REPASOS

REPASOS

REPASOS XERAIS

REPASO DE ACENTUACIÓN

Cando van xuntas unha vogal aberta e outra pechada, forman hiato e levan til se a forza da voz recae na pechada (í,ú).
Segundo isto, das palabras que seguen, ?en cales hai hiato?, ?cantas sílabas ten cada unha? ?Que cinco teñen que levar til?
AULA, RIO, PAULA, MOITO, TUA, REI, ADEMAIS, BUSCOU, RAI?A, RAUL, LUA, ANDARIAMOS, MERECEU, POUCO, BOINA, LEIS, FOI, ROUBOU, VOU.

Cando van xuntas dúas vogais pechadas, forman hiato e levan til se a forza da voz recae na segunda.
Segundo isto, das palabras que seguen, ?en cales hai hiato?, ?cantas sílabas ten cada unha? ?Que cinco teñen que levar til?
MUI?O, FUXIU, ARRUINAR, CONSTRUIR, VIVIU, VIUVO, RECIBIU, DERRUIR, RUINA.

Cando van xuntas dúas vogais abertas, sempre forman hiato e levan til dependendo das normas.
Segundo isto, das palabras que seguen, ?en cales hai hiato?, ?cantas sílabas ten cada unha? ?Que cinco teñen que levar til? ?Por que teñen que levar til?
AEREO, ALDEA, FEA, ESTEREO, SOA, ARBOREO, NOE, AVOA, MARMOREA, AMONTOO.

As palabras agudas levan til se rematan en VOGAL, N, S, NS, excepto se son monosílabas, se rematan en ditongo decrecente, se rematan en tritongo ou se rematan en ditongo homoxéneo.
Segundo isto, das palabras que seguen , ?cales non teñen que levar til? ?Por que?
MAN, CANCIONS, PAPEIS, COMPAS, BUSCOU, FUXIU, CAMION, SOFA, PARAGUAI, ADEMAIS.

Clasifica en agudas (a), graves (g) e esdrúxulas (e): acola, identico, escano, hendecasilabo, nausea, escrutar, aceno, motin, mobil, xoves, arbore, albanel, camaron, util, nectar, animal, baleirar, cirurxico, Adan, habito, bisavoa, rabaño, valvula, insipido, caixon, antipatico, anel, berce, opera, oleo, mundano, mesa, ultimo, funil, automobil.

Acentúa todas as palabras que o precisen do exercicio anterior.

Acentúa estas oracións.

Compre que compres fora da tua cidade todo o que precisas. E mais grande ca min e por iso ven sempre moito mais rapido. Se lle das a man seguramente non caera na presa. Eles din que non ven nada, estan medio birollos. Chegou con moita presa xa que debia marchar para o cine. Compre que deixes ben cortadas todas as polas da laranxeira. Rompeu un oso do pe e non puido seguir andando. Se vas pola tarde a praia regalareiche un oso panda. Non e moi espabilado pero el sempre foi asi. ?Quen che dixo que fora el? Cando fun a opera vin a todos os interpretes da miña musica preferida. Non debedes andar con eses caixons nas mans que vos poden caer. No Nautico da Coruña hai moitos mexillons mortos a caron das pedras. Non e facil seguir correndo ben cando tes unha perna rota. No tunel deronse de conta que era moi dificil conseguir a alguen que fose con eles a Santiago. 0 mantel que puxeron onte na mesa tiña un debuxo azul. ?Queres que che leve a merenda ou prefires que sexa el quen a recolla?




REPASO DO NOME

ESCRIBE A SOLUCIÓN

  • Palabras que designan un ser ou un obxecto: _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _. Ex:

  • Palabras rematadas en AN que fan o feminino rematado en ANA: _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ Ex:

  • Palabras que designan unha característica: _ _ _ _ _ _ _ _ _ _. Ex:

  • Palabras rematadas en ON que fan o feminino en ONA: _ _ _ _ _ _ _ _ _ .Ex:

  • O xénero das árbores froiteiras depende, xeralmente, do xénero do seu _ _ _ _ _. Ex:

  • As palabras rematadas en UME teñen xénero _ _ _ _ _ _ __ _, excepto se son derivados. Ex:
  • As palabras rematadas en ISE/IXE teñen xénero _ _ _ _ _ _ _ _. Ex:
  • Os nomes das letras teñen xénero _ _ _ _ _ _ _ _ _. Ex:
  • Palabras rematadas en L que fan o plural engadindo ES: _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ e _ _ _ _ _ _. Ex:

  • As palabras que non rematan en L, R, Z, S, X forman o plural engadindo _. Ex:

CORRIXE O ERRO DE CADA SECUENCIA E EXPLÍCAO

  • A avoa, despois de facer o análise, virá para a casa. Dille, á túa nai, que está sa.

  • Henrique non sabe nada da cría deses animales. Dálle a información que precise.

  • A hache desa palabra, sobra. Como non o sabes? Non tes dicionario?

  • A Olalla acusárona de ladrona! Que barbaridade! Un pouco máis e acaba no cárcere!

  • Temos que facer o equipaxe hoxe, que xa se nos bota o tempo encima.

  • Gústanme moito os xirasois. A ti non, verdade? A ti gústanche máis os caraveis.

  • Ten os ollos azules e o pelo loiro. Non a viches nunca na miña casa?

  • No mes de maio houbo un congreso para estudar a orixe das cidades catalanas.

  • Puxen a leite ó lume e esqueceume. Derramouse toda por fóra. Que desastre!
  • Non sexas folgazá e, despois de preparar o ditado, coloca as fotos neses álbums.

  • Miña nai díxome que as legumes son moi sas. Non sexas má e cómeas.

  • Os israelíes seguen en guerra cos palestinos. Por que non se amañarán dunha vez?

Indica o xénero dos seguintes substantivos:

periodista, lume, hache, podredume, leite, mel, fume, orixe, análise, aguia, personaxe, traxe, paisaxe, aterraxe, cárcere, uve, calor, couce, mel, zucre.

Forma o feminino dos seguintes nomes:

artesán, catalán, vilagarcián, burricán, chan, cotián, pagán, afgán, mentirán, coimbrán, doente, brután, porcallán, livián, grandón, cirurxián, rufián, mártir, nu, galego-portugués, muradán, castelán, buscón, só, cru, curmán, bailarín, feliz, cristián, lacazán, israelí, duque, intérprete, alcalde, can, avó, elefante testán.

Forma o plural dos seguintes nomes:

hindú, cruel, fiel, só, nu, volátil, móbil, sexy, político-económico, xentil, medioambiental, infeliz, fácil, bucal, dandi, vivaz, cru, estéril, casual, vibrátil, lugués, capaz, gris, brutal, veloz, hostil, fatal, imbécil, fusil, hippy, rubí, tragaluz, tórax, lapis, club, actor, laboral.

Completa as comparacións:

  • Deberías beber tanta auga.................puideses.

  • Deberías beber tanta auga.................min.

  • Deberías beber tanta auga..................ti queiras.

  • Deberías beber tanta auga................. Pepe.

  • Sei máis latín................cres.

  • Sei máis latín................ti.

  • Sei máis latín................ti cres.

  • Sei máis latín.................Pepe.
  • Sei máis latín................ o teu mestre.

  • Gústame máis o latín a min..................a ti.

  • Gústame máis o latín a min..................ó teu mestre.

Define: substantivo, adxectivo especificativo, lexema, substantivo colectivo, superlativo.


REPASO DOS ARTIGOS, DEMOSTRATIVOS E POSESIVOS

COMPLETA:
  • Os..........................son as únicas palabras que funcionan sempre de determinantes, é dicir, sempre acompañan os substantivos, presentándoos.

  • Os artigos poden ser ........................., se presentan algo xa coñecido (Ex:.......................................), ou ......................, se presentan algo descoñecido ata o momento (Ex:.............................................).

  • Os artigos indeterminados contraen con ......., ........e .......... (Ex:.......................................); os determinados, con ......., ........., ........., ..........., e........ (Ex:.......................................).

  • Os demostrativos (Ex:.......................................) e os posesivos (Ex:.......................................), poden funcionar de ..........................., acompañando o substantivo (Ex:.......................................) ou de........................., substituíndoo, como se fosen pronomes (Ex:.......................................).

  • Os demostrativos contraen con ........., .......... e ............. (Ex:.......................................).

  • Os posesivos, normalmente van precedidos de ......................... (Ex:.......................................), excepto cos nomes de .............................., que se pode poñer ou non (Ex:.......................................), e nos ................................, cos que nunca se pon (Ex:.......................................)

SUBLIÑA OS ARTIGOS, DEMOSTRATIVOS E POSESIVOS

  • Eu, ó neno, non o vin onde ti me dixeches.

  • Non che deixei nada aí; busca naqueloutro caixón.

  • Meu pai non as deixará ir coa miña irmá.

COMPLETA COAS FORMAS DO ARTIGO DETERMINADO, FACENDO AS CONTRACCIÓS OPORTUNAS

............ nena foi a ......... praia con .......... veciña de .......... cuarto. A .......... chegar alí, deron un paseo por ........... beiramar con ............. chalupa de ............pai. ............ chalupa estaba máis vella que ............. miña avoa!

COMPLETA COAS FORMAS DO DEMOSTRATIVO, FACENDO AS CONTRACCIÓS OPORTUNAS

............ rapaces que están aquí, son fillos de .......... de aí e de ............... outra muller de alá. En...........caso non hai dúbida de ..............: parécense moito.

SINALA OS SIGNIFICADOS ESPECIAIS QUE TEÑEN OS DEMOSTRATIVOS E POSESIVOS PRESENTES NESTES TEXTOS

  • Daquela, cando eu era nova, non había tantos automóbiles.

  • Daquela, imos ó cine?

  • Terá os seus corenta anos. Non che parece?

  • Os nenos teñen que traer cadansúa libreta.

  • Estabamos ceando e, nisto, o neno púxose a chorar.

  • Icía é loira de seu.

  • Si, vivimos nun piso de noso.


Déixovos un encrucillado co que poderedes repasar nocións fundamentais da lingua.

REPASO DE LINGUA: SUBLIÑA A EXPRESIÓN CORRECTA E EXPLÍCAA.

Folgazana-folgazá
A arte-o arte
Estes-estos
El-él
Papeis-papeles
É máis alto que ela- É máis alto ca ela
Fun ó cine-fun o cine
Sa-sá
Ruína-ruina
Esto-isto
Raíña-raiña
Conducta-conduta
Andei-andiven
Viseira-biseira
Xamáis-xamais
Ladrona-ladroa
Votouno fóra-botouno fóra
Xoán-Xoan
Por que?- Por qué?
Hindúes-hindús
Aquelesoutros-aqueloutros
O costume-a costume
Fíxoo tan ben como ti pensabas-Fíxoo tan ben coma ti pensabas
Porcalloa-porcallona
Miña libreta-a miña libreta
O abeleiro-a abeleira
Xirasois-xirasoles
Ulo neno?- U-lo neno?
Fun coa nena-fun ca nena
Saúde-saude
Leis-leises
Améndoa-amendoa
Ti e mais Paulo- ti e máis Paulo
Dalle iso-dálle iso
Cara ó río-cara o río
Dime o porqué- dime o porque
Xa vos vin-xa vós vin
Bebeches-bebiches
Fácilmente-facilmente
Xa te vin-xa che vin
Pisapapeis-pisapapeles
Fuxíu-fuxiu
Cantábamos-cantabamos
Bebeu-bebiu

2.