Cóntame un conto ou leme unha poesía
Tarefa de realización dunha presentación con banda sonora.
PALABRASINPAPEL. Concurso de vídeo poesía.
PALABRASINPAPEL é un concurso de vídeo poesía organizado polo Concello de A Coruña co que colaboran Polisemias (taller de escritura creativa) que se adapta moi ben a este proxecto audiovisual da materia de informática e o Centro de Formación do Profesorado de A Coruña.
As condicións para participar nel son as mesmas cas desta tarefa salvo que a participación é por grupos de entre 2 e 4 persoas. Por iso os vosos traballos feitos individualmente van firmados polos 2-3 compoñentes do grupo e, dado que se poden enviar varios traballos, estamos duplicando ou triplicando as posibilidades de obter un premio.
Aspectos nos que se fixará o xurado á hora de escoller os mellores traballos:

Como requisito indispensable para participar tedes que inscribirvos nun ficha en papel que vos facilitaremos entre o 24 e o 28 de febreiro nas materias de Informática e Lingua Castelá ou que podedes recoller na Biblioteca. As inscripcións entregaranse ao profesor que figurará como responsable.
- Data límite de inscripción: 28 de febreiro (posiblemente 8 de marzo)
- Data límite de recepción dos traballos: 30 de abril.
- Data da Gala: 21 de maio ás 12:00 no Ágora.
Gala final para as 12 equipas finalistas.
- Proxección dos vídeo poemas finalistas no teatro Ágora.
- Entrega de premios aos 3 primeiros así como ao centro da equipa gañadora.
- Ágape de confraternización entre participantes.
Aspectos nos que se fixará o xurado á hora de escoller os mellores traballos:
- Orixinalidade. En principio a idea era que todo fose orixinal polo que aínda que agora se permiten recursos CC supoño que valorarán se son vosos. Neste caso convirá que quede clariño nos créditos.
- O reparto da valoración será:
- 40 % para o texto literario.
- 15 % para a banda sonora.
- 15 % para a imaxe ou imaxes.
- 30 % para a capacidade de evocación do conxunto.