Edición de Son con Audacity
Sitio: | Aula virtual |
Curso: | Informática 4º ESO IESEBA 1415 |
Libro: | Edición de Son con Audacity |
Imprimido por: | Invitado |
Día: | miércoles, 27 de noviembre de 2024, 14:04 |
Descripción
Tarefa de realización e publicación dun podcast no blog.
Introducción
Os Podcast cada día están máis presentes na rede e con múltiples utilidades e propósitos como pode ser crear un AudioLibro, recitar unha poesía ou mesmo grabar unha exposición que poida ser incorporada a unha presentación con diapositivas.Nesta ocasión imos traballar cun "Editor de son" para grabarnos a nós mesmos e para incorporar efectos de fondo á conversa. Para poder incorporalo no blog tedes que aloxalo previamente nunha plataforma online que vos permita telo almacenado e vos facilite un código que inclua un reproductor.
Tarefa
A tarefa consiste na edición sonora dunha conversa mantida entre un capitán de navío e un fareiro. Circunstancia realmente certa e que tivo lugar en 1997.
A conversa é por radio co que deberedes inserir os efectos oportunos para simular ó máximo a situación.
Unha vez obtido o arquivo de son en formato .ogg mediante o software libre Audacity tedes que pasalo a formato .mp3
Para publicar o podcast no voso blog debedes aloxalo na nube en SoundCloud, Ivoox ou similar de xeito que o programa vos facilite o código "embed" para poder inserilo, xunto cun reproductor, no blog.
Aquí tedes un videotitorial sobre cómo aloxar un Podcast en Ivoox:
Como sempre, enviaredes ó AV, na tarefa correspondente, o enlace acortado á entrada do voso blog no que publicastes o podcast.
A duración da conversa será de 120 segundos (axustaredes o son de fondo e os diálogos a esta duración).
Traballaredes con varias pistas, cada unha cun fondo, conversación, etc. e logo, ó final, gárdase como arquivo único en .ogg.
Debedes empregar a seguinte estrutura para nomear os ficheiros:
finisterre_1314_0X_XX.ogg
posteriormente pasará a chamarse:
Proceso
- Comprobar que contamos co software Audacity instalado no ordenador.
- Visionar algún titorial de Audacity (presentación ou vídeo).
- Leer a conversa e planificar que fai de cada quen e que sons se poderían incorporar.
- Localizar nos distintos "Bancos de sons" os efectos a incorporar.
- Grabar as distintas "pistas" de audio.
- Mezclar e axustar ós 120 segundos de duración máxima da grabación.
- Gardar (Exportar se é o caso) en formato .ogg
- Transformar o arquivo .ogg en mp3. (Format Factory é unha opción, instalable ou portable).
- Dependendo da versión de Audacity instalada no teu equipo pode ser que cando teñas que "Exportar" a mp3 non podas, nese caso é porque non tes instalada a "librería LAME", eiquí tes un videotitorial de como solucionalo. Este camiño é o máis curto pero sempre podes exportar a ogg e logo empregar Format Factory ou similar para transformar o arquivo.
- Copiar o código "embed" e inserilo nunha entrada do voso blog (Edición HTML).
- Enviar ó AV o enlace acortado á entrada na que se publicou o podcast.
Cada grupo elaborará un único podcast aínda que deberá ser aloxado na nube individualmente e publicado no seu respectivo blog.
Recursos
Como documentación contades con enlaces ás seguintes páxinas:Texto da conversa:
Galegos versus Americanos (aloxado en Dropbox público)
Galegos versus Americanos (aloxado en Drive -pode non funcionar en Firefox-)
Introdución ós formatos de audio:
http://www.taringa.net/posts/info/6880016/Formatos-de-Audio-wav-midi-aac-wma-ogg-mp3.html
Todos os recursos musicáis que empregues deben estar licenciados para a súa reutilización, é dicir, deben contar (e tí comprobar) que teñen unha licencia Creative Commons (CC). Se cadra a mellor axuda sexa este breve artigo que poderíamos titular: Recursos sonoros CC, que son e onde atopalos.
Para esta e para outras tarefas sempre contarás con este repositorio de BANCOS DE RECURSOS GRATUITOS (sons, imaxes, vídeos, etc.).
Búsqueda de sons:
FindSounds. Aquí dentro se clicas en Español en lugar de introducir unha búsqueda podes ver todos os sons dispoñibles por categorías.
Sonidos Gratis é un banco de sons e audio público e gratuito de fala hispana.
Sound Jay é outra web que aloxa efectos de son gratuitos e ben clasificados ó igual que Royalty Free Music by Bensound.
Manual de Audacity en español:
http://www.slideshare.net/ramonovelar/tutorialaudacity
E para rematar un
Avaliación
Para a avaliación desta terefa fixarémonos nos seguintes aspectos (calificación sobre 100):- (20) Publicación da entrada co Podcast.
- (30) Edición da entrada no blog: título, texto introductorio, enlaces ós recursos empregados, opinións, etiquetado da entrada, etc.
- (20) Entonación americana e galega da conversa.
- (30) Presencia de efectos de fondo: vento, tronos, radio, etc.
Da distribución anterior dedúcese que o envío ó AV do arquivo en formato mp3 en lugar de publicado no blog tería unha calificación máxima de 50 puntos para o grupo.
IMPORTANTE: Nun determinado momento o fareiro di o seu nome, Juan Manuel Salas Alcántara, debedes facer unha modificación no texto de xeito que digades os vosos nomes (sen apelidos), deste xeito evitaremos a "copia" dos traballos.
Exemplos
Eiquí tedes dous exemplos dos cursos anteriores, un destaca pola entonación das personaxes e o outro polos efectos de fondo. Nestes exemplos o aloxamento e reproductor é IVOOX:Os reproductores poden ter outros usos, déixovos o enlace a un dos blogs de Angel no que emprega SounCloud como música ambiente mentres se lee o blog, neste caso soe colocarse o reproductor no bloque lateral de xeito que esté accesible dende calquera parte do sitio.
Envío da tarefa ó AV do curso
Clica na imaxe para enviar a túa tarefa realizada con Audacity.- Enviar ó AV o enlace acortado á entrada do teu blog onde teñas publicado o reprodutor xunto co texto explicativo da tarefa realizada (resume do traballo, fontes empregadas, opinión sobre a ferramenta, enlace ás fontes de sons CC empregadas, etc).