Preparando "Eu de maior quero ser ..."
Libro de preparación dunha presentación e posterior exposición pública do traballo persoal de investigación e reflexión sobre o itinerario académico e profesional previsible para os vindeiros anos.
Recursos Orientación
Primeiro terás que reflexionar sobre ti mesmo e permitir que un cuestionario te suxira opcións. Será por cuestionarios?
Lembra
que a decisión é túa, que non cha marque un cuestionario,que as decisións son como a froita, deben madurar, eque as grandes decisións son froito de largas reflexións.
Orientaguía é o blog de Claudio Castilla, orientador do IES Ramón Arcas Meca de Murcia. CC-BY-NC-SA.
Inicialmente recoméndovos a lapela "Proyecto Vocacional" aínda que logo seguro que pasaredes moito tempo neste blog dunha calidade recoñecida con varios premios, curioseade polas lapelas e polos enlaces do lateral.
O Departamento de Orientación do IES Parque de Lisboa publicou este documento en maio de 2014 do que destaco:
- Resumen da Selectividade (a vós xa non vos toca).
- Estructura dos Graos segundo o Plan Bolonia.
- E esas outras profesións como Bombeiro, Policía, Vixiante, Piloto, Militar, etc. que son outras opcións académicas específicas (páxinas 29-30)
Se en primeiro lugar fixeches un cuestionario para detectar a túa vocación o segundo que debes facer, pola urxencia, é ver como vai ser o teu Bacharelato o ano que ven, neste Resumen da LOMCE tes a información para tí sobre o bacharelato e para as túas amizades respecto da Educación Primaria, Secundaria e Fomación Profesional Básica.
"Recursos en internet para la Orientación Académica y Profesional" é un repositorio comentado de enlaces relacionados co título. Pertence ao Departamento de Orientación do IES Parque de Lisboa de Madrid e nos documentos elaborados por eles fan referencia aos estudios da súa comunidade.
Un recurso interesante é este "De las ocupaciones que conoces a las que no conoces" onde descubrirás que, ao igual que a Tecnoloxía e a Informática, o mundo laboral tamén sofre cambios moi rápidos e tanto aparecen novas profesións e oficios como desaparecen outros.
O Instituto Galego das Cualificacions conta cunha excelente e moi visual páxina de información, onde podedes atopar desde as profesións máis contratadas por comarcas ata información que relaciona as profesións e o mundo laboral.
Nesta liña tamén está o "Buscador de ocupaciones" do concello de Barcelona.
Para ver todos os estudos esta web de Ibercaja Orienta semella moi intuitiva e rápida, non ten pinta de entrar en moito detalle pero para unha visión xeral e por riba pode ser do voso gusto. Emagister é outra empresa que ao mesmo tempo que informa de todo tipo de estudos tamén oferta os seus propios, unha web moi intuitiva tanto para informarse dos estudios superiores como de onde facelo.
Non é o momento pero debes saber que as administracións tamén teñen os seus portais relacionados coa búsqueda de emprego como ésta de Andalucía.
Portal Galego da Formación Profesional:
Portal MEC da Formación Profesional: