Palabrasinpapel. Concurso de vídeo poemas
Sitio: | Aula virtual |
Curso: | Informática 4º ESO IESEBA 1415 |
Libro: | Palabrasinpapel. Concurso de vídeo poemas |
Imprimido por: | Invitado |
Día: | sábado, 23 de noviembre de 2024, 21:26 |
Descripción
Concurso de vídeo poemas.
Introdución
Por segundo ano incorporamos como tarefa do curso a participación neste Concurso de Vídeo Poemas organizado polo Concello de A Coruña e co apoio do Centro de Formación e Recursos do Profesorado e de Polisemias.O IESEBA na primeira edición
A través desta imaxe podedes acceder á entrada no blog biblioEBAcomentada onde resumimos a nosa participación no I Concurso de Vídeo Poemas "PalabrasinPapel".Na pestaña Videopoesía tamén podes ver todos os vídeos realizados e subidos-comentados polos vosos compañeiros do curso pasado.
Consellos para a edición 2015
E agora ímosvos recomendar este Libro "Creación Audiovisual" para ir aumentando a calidade dos traballos.
Novas
Hoxe, 9 de decembro, entérome que o primeiro vídeo a concurso foi enviado e está aloxado no Facebook de Palabrasinpapel. Convén botarlle un ollo, ou non, porque antóllaseme que este ano vai haber nivel.E cando quero poñervos o enlace nesta entrada decátome que non era o primeiro, ide espabilando que chegamos tarde.
Esto de mirar o facebook de cando en cando é o que ten, entéraste con retraso das cousas. A vós non vos pasa non?
Bueno, ao que iba, no IES As Barxas levan tempo traballando o audiovisual e teñen ata un Festival (
) alí teñen a Luz Beloso, unha docente que comparte o seu saber e que vos pode axudar, déixovos estes enlaces para curiosear:
Envío da Tarefa ó AV do curso
Clica na imaxe para enviar a túa Videopoesía.Lembra que tes que:
- Enviar ó AV o enlace acortado á entrada do teu blog onde teñas publicado o vídeo xunto co texto explicativo da tarefa realizada (resume do traballo, fontes empregadas, opinión sobre a ferramenta, enlace ás fontes de sons e imaxes CC empregadas, etc).
- Para poder participar no concurso organizado polo Concello de A Coruña:
- Tedes que indicar nos créditos do voso vídeo o autor ou autores.
- Empregar imaxes e sons orixinais ou con licencia CC, neste caso indicaredes nos créditos as fontes.
- Explicitar nos créditos a orixe das imaxes, sons e textos.
- Incluir nos créditos o nome do IES.
- Licenciar o voso vídeo con licencia CC-BY ou segundo os esixan as fontes empregadas. Lembrade que ademais de indicalo nos créditos debédelo facer cando o subades a YouTube.