Ciencia Que Conta
Sitio: | Aula virtual |
Curso: | Informática 4º ESO IESEBA 1415 |
Libro: | Ciencia Que Conta |
Imprimido por: | Invitado |
Día: | sábado, 23 de noviembre de 2024, 22:08 |
Descripción
Concurso de relato curto Ciencia Que Conta. 15 de novembro de 2014.
Presentación
CONCURSO
DE RELATOS CURTOS
RELACIONADOS COA CIENCIA
Podedes consultar as Bases da Convocatoria e, o máis importante, o libro "Cienciaqueconta2013" onde podedes ler os relatos gañadores do ano pasado, especialmente deberíades consultar estes tres primeiros de secundaria que é a categoría na que ides competir. Toda a información no blog de cienciaqueconta.com
O relato realizarase en galego no procesador de textos de Google e o documento estará compartido con accionangel@gmail.com (ou sindo.fdez@gmail.com) de xeito que o poda editar, o arquivo (documento de texto) a compartir chamarase: CQC14_4X_nomeapelido (a X correspondente ao voso grupo: 4A, 4B, 4C, 4D ou 4E).
Para esta tarefa tedes dúas posibilidades:
- Crear un relato orixinal (susceptible de participar no concurso)
- Editar un dos relatos de secundaria/bacharelato do recopilatorio do ano pasado (queda excluído o gañador de secundaria que xa o fixen eu e tédelo nesta entrada do meu blog para que vos sirva de exemplo)
Avaliación
Inicialmente esta tarefa ía ser voluntaria pero debido ao procedemento de creación e ao xeito de compartilo vai ser avaliable (100 ptos), máis ainda cando imos facer unha pequena variación nas bases.
Dado que o trasfondo do relato ten que estar asociado a un feito científico máis ou menos explícito introduciremos nesta tarefa o concepto de "
" e comezaremos cun "hiperdocumento", un texto propio dos soportes dixitais con acceso a internet e que básicamente consiste en aumentar a información escrita mediante hiperenlaces.
As características xerais da tarefa tédelas neste artigo do meu blog e as instrucións no pdf CQC14_4_angelaccion aloxado públicamente no meu Drive ou neste CQC14_4_angelaccion aloxado nesta AV.
O aspecto formal do relato será similar aos publicados:
- Título (maiúsculas)
- Autor (negrita)
- Centro educativo (maiúsculas)
- Relato (texto xustificado, marxes, interliñado, fonte, tamaño, etc.)
Recursos
Para comprobar a ortografía:
Para contar palabras:
Para converter pdf a texto editable:
- Free Pdf Converter. Eu empreguei este e escollín pasalo a .rtf, logo copiei o texto e pegueino no Documento Google. Ten un problema: só transforma dúas follas e entón o que fixen foi coller o pdf do recopilatorio e imprimín en pdf as dúas follas do relato que escollera. Este pdf xa só ten dúas follas e así transformoumo todo sen problemas.
- Pdf to Word.
- Pero o mellor de todo é utilizar Drive xa que o fai automáticamente, vexamos como:
Abrimos Drive e subimos o noso pdf (o resultante da impresión en pdf das follas do recopilatorio que inclúan o noso relato seleccionado) fixándonos nesta ventana emerxente que aparece antes de iniciar a subida:
e unha vez subido comprobamos que o noso pdf conserva o nome pero a imaxe xa delata que é un documento google editable.
Unha vez feito comprobamos o resultado e, faino daquela maneira, queda un documento que inclue o texto como imaxe e o texto transformado e editable, hai que traballalo un pouco pero afórranos ter que teclealo.
Concurso da BIBLIOEBA
A biblioEBA tamén organiza un concurso paralelo a éste de Ciencia Que Conta pero ao arredor da figura de María Wonenburger.
Se escolledes esta temática podedes participar nos dous concursos entregando o voso relato nos duos sitios.