I Concurso de Vídeo Poesía IESEBA

A Biblioteca María Wonenburger (IES Eduardo Blanco Amor) convoca un CONCURSO DE VÍDEO POESÍA no que poderá participar todo o alumnado matriculado este curso 2013-14 no Instituto Eduardo Blanco Amor de Culleredo.

• O concurso pretende fomentar a creación artística cooperativa (literaria, plástica e musical) utilizando as TIC.

• Trátase de crear un vídeo poema que combine en menos de 3 minutos:
• Texto literario (orixinal ou non, en verso ou en prosa) en castelán, galego, inglés ou francés.
• Banda sonora (orixinal ou non).
• Imaxe ou sucesión de imaxes orixinais ou non (fixas ou vídeo).
• Os vídeo poemas terán que ser realizados en grupos de dous a catro membros.
• Ao final do vídeo poema deben constar:
• Nomes e apelidos dos creadores do vídeo poema.
• Nome e localidade do noso instituto.
• Título e autor do texto literario.
• Título, autor e o intérprete da música.
• Autor das imaxes.
• A data límite de entrega é o 28 de marzo de 2014.
• Como enviar os traballos:
- por correo electrónico a biblioeba@gmail.com indicando no asunto Vídeo poesía, o nome dos autores e o curso.
- nun pen-drive (USB) rotulado co nome dos autores e o curso, que será entregado na biblioteca durante os recreos.
• O xurado estará formado por membros do equipo da Biblioteca e dos departamentos didácticos colaboradores.
• O xurado seleccionará un grupo de traballos entre os que se escollerán os tres premiados:
• Primeiro premio: Vale por ¿? euros para adquirir libros, música ou cine.
• Segundo premio: Vale por ¿? euros para adquirir libros, música ou cine.
• Terceiro premio: Vale por ¿? euros para adquirir libros, música ou cine.