SCRATCH
Sitio: | Aula virtual |
Curso: | Informática 4º ESO IESEBA 1415 |
Libro: | SCRATCH |
Imprimido por: | Invitado |
Día: | sábado, 23 de noviembre de 2024, 22:03 |
Descripción
libro s
Tabla de contenidos
- Introdución
- Tarefa
- Proceso
- Recursos
- Exemplos
- Outros exemplos máis axeitados
- Biblioteca Scratch 1
- Biblioteca Scratch 2
- Biblioteca Scratch 3
- Biblioteca Scratch 4
- Biblioteca Scratch 5
- Scratch Multinivel
- Scratch no IES Castro Alobre de Cambados
- Videotitoriais de diversos Scratch
- Avaliación
- Blockly
- Envío da Tarefa ao AV do curso
Introdución
página oficial de Scratch y la guía de referencia elaborada por Juan Carlos López García, editor de Eduteca.Se cadra será mellor que comeces seguindo este titorial interactivo no que tes que ir construindo o teu Scratch coas indicacións que se amosan pasiño a pasiño.
Tarefa
Scratch ten a vantaxe de poder ver o código de programación doutros proxectos xa creados. Todo é Copyleft ou CC-BY polo que o voso traballo tamén o será e polo tanto non podedes empregar recursos (imaxes, vídeos ou sons) con dereitos de autor.
Ao rematar o voso proxecto deberedes publicalo no voso blog co comentario oportuno e logo enviar a url acortada da entrada á Tarefa Scratch_01 "Programar é cousa de nenos" deste AV para a súa corrección.
Non esquezas promocionalo na Comunidade Pública de G+ e indicalo na "Tarefa Scratch_02: Promoción en G+".
Proceso
Aconsellámosvos que sigades os seguintes pasos:- Visionar os e
- Escoller un dos seus proxectos e ilo facendo con algunhas modificacións persoais (fondos, cores, ...).
- Explorar os Scratch da páxina oficial e escoller un a imitar ou reinventar. Neste caso teredes que indicar na entrada do blog o Scratch orixinal.
- Explorar os Scratch aconsellados na páxina deste libro denominada "Outros Exemplos máis axustados" e facer unha reinvención dalgún deles.
- Seguir o prantexamento de Código Octopus
- Seguir a lista de reprodución " ".
Ainda que podedes descargar Scratch e traballar en local o aconsellable e única posibilidade no instituto é traballar online unha vez vos teñades rexistrado coa vosa conta gmail.
As vantaxes de traballar online é a facilidade de gardar o voso proxecto, a publicación inmediata unha vez o teñades rematado, a consecución do código para embebelo na entrada do voso blog e, o máis importante, acceder aos códigos doutros Scratch para copiar/aprender.
Recursos
O mellor xeito de comezar a "CREAR" con Scratch é ver o que fixo Néstor Lomba, un rapaz da vosa idade que tamén publica as súas creacións no seu blog persoal "redcreando", e que explica nos seguintes 5 videotitoriais:Pero tamén é moi útil poder contar cun titorial completo e que comeza desde cero coma este:
Exemplos
Neste enlace tes 99 recursos en castellano realizados con Scratch ainda que no mesmo sitio podes acceder a centos noutros idiomas. Están clasificados por nivel, por materia ou por tipo de contido.
Como exemplo do que se pode chegar a facer déixovos dous exemplos:
- Un comecocos ou PacMan (este ten certo nivel, pero non vos vou poñer de exemplo calquera cousa).
URL do xogo: http://scratch.mit.edu/projects/11334244/
Proxecto de talmelamed publicado o 10/07/2013 e modificado o 10/10/2013.
- Neste caso non se trata dun xogo enteiramente, máis ben é unha historia (tamén de moito nivel, pero xa sabedes).
URL da historia: http://scratch.mit.edu/projects/10771087/
creado por Vainilla-Dream e compartido o 10/06/2013
Outros exemplos máis axeitados
- Un cabalo que ten que saltar as rochas que aparecen no camiño.
- Pulpito busca á súa nai.
- Carreira de pelotas (1 a 3 xogadores).
- Ping-Pong (2 xogadores).
- Laberinto.
- Accidentes en la cocina.
- Proyectos para el Módulo 2 del #MoocXnergic.
- Clica na imaxe para acceder aos Xogos realizados polo alumnado de informática de 3º ESO do San José Jesuitas.
Biblioteca Scratch 1
Biblioteca Scratch 2
Biblioteca Scratch 3
Biblioteca Scratch 4
Biblioteca Scratch 5
Scratch no IES Castro Alobre de Cambados
http://asoreytecnoloxia.blogspot.com.es/p/proyectos-scratch.htmlVideotitoriais de diversos Scratch
Sergio Palay comparte en YouTube unha serie de videotitoriais sobre Scratch moi interesantes.Avaliación
Criterios para a Opción de Scratch:Dado que o nivel de profundización e adicación á programación con Scratch é moi diverso, valorarase tanto o nivel de inmersión no programa como na calidade da proposta realizada (o 10% quedará reservado para a orixinalidade dun proxecto que se saia do amosado tanto na sesión presencial como neste libro).
E seguindo na liña das derradeiras tarefas, é moi importante a composición da entrada do blog onde embebades o recurso realizado. O 20% da nota tamén será exclusivo do texto explicativo do traballo realizado, lembrámosvos a conveniencia de incluir citas a outros recursos convenientemente enlazado.
Resumindo:
Programa: 70 puntos.
Orixinalidade: 10 puntos.
Entrada do blog: 20 puntos
Blockly
https://blockly-demo.appspot.com/static/apps/maze/index.htmlhttps://blockly-demo.appspot.com/static/apps/code/index.html?lang=es
http://creaconlaura.blogspot.com.es/2014/04/google-blockly-un-editor-de.html?utm_source=twitterfeed&utm_medium=twitter
http://scratch.mit.edu/projects/18973296/
Envío da Tarefa ao AV do curso
Clica na imaxe para enviar a túa tarefa con Scratch.
Lembra que tes que:
- Enviar ó AV o enlace acortado e hiperenlazado á entrada do teu blog onde teñas publicado (inserido e non enlazado) o teu xogo con Scratch completamente operativo xunto co texto explicativo da tarefa realizada (resume do traballo, fontes empregadas, opinión sobre a ferramenta,...). Valorarase positivamente que haxa enlaces.
- Indicar na "Tarefa Scratch: Promoción en G+" a data do post na Comunidade Pública.