Edición Fotográfica con PickMonkey

Sitio: Aula virtual
Curso: Informática 4º ESO IESEBA 1314
Libro: Edición Fotográfica con PickMonkey
Impreso por: Invitado
Data: sábado, 23 de novembro de 2024, 10:05 PM

Descrición

Edición Fotográfica con PickMonkey

Introdución



Xa editaches unha imaxe allea e agora tócanos traballar con Produción Propia.

Achégase o Día dos Namorados ou de San Valentín, un día adicado desde non hai moito ás declaracións amorosas. 

Pero non sexamos simplistas nin entremos no xogo comercial que nos queren vender.

O importante non é o valor económico do agasallo 
senón a sorpresa, 
a creatividade, 
o feito de lembrarse, 
acertar e chegarlle ó corazón 
da persoa agasallada.

E tan certo como o parágrafo anterior é que o amor non é só o amor de parella, 
un bo amigo/a, 
un pai ou unha nai, 
un irmán ou irmá, 
os avós, 
aquel que o necesita, 
o mundo, 
a natureza, 
un canciño, 
..., 
non son merecedores dunha mostra de cariño?

O 14 de febreiro celebramos o día do AMOR. 
COMPÁRTEO CUNHA POSTAL

Tarefa

Esta tarefa consiste na publicación no voso blog dunha imaxe propia editada tamén por vós.

O motivo é o día de San Valentín ou dos namorados aínda que o tema xirará entorno ó amor en xeral.

Ademáis preténdese que vos acostumedes a valorar os dereitos de autor e as licencias Creative Commons. Se na anterior tarefa empregáchedes unha imaxe CC agora toca contribuir con unha polo que será importante que firmedes a vosa imaxe na parte inferior dereita do xeito CC-BY-NC-SA 4.0_nomeapelido polo que calquera podería empregala sen fins comerciais sempre que vos cite como autores da imaxe orixinal e a comparta do mesmo xeito.

A fonte de inspiración desta tarefa é este artigo de WWWhat`s New onde se presenta o recurso e se amosa un exemplo de elaboración.


Proceso

1. Elixe unha das túas fotos (realizada co móbil ou con cámara).

2. Aloxaa na mesma carpeta pública de Drive que empregache nas tarefas anteriores.

4. Emprega PicMonkey para:
  1. Aplicarlle un filtro.
  2. Inserir un texto creativo.
  3. Dado que a imaxe é túa debes indicar na parte inferior dereita da imaxe o seguinte texto CC-BY-NC-SA 4.0_nomeapelido. (Esta expresión indica Creative Commons, Recoñecemento, Non Comercial e Compartir Igual, é dicir, que calquera é libre de utilizala sempre e cando cite ao autor, non a empregue con fins comerciais e a comparta do mesmo xeito).

5. Garda a imaxe creada na mesma carpeta onde está a orixinal.
Os nomes das imaxes poden ser algo así:
pm_orixinal_nomeapelido
pm_modificado_nomeapelido

6. Publica as dúas imaxes (separadas ou formando un collage) no teu blog xunto cun texto explicativo do traballo realizado e que debe incluir, como mínimo, un enlace á fonte da imaxe orixinal e outro á carpeta pública onde están gardadas.

7. Envía ó Aula Virtual o enlace acortado á entrada do blog onde pubicaras esta tarefa (ver último capítulo deste Libro).



Se a imaxe é moi grande (máis calidade pero máis pesada) non terás problema para gardalas no teu Drive pero non poderás publicalas directamente no blog polo que será mellor que primeiro as promociones na Comunidade e logo as descarges desde ela para inserilas no blog.
¿Xa non lembras que Google reduce automáticamente as imaxes cando se suben á Comunidade?

Recursos

Dado que nesta tarefa o material de traballo ten que ser propio non te propoñemos máis que o enlace ó programa de edición PicMonkey lembrándote que non é necesario rexistrarse para editar a túa foto, eso sí terás que rematar antes de pechar o equipo xa que ao non estar rexistrado non se gardarán copias na nube para poder editalas con posterioridade.

Enlace a PicMonkey

Avaliación

Para a avaliación da primerira parte desta tarefa teranse en conta os seguintes aspectos:
  • Calidade da fotografía, orixinalidade, preparación da escena, etc.
  • Imaxe modificada que conteña un filtro, un texto creativo e a licencia CC na marxe inferior dereita.
  • Entrada do blog explicativa do traballo e do proceso que tamén incluirá:
    • Enlace á carpeta pública de Drive onde estean aloxadas as dúas imaxes publicadas na entrada.
    • Corrección ortográfica e de expresión.
  • Enlace acortado da entrada do blog onde se publique a tarefa enviado ó AV.
  • Puntualidade (criterio xeral do curso para os retrasos).

Para a segunda parte:
  • Promoción na Comunidade Inforeba1314, Publicación "PicMonkey", da vosa imaxe modificada indicando o nome da aplicación empregada.

Exemplos

Dado que o momento no que imos a traballar con PicMonkey non coincide co do ano pasado tampouco o fai a temática polo que xa podes imaxinar que non temos exemplos que imitar ainda que sí nos que te inspirar.

  • No curso pasado a temática era a do Maltrato á Muller ou Violencia de Xénero e debían editar unha foto allea aplicando filtros, introducindo texto e unha imaxe ou lazo morado.
  • A url da imaxe orixinal que tiñan que indicar na mesma sustitúese pola licencia CC e a obrigatoriedade de que as imaxen sexan vosas.

Sen máis aquí tedes:

daniel
Andrea
Arturo
Cora
andrea
xalo
irene
Sandra


Envío da tarefa ó AV do curso

Clica nas imaxes para enviar as túas tarefas.

Envío da Tarefa

  • Enviar ó AV o enlace acortado á entrada do teu blog onde teñas publicadas as imaxes (orixinal e modificada) xunto co texto explicativo da tarefa realizada (resume do traballo, aplicación empregada, opinión sobre a ferramenta,...). Valorarase positivamente que haxa enlaces.


     

Envío da Tarefa

  • Promociona a túa imaxe editada na Publicación "PicMonkey" da Comunidade "Inforeba1314" indicando no comentario o nome da aplicación empregada.
O máis sinxelo é que entredes na publicación e no cadro de texto para facer unha entrada cliquedes na icona da cámara fotográfica, subades a foto editada que teredes no ordenador e logo escribades no cadro de texto o nome da aplicación empregada.