Preparando "Eu de maior quero ser ..."
Libro de preparación dunha presentación e posterior exposición pública do traballo persoal de investigación e reflexión sobre o itinerario académico e profesional previsible para os vindeiros anos.
A Presentación (Opción A)
Para conseguir unha boa presentación debes ler o seguinte artigo de Javier Fernández Panadero titulado "Consejos para presentaciones" publicado no seu blogue "La Ciencia para todos". Ou visionar o seguinte vídeo que recolle todo o necesario para diferenciar unha presentación de acompañamento a un discurso doutra que estea aloxada na rede para ler individualmente.
Tede coidado se sodes amigos das presentacións dinámicas porque podedes conseguir o efecto contrario ao desexado.
Recoméndoche esta "Inmunoterapia frente a presentaciones aburridas" de Ángel Micelti en Prezi: