerei, fremosa, no mar maior.
...Eu atendend'o meu amigo!
...Eu atendend'o meu amigo!
Non ei i barqueiro, nen sei remar:
morrerei, fremosa, no alto mar.
...Eu atendend'o meu amigo!
...Eu atendend'o meu amigo!

MEENDINHO

É unha cantiga que, inda que feita por un home, un trobador, a protagonista é unha muller de pobo que dá conta dos seus sentimentos amorosos cara ó seu AMIGO, á nai, ás amigas...

Na cantiga de amigo preténdese plasmar un AMOR REAL; así, a muller amosa a súa preocupación por non poder estar co amigo, ou fala dunha cita, moitas veces empregando símbolos, ou expresa a ledicia por ser amada...

A cantiga de amigo ten orixe autóctona, é dicir, naceu en Galicia, os trobadores inspiráronse en cancións que o pobo cantaba; isto explica, por unha banda, que estea ambientada en paisaxes galegas e, por outra banda, que a forma sexa moi repetitiva para facilitar a súa memorización.


A CANTIGA DE AMOR

A dona que eu am'e tenho por senhor
amostrade-mi-a, Deus, se vos em prazer for,
se nom dade-mi-a morte.

A que tenh'eu por lume d'estes olhos meus
e por que choram sempre, amostrade-mi-a, Deus,
se nom dade-mi-a morte.

Essa que vós fezestes melhor parecer
de quantas sei, ai Deus!, fazede-mi-a veer,
se nom dade-mi-a morte.

Ai, Deus! qui mi-a fezestes mais ca mim amar,
mostrade-mi-a u possa com ela falar,
se nom dade-mi-a morte.
BERNAL DE BONAVAL
É unha cantiga na que un home de clase alta, o trobador, dá conta dos seus sentimentos amorosos cara á súa SENHOR, unha muller de clase alta.

Na cantiga de amor plásmase un AMOR ESPIRITUAL e imposible; por iso, o tema sempre é a COITA do home, o sufrimento, porque nunca é correspondido pola muller amada porque ela está casada con outro, porque ela pertence a unha nobreza aínda máis elevada...

A cantiga de amor, a diferencia da cantiga de amigo, non ten orixe autóctona, os trobadores peninsulares imitan as cantigas que estaban a facer os trobadores provenzais, do Sur de Francia.


A CANTIGA DE ESCARNIO E MALDICIR


Ai, dona fea! Foste-vos queixar
que vos nunca louv'en meu trobar;

mas ora quero fazer um cantar
en que vos loarei toda via;
e vedes como vos quero loar:
dona fea, velha e sandia!

Ai, dona fea! Se Deus me pardon!
pois avedes [a] tan gran coraçon
que vos eu loe, en esta razon
vos quero já loar toda via;
e vedes qual será a loaçon:
dona fea, velha e sandia!

Dona fea, nunca vos eu loei
en meu trobar, pero muito trobei;
mais ora já un bon cantar farei,
en que vos loarei toda via;
e direi-vos como vos loarei:
dona fea, velha e sandia!
JOHAN GARCIA DE GUILHADE

É unha cantiga na que o trobador critica ou ridiculiza un individuo ( a unha soldadeira, a un crego...) , un feito ( a covardía de certos nobres...), un costume (os matrimonios desiguais) ... da época.

A cantiga satírica galego-portuguesa inspírase, por unha banda, nas cantigas satíricas que estaban a facer os trobadores provenzais e, por outra banda, nas cancións que o pobo xa facía aquí, sobre todo, na época do entroido.

OS XÉNEROS MENORES

As cantigas vistas ata agora (de amigo, de amor e de escarnio) foron as máis cultivadas, por iso se coñecen com xéneros maiores, pero hai máis, menos cultivadas, que se coñecen como xéneros menores; entre estas últimas, podemos destacar:

  • A TENZOM, desputa entre dous trobadores.
  • A PASTORELA, encontro dun cabaleiro cunha pastora.
  • O PRANTO, lamento pola morte dun rei, dun nobre...


AS CANTIGAS RELIXIOSAS, As Cantigas de Santa María

Entre Av’e Eva
gran departiment’ á.
Ca Eva nos tolleu
o Parais’e Deus,
Ave nos i meteu;
pro end’ amigos meus:
Entre Av’e Eva...

Son cantigas feitas en honor á Virxe, por trobadores, entre eles, Alfonso X, que tamén actuou como director e mecenas.

Dependendo do tema, clasifícanse en LÍRICAS, nas que o autor manifesta o seu amor e a súa devoción á virxe, e

, nas que o autor conta, ademais, algún milagre feito pola Virxe.

As Cantigas de Santa María teñen as súas orixes en lendas, en romances, en experiencias dos autores.


ACTIVIDADES
(Aquí vos deixo un enlace onde podedes ler e escoitar outras moitas cantigas)

1. CLASIFICA AS CANTIGAS QUE VEÑEN A CONTINUACIÓN ( SON PROFANAS OU RELIXIOSAS? PERTENCEN ÓS XÉNEROS MENORES OU MAIORES? DE QUE TIPO? DE QUE SUBTIPO?) E ARGUMENTA A SÚA CLASIFICACIÓN.

A. – Rodrigu’ Eanes, quería saber
de vós por que m’ides sempre travar
em meus cantares, ca sei bem trobar;
e a vós nunca vos vimos fazer
cantar d’amor nem d’amigo; e porem,
se querede-lo que eu faço bem
danar, terram-vos por sem-conhocer.

Lourenço, tu fazes i teu prazer
em te quereres tam muito loar,
ca nunca te vimos fazer cantar
que cho queira neno Demo dizer.
Com esso, dizes ar i unha rem:
que es omem mui comprido de sém
e bom meestr’e que sabes leer.

(...)


B. Amor, a ti me venh'ora queixar
de mia senhor, que te faz enviar
cada u dormio sempre m'espertar
e faz-me de gran coita sofredor.
Pois m'ela non quer veer nen falar,
que me queres, Amor?

Este queixume te venh'or dizer:
que me non queiras meu sono tolher
pola fremosa do bon parecer
que de matar home sempr'ha sabor.
Pois m'ela nëún ben quiso fazer,
que me queres, Amor?

Amor, castiga-te desto, por én
que me non tolhas meu sono por quen
me quis matar e me teve en desden
e de mia morte será pecador.
Pois m'ela nunca quiso fazer ben,
que me queres, Amor?

Amor, castiga-te desto, por tal
que me non tolhas meu sono por qual
me non faz ben e sol me faz gran mal
e mi o fará, desto son julgador.
Poi-lo seu ben cedo coita mi val,
que me queres, Amor?

FERNAND' ESQUIO

C. -Digades, filha, minha filha velida:
porque tardastes na fontana fría?

( -Os amores ei.)

-Digades, filha, minha filha louçana:
porque tardaste na fría fontana?

(-Os amores ei.)

-Tardei, mia madre, na fontana fría,
cervos do monte a augua volvían.

(-Os amores ei.)

-Tardei, mia madre, na fría fontana:
cervos do monte volvían a augua.

-(Os amores ei.)

-Mentir, mia filha, mentir por amigo:
Nunca vi cervo que volvess´ o rio.

-Os amores ei.

-Mentir, mina filha, mentir por amado:
Nunca vi cervo que volvess´o alto.

-Os amores ei.
PERO MEOGO

D. Esta é como Santa María livrou a abadessa prenhe, que adormecera ant’o seu altar chorando:

Santa Maria amar
dévemos muit’e rogar
Que a sa graça ponha
sobre nós, por que errar
nom nos faça, nem pecar,
o demo sem vergonha.

Porende vos contarei
dum miragre que achei
que por
þa badessa
fez a Madre do gram Rei,
ca per com’eu apres’ei
era-xa sua essa.
Mas o demo enartar-
-a foi, por que emprenhar-
-s’ouve dum de Bolonha,
home que de recadar
havia e de guardar,
seu feito e sa besonha.
Santa María amar...
ALFONSO X

2. DESPOIS DE INFORMARTE DAS CARACTERÍSTICAS DO GALEGO MEDIEVAL, BUSCA EXEMPLOS DELAS NAS CANTIGAS ANTERIORES.

3. NO ENLACE ANTERIOR, ESCOLLE UNHA CANTIGA E INDICA DE QUE TIPO É XUSTIFICANDO A TÚA RESPOSTA, RESUME O SEU ARGUMENTO E INDICA OS SEUS TEMAS.

3. NA FORMA DAS CANTIGAS ANTERIORES PERCÍBESE O SEU CARÁCTER REPETITIVO, QUE FINALIDADES PODÍA TER?
MARCA NA PRIMEIRA CANTIGA O REFRÁN, O PARALELISMO E O LEIXA-PREM, TENDO EN CONTA:

  • O REFRÁN É UN OU MÁIS VERSOS QUE SE REPITEN EN TODAS AS ESTROFAS.
  • O PARALELISMO CONSISTE EN QUE OS VERSOS DA PRIMEIRA ESTROFA (DEIXANDO FÓRA O REFRÁN) PARÉCENSE MOITO ÓS DA SEGUNDA; OS DA TERCEIRA, ÓS DA CUARTA E ASÍ SUCESIVAMENTE (SÓ VARÍA A PARTE FINAL DOS VERSOS, A ORDE DAS PALABRAS...)
  • O LEIXA-PREM É UN VERSO QUE SE REPITE EN ESTROFAS ALTERNAS.

4. ELABORA TI UNHA CANTIGA QUE TEÑA OS RECURSOS ANTERIORES.

5. DENDE O PUNTO DE VISTA DA FORMA, AS CANTIGAS PODÍAN SER DE REFRÁN (COMO XA VIMOS) OU DE MEESTRIA, MÁIS VALORADA E MÁIS CULTA. A CANTIGA DE MEESTRÍA QUE SE CARACTERIZA POR NON TER REFRÁN, AS ESTROFAS SON DE SEIS OU SETE VERSOS E OS SEUS RECURSOS TÍPICOS SON O DOBRE, O MORDOBRE, A FIINDA E A ATA- FIINDA. BUSCA INFORMACIÓN SOBRE ESTES RECURSOS E EXPLÍCAOS BREVEMENTE.