Preparando "Eu de maior quero ser ..."
Libro de preparación dunha presentación e posterior exposición pública do traballo persoal de investigación e reflexión sobre o itinerario académico e profesional previsible para os vindeiros anos.
Traballos do curso 2014-15
Na Publicación "Eu de maior quero ser" da Comunidade Pública de G+ Inforeba1415 están recollidos os enlaces ós artigos nos blogues das presentacións realizadas polos alumnos do curso pasado.
Fixádevos que as condicions mudaron: naquel momento pedíanse 8 diapositivas, non había un formato de referencia dos recursos empregados, nin había que licenciar a presentación.
Cada ano hai que ir mellorando e aprender sobre o feito, analizando e propoñendo melloras:
20 diapositivas facilita unha presentación máis dinámica e visual.
10 segundos por diapositiva (o Pecha-Kucha propón 20 segundos pero deste modo saen exposicións de máis de 6 minutos e non nos da tempo a todos).
- Portada con Profesión e Autor.
- 17 diapositivas que poden ter a estrutura que vexades, podedes seguir unha secuencia cronolóxica ou presentar o porqué da vosa profesión e logo explicar como chegar a ela. (centros de estudio, itinerarios, materias a cursar, medios de transporte a empregar, residencias ou aluguer de piso, especialización posterior, en que consiste o traballo, etc.)
- Diapositiva de referencias.
- Licencia e ubicación do traballo. Debe conter a seguinte información (non necesariamente nesta orde): licencia, autor, profesor, "IES Eduardo Blanco Amor - Culleredo", "Informática 4º ESO".