Edición de imaxes con GIMP

Sitio: Aula virtual
Curso: Informática 4º ESO IESEBA 1415
Libro: Edición de imaxes con GIMP
Imprimido por: Invitado
Día: miércoles, 27 de noviembre de 2024, 15:12

Descripción

Prácticas de edición de imaxe vectorial con GIMP.

Seguro que tedes oído que moitas das fotografías dos famosos antes de ser publicadas nas revistas son retocadas con PhotoShop que é un software de retoque fotográfico ou de edición de imaxe comercial propiedade de Adobe e, polo tanto, que é necesario mercar para empregar.

40 fotografías antes y después

Pois resulta que non é preciso nin mercar nin "piratear" un software comercial para poder facer unha edición profesional dunha imaxe, neste tema ides coñecer un pouco as posibilidades de GIMP. Pódelo descargar aquí (comproba o Sistema Operativo que tes no teu equipo primeiro) pero fíxate nesta imaxe para saber onde clicar:

Descarga Gimp
A continuación tes as  Tarefas de Edición Fotográfica con GIMP.

Ao final de cada unha tes o enlace para entregala neste AV, convén que a leas antes de comezar a traballar porque pode haber instrucións non desenvolvidas na exposición da mesma.

  • Podes sustituir as imaxes propostas por outras da túa propiedade sempre que non inclúan imaxes de menores e se saes ti  debes indicar na entrada do blog onde publiques o traballo que contas coa autorización dos teus pais. Na entrada do blog referenciarase correctamente (título-autor-licencia).

  • Podes sustituir as imaxes propostas por outras con licencia Creative Commons que permitan ser modificadas. Na entrada do blog referenciarase correctamente (título-autor-licencia-enlace á imaxe orixinal)



Gimp 1

Coa fotografía "rostro 1.jpg" realiza un cambio de cor de ollos, eliminado de arrugas e branqueado de dentes tal e como se describe no pdf de axuda "mejora fotográfica del rostro.pdf".


Garda no teu álbum público de G+ estas 3 imaxes:

  • A imaxe orixinal.
  • A imaxe retocada (cada equipo fai unha e cada membro a personaliza engadíndolle o seu nome -sen apelidos- na zona inferior dereita  do seguinte xeito: nome_1415)
  • O collage (podédelo facer con Picasa, PicMonkey ou calquera outra aplicación, AQUÍ tedes algunhas opcións) que conteña as dúas imaxes.



    Envío da Tarefa

    • TEF_06: Retoque do rostro. 


    Gimp 2

    Realizaredes unha fotomontaxe coas imaxes "cabritas.jpg" e "paisaje.jpg" coa axuda do pdf "instrucciones fotomontaje GIMP". Trátase de insertar o mozo coas dúas cabritillas na escea da paisaxe.


    Garda no teu album de G+ estas 4 imaxes:

    • A imaxe das cabritillas.
    • A imaxe da paisaxe.
    • A imaxe da fotomontaxe (unha por equipo e cada un a personaliza inserindo o seu nome na zona inferior dereita)
    • Collage personalizado -cada un a súa- coas tres imaxes anteriores (a fotomontaxe será máis grande que as outras dúas) e co seguinte texto: nome_1314.

    Envío da Tarefa

    • TEF_07: Fotomontaxe. 



    Gimp 3

    Cada alumno realizará unha caricatura do Doctor House partindo da imaxe subministrada.


    Garda no teu álbum público de G+ estas 3 imaxes:

    • A caricatura realizada e que inclua o texto: nome_1314.
    • O collage das dúas imaxes.


    Aquí podes ver unha das caricaturas do doctor House:

    caricatura do doctor House

    Envío da Tarefa

    • TEF_08: Caricatura. 



    Gimp 4

    Cada alumno realizará unha animación (gif animado) coa caricatura feita na tarefa anterior.


    Garda no teu álbum público de G+:

    • O gif animado.

    Aquí tedes un gif do curso pasado:

    gif animado del doctor House

    Envío da Tarefa

    • TEF_09: Gif animado. 


    Gimp 5

    Escolle unha imaxe Creative Commons que permita ser modificada relacionada co tema do teu blog e manipulaa de xeito que conteña 5 diferencias coa orixinal.


    Garda no teu álbum público de G+:


    • A imaxe orixinal.
    • A imaxe retocada (cada alumno fai a súa e rotula o seu nome do seguinte xeito: nome_inforeba1415)
    • O collage feito con Picasa que conteña as dúas imaxes.
    • A imaxe coas solucións (círculos de cor vermella arredor das diferencias sobre o orixinal ou sobre a imaxe editada).


    Envío da Tarefa

    • TEF_10: As 5 diferencias. 


    Enunciado en preparación.

    Nesta primeira experiencia co StopMotion no IESEBA pretendemos unha actividade de exploración e recollida de experiencias, polo tanto teredes poucas pautas a seguir, mellor dito poucas pautas concretas pero sí todas as que se vos ocurran.
    Básicamente imos traballar cun gif animado editado en GIMP e de xeito resumido unha opción sería:
    Realizar unhas 30 fotos duns obxectos inanimados que forman unha escena e aos que lles cambiades a súa posición entre foto e foto. Con estas fotos obteremos un bucle de 3 segundos aproximadamente. O máis importante será ter un escenario ben iluminado e a cámara fixa nun trípode. 
    Tamén podes empregar plastilina, obxectos recortados, debuxos en area, nun papel ou nunha pizarra, ..., ou todo mesturado.

    Con este titorial de Tonecho tedes a tarefa resolta se non tedes moitas aspiracións.

    Seguindo o titorial anterior e empregando Gimp Belé, Gumer e eu fixemos este pequeno BAG.gif que o noso profesor Tonecho retocou para quedar deste xeito, ábreos co GIMP como capas e verás os fotogramas e a súa duración.


    Outras formas de enfocar a tarefa:
    • Movie Maker para Windows.
    • iMovie para Mac.
    • Monkey Jam para Windows.
    • Frame by Frame para Mac.
    Eiquí tedes dos exemplos cos seus titoriais:

    Consellos:
    • Cámara fixa con trípode.
    • Non utilizar flash nin superficies moi reflectantes para evitar brillos indesexados.
    • Poñer a cámara en resolución baixa para que o vídeo non pese moito. (Logo pódese baixar o tamaño das imaxes no Gimp)
    • Planificar a escea tendo en mente cada un dos fotogramas aínda que é mellor facer un storyboard (imprescindible se traballades en equipo) que non ten que ser moi detallado, como un croquis secuenciado.
     

    Outros enlaces interesantes:





    Unha alternativa á realización de fotografías é debuxar en 3D con SketchUp, gardar imaxes como se fosen fotogramas e logo montalas no Gimp como neste exemplo.
    Blog TYPE IN MOTION de educaBarrié con diversos Stop-Motion.


    Explorar: 
    especialmente "Buenas Prácticas"

    STOP MOTION NOW. Blog educativo audiovisual.