Avaliación

Criterios para a Opción de Scratch:

Dado que o nivel de profundización e adicación á programación con Scratch é moi diverso, valorarase tanto o nivel de inmersión no programa como na calidade da proposta realizada (o 10% quedará reservado para a orixinalidade dun proxecto que se saia do amosado tanto na sesión presencial como neste libro).

E seguindo na liña das derradeiras tarefas, é moi importante a composición da entrada do blog onde embebades o recurso realizado. O 20% da nota tamén será exclusivo do texto explicativo do traballo realizado, lembrámosvos a conveniencia de incluir citas a outros recursos convenientemente enlazado.

Resumindo:

Programa: 70 puntos.
Orixinalidade: 10 puntos.
Entrada do blog: 20 puntos