A LITERATURA GALEGA DENDE AS ORIXES ATA O SÉCULO XIX

Sitio: Aula virtual
Curso: Lingua Galega
Libro: A LITERATURA GALEGA DENDE AS ORIXES ATA O SÉCULO XIX
Impreso por: Guest user
Data: venres, 23 de agosto de 2024, 07:13

Descrición

 DA LITERATURA MEDIEVAL Ó REXURDIMENTO

1. A LITERATURA MEDIEVAL

A LITERATURA MEDIEVAL

En conxunto, o século XII foi positivo para tódolos sectores sociais: a nobreza conserva o seu predominio económico e político; a burguesía, que experimentou un ascenso limitado (mais mantendo un apreciable poder municipal), medra e prospera; os labregos participan da auxe agrícola e económico en xeral, e coñecen unha situación desafogada. A prosperidade é nacional; é un século de expansión de Galicia.

Tal estado de cousas non deixa de reflectirse a nivel cultural e artístico. O florecemento da arte románica en Galicia, que se difunde desde o centro compostelán (pénsese nas Praterías e no Pórtico da Gloria) por todo o país (pénsese no Pórtico do Paraíso da catedral de Ourense), móstranos a maduración e o gran dinamismo da sociedade galega nesa centuria. Os seus logros artísticos poden ser incluídos, sen temor á esaxeración, entre as máis altas produccións da Humanidade.

E cabe dicir outro tanto da poesía lírica, que agora e na centuria seguinte encontra o seu esplendor. Debémola tanto á afluencia de peregrinos e comerciantes europeos, e en concreto provenzais (que tal vez aportan o xerme do seu estilo), como á plenitude da sociedade galega, que ten unha nobreza rica e ociosa que goza e paga poemas e

...

LÓPEZ CARREIRA, Historia de Galicia

1.1. Contexto histórico e lingüístico

ESPAÑA E GALICIA NA IDADE MEDIA




ACTIVIDADES
DESPOIS DE VER O VÍDEO ANTERIOR, FAI UN RESUMO NO QUE CONSTEN OS SEGUINTES DATOS: ¿QUE SÉCULOS ABRANGUE A IDADE MEDIA? ¿POR QUE RECIBE ESTE NOME? ¿COMO SE ORGANIZABA A SOCIEDADE? Ó FINAL DA IDADE MEDIA, ¿QUE NOVO GRUPO SOCIAL APARECE? ¿POR QUE SE DI QUE ERA UNHA SOCIEDADE TEOCÉNTRICA? ¿QUE DÚAS RELIXIÓNS MAIORITARIAS CONVIVÍAN NA PENÍNSULA? ¿QUE GUERRA TIVO LUGAR NO NOME DESAS DÚAS RELIXIÓNS? ¿QUE DIVERSIÓNS HABÍA? ¿CANDO APARECEN AS LINGUAS ROMANCES? ¿CALES SON AS PRIMEIRAS MANIFESTACIÓNS LITERARIAS DA PENÍNSULA CONSERVADAS?

AS ORIXES DA LINGUA E DA LITERATURA GALEGA







ACTIVIDADES

ELABORA UN RESUMO NO QUE TRATES ESTES DOUS TEMAS:

  • A ORIXE DA LINGUA GALEGA (DE QUE LINGUA PROVÉN? QUE OUTRAS LINGUAS CONTRIBUÍRON Á SÚA FORMACIÓN? CANDO SE PODE DICIR QUE APARECE O GALEGO NA FALA?...)
  • A ORIXE DA LITERATURA GALEGA (CALES SON OS PRIMEIROS TEXTOS? CANDO APARECEN? ...)

1.2. A poesía medieval


No contido, a cantiga de amor ten orixe.................................; é a imitación da canço, unha composición dos trobadores provenzais. Na forma, podía ser de......................., en tal caso estaría influída pola cantiga de amigo e tería orixe................................. ou de meestria, a máis valorada e tamén de orixe provenzal. Neste caso, as estrofas son de seis ou sete versos, e os seus recursos propios son: dobre, mordobre, fiinda e ata-fiinda. A cantiga de amor trata ........................................................................ Esta é apalabra distintiva deste tipo de cantiga. O falante desta cantiga é un nobre que se comporta, diante da muller amada, coma un..................................., reflitindo o ....................................... da sociedade. Os oíntes poden ser ......................................., que actúan de confidentes, ........................................, que actúan de responsables ou a propia................................... Esta, a protagonista é unha muller......................., ................................ e................................ O tema xeral é..........................., que sempre é espiritual. Os temas concretos son ........................ ou o sufrimento por ser un amor imposible, ................................................... e outros efectos dese sufrimento, ........................ como única saída, ................................, que é perfecta física e moralmente, ..........................................., pois ela é unha muller casada... Ó conxunto destes temas propios da cantiga de amor compoñen a teoría do amor cortés.

