A entrada no blogue

Nesta segunda tarefa de publicación no voso bloque aproveitade para seguir investigando no voso ESTILO e para iso tedes que ver moitos blogues e, co tempo, irédevos fixando tanto no que se di como no xeito de dicilo, no contido e no continente, no fondo e na forma.

Un artigo que vos recomendo tanto pola forma como polo fondo é este de "27 preguntas para descubrir tu pasión" (fíxate no título, non te chama a atención?) e que ven podería recomendarse como introdución desta tarefa.