Edición fotográfica con Clipping Magic
Edición fotográfica con Clipping Magic para recortar o que nos interesa e deixar o fondo transparente. Formato de imaxe en .png
Tarefa
Recorta unha imaxe CC relacionada co tema do voso blog empregando o Clipping Magic
Todos sabedes que sacar unha foto co móbil e aplicarlle un filtro así como que engadirlle un texto pode ser moi sinxelo se tedes a aplicación axeitada instalada.
Non se trata deso, tedes que comprender o que significan os "Dereitos de Autor" e as licencias "Creative Commons" así como acompañar os obxectos realizados -neste caso unha imaxe- cunha breve exposición dos motivos, do proceso seguido, das fontes empregadas e, tamén, da vosa impresión ou opinión. Por eso é importante o que fagas antes e despois do emprego dunha ferramenta: os materiais que empregas deben referenciarse e estar libres de dereitos de autor e, cando publiques-expoñas-compartas terás que falar-escribir-defender o traballo feito.
Antes de continuar convén que leas esta infografía ou este artigo:
COPYLEFT, unha C invertida, símbolo sen recoñecemento legal é o máis común como contrapartida do símbolo COPYRIGHT. E entre os dous o símbolo de Dominio Público o CC-O.