Inspiración

Clips inspiradores

8. Realidade Virtual

Cada día está a tomar maior relevancia o vídeo inmersivo, a realidade virtual. O que comezou coas imaxes panorámicas para pasar ás de 360º chegou as fotos esféricas que, coa axuda dunhas gafas especiais e os giróscopos dos smartphones, nos permite escoller o punto de vista. Destas fotos esféricas pasamos, coa chegada das cámaras de acción, ao vídeo esférico e deste ao vídeo esférico interactivo como o que xa están a empregar certos museos para as súas visitas virtuais. Neste enlace tedes unha experiencia escolar con Realidade Aumentada.