Coñecemos co nome de poesía galega medieval ou poesía galego-portuguesa medieval, a poesía composta durante a Idade Media no idioma de Galicia, no centro e no occidente peninsular, resultado da fusión dunha tradición autóctona con elementos importados da tradición provenzal:

E despois acharon esta arte maior que se chama a arte comun, penso, nos reinos de Galicia e Portugal, onde non é de dubidar que o exercicio destas ciencias é habitual más que en ningunhas outras rexións ou provincias de España, en tal grao que non hai moito calquera “dezidor” e trobador destas partes, tanto fose castelán, andaluz ou de Estremadura, tódalas súas obras compuña en lingua galega ou portuguesa. E aínda destes é certo que recibímo-los nomes da arte, así como meestría, maior e menor, encadeados, leixa-prem e mordobre.


Tradución dun fragmento da Carta-Prohemio al marqués de Portugal,
escrita polo Marqués de Santillana, Don Iñigo López de Mendoza (S. xv)

Os poemas desta época reciben o nome de CANTIGAS posto que foron compostos para ser cantados nos pazos, dado que pouca xente sabía ler e, ademais, a elaboración dos libros era moi custosa:

As mostras máis antigas que se conservan son do século XII e chegaron ata nós recollidas en libros que se coñecen co nome de cancioneiros. Neles aparecen os textos das cantigas e a súas notacións musicais:
- ...Un cantar está para ser cantado. Si lo escribes, la gente que lo lea en el futuro no conocerá la música, los gestos, la actuación... Un cantar no es sólo la letra. Poner por escrito algo que circula por el aire es como encerrar un pájaro silvestre en una jaula.
Laura Gallego, Finis Mundi

Na composición e representación das cantigas, interviña moita xente: o TROBADOR ou poeta, o XOGRAR ou recitador, o MENESTREL ou músico, a SOLDADEIRA ou bailarina e, por último, o MECENAS, que era o que, cos seus cartos, patrocinaba todas estas actividades (o rei Alfonso X de Castela e o rei Don Denís de Portugal foron os máis importantes).

As cantigas pertencen á POESÍA LÍRICA ou de sentimentos:

A lírica é un xénero literario no que predomina a expresión do sentimento subxectivo do poeta. A palabra que designa este xénero deriva da voz “lira” por ser este o instrumento máis habitual de que se acompañaban os poetas na Antigüidade. A poesía naceu, pois, para ser cantada e non para ser lida, tal como hoxe a concibimos. Os poetas, ademais, escenificaban as súas obras. Os textos da nosa lírica medieval que ata nós chegaron foron concibidos sobre unha triple base: o texto literario (que é o que nós analizamos), o texto musical (eran cantados) e a xestualización dramática (eran escenificados).

Literatura galega, 3º BUP. Ed. Anaya


Segundo o tema tratado, podían se RELIXIOSAS ou PROFANAS. As profanas divídense en xéneros menores, os menos cultivados, e maiores, os máis cultivados.
  • Dentro dos xéneros menores, podemos destacar a tenzon, que é unha cantiga na que dous trobadores discuten acerca do mesmo tema, a pastorela, que relata o encontro dun cabaleiro cunha pastor, e o pranto, un lamento poético pola morte dun rei...
  • Os xéneros maires son a cantiga de amigo, a cantiga de amor e a cantiga de escarnio e maldicir.


A CANTIGA DE AMIGO

Sedia-m'eu na ermida de San Simion,
e cercaron-mi as ondas, que grandes son.
...Eu atendend'o meu amigo!
...Eu atendend'o meu amigo!
Estando na ermida ant'o altar,
cercaron-mi as ondas grandes do mar.
...Eu atendend'o meu amigo!
...Eu atendend'o meu amigo!
E cercaron-mi as ondas, que grandes son;
non ei i barqueiro nen remador.
...Eu atendend'o meu amigo!
...Eu atendend'o meu amigo!
E cercaron-mi as ondas do alto mar;
non ei i barqueiro, nen sei remar.
...Eu atendend'o meu amigo!

...Eu atendend'o meu amigo!
Non ei i barqueiro nen remador:
morrerei, fremosa, no mar maior.
...Eu atendend'o meu amigo!
...Eu atendend'o meu amigo!
Non ei i barqueiro, nen sei remar:
morrerei, fremosa, no alto mar.
...Eu atendend'o meu amigo!
...Eu atendend'o meu amigo!

MEENDINHO

É unha cantiga que, inda que feita por un home, un trobador, a protagonista é unha muller de pobo que dá conta dos seus sentimentos amorosos cara ó seu AMIGO, á nai, ás amigas...

Na cantiga de amigo preténdese plasmar un AMOR REAL; así, a muller amosa a súa preocupación por non poder estar co amigo, ou fala dunha cita, moitas veces empregando símbolos, ou expresa a ledicia por ser amada...

A cantiga de amigo ten orixe autóctona, é dicir, naceu en Galicia, os trobadores inspiráronse en cancións que o pobo cantaba; isto explica, por unha banda, que estea ambientada en paisaxes galegas e, por outra banda, que a forma sexa moi repetitiva para facilitar a súa memorización.


A CANTIGA DE AMOR

A dona que eu am'e tenho por senhor
amostrade-mi-a, Deus, se vos em prazer for,
se nom dade-mi-a morte.

A que tenh'eu por lume d'estes olhos meus
e por que choram sempre, amostrade-mi-a, Deus,
se nom dade-mi-a morte.

Essa que vós fezestes melhor parecer
de quantas sei, ai Deus!, fazede-mi-a veer,
se nom dade-mi-a morte.

Ai, Deus! qui mi-a fezestes mais ca mim amar,
mostrade-mi-a u possa com ela falar,
se nom dade-mi-a morte.
BERNAL DE BONAVAL
É unha cantiga na que un home de clase alta, o trobador, dá conta dos seus sentimentos amorosos cara á súa SENHOR, unha muller de clase alta.

Na cantiga de amor plásmase un AMOR ESPIRITUAL e imposible; por iso, o tema sempre é a COITA do home, o sufrimento, porque nunca é correspondido pola muller amada porque ela está casada con outro, porque ela pertence a unha nobreza aínda máis elevada...

A cantiga de amor, a diferencia da cantiga de amigo, non ten orixe autóctona, os trobadores peninsulares imitan as cantigas que estaban a facer os trobadores provenzais, do Sur de Francia.


A CANTIGA DE ESCARNIO E MALDICIR


Ai, dona fea! Foste-vos queixar
que vos nunca louv'en meu trobar;

mas ora quero fazer um cantar
en que vos loarei toda via;
e vedes como vos quero loar:
dona fea, velha e sandia!

Ai, dona fea! Se Deus me pardon!
pois avedes [a] tan gran coraçon
que vos eu loe, en esta razon
vos quero já loar toda via;
e vedes qual será a loaçon:
dona fea, velha e sandia!

Dona fea, nunca vos eu loei
en meu trobar, pero muito trobei;
mais ora já un bon cantar farei,
en que vos loarei toda via;
e direi-vos como vos loarei:
dona fea, velha e sandia!
JOHAN GARCIA DE GUILHADE

É unha cantiga na que o trobador critica ou ridiculiza un individuo ( a unha soldadeira, a un crego...) , un feito ( a covardía de certos nobres...), un costume (os matrimonios desiguais) ... da época.

A cantiga satírica galego-portuguesa inspírase, por unha banda, nas cantigas satíricas que estaban a facer os trobadores provenzais e, por outra banda, nas cancións que o pobo xa facía aquí, sobre todo, na época do entroido.

OS XÉNEROS MENORES

As cantigas vistas ata agora (de amigo, de amor e de escarnio) foron as máis cultivadas, por iso se coñecen com xéneros maiores, pero hai máis, menos cultivadas, que se coñecen como xéneros menores; entre estas últimas, podemos destacar:

  • A TENZOM, desputa entre dous trobadores.
  • A PASTORELA, encontro dun cabaleiro cunha pastora.
  • O PRANTO, lamento pola morte dun rei, dun nobre...


AS CANTIGAS RELIXIOSAS, As Cantigas de Santa María

Entre Av’e Eva
gran departiment’ á.
Ca Eva nos tolleu
o Parais’e Deus,
Ave nos i meteu;
pro end’ amigos meus:
Entre Av’e Eva...

Son cantigas feitas en honor á Virxe, por trobadores, entre eles, Alfonso X, que tamén actuou como director e mecenas.

Dependendo do tema, clasifícanse en LÍRICAS, nas que o autor manifesta o seu amor e a súa devoción á virxe, e

, nas que o autor conta, ademais, algún milagre feito pola Virxe.

As Cantigas de Santa María teñen as súas orixes en lendas, en romances, en experiencias dos autores.


ACTIVIDADES
(Aquí vos deixo un enlace onde podedes ler e escoitar outras moitas cantigas)

1. CLASIFICA AS CANTIGAS QUE VEÑEN A CONTINUACIÓN ( SON PROFANAS OU RELIXIOSAS? PERTENCEN ÓS XÉNEROS MENORES OU MAIORES? DE QUE TIPO? DE QUE SUBTIPO?) E ARGUMENTA A SÚA CLASIFICACIÓN.

A. – Rodrigu’ Eanes, quería saber
de vós por que m’ides sempre travar
em meus cantares, ca sei bem trobar;
e a vós nunca vos vimos fazer
cantar d’amor nem d’amigo; e porem,
se querede-lo que eu faço bem
danar, terram-vos por sem-conhocer.

Lourenço, tu fazes i teu prazer
em te quereres tam muito loar,
ca nunca te vimos fazer cantar
que cho queira neno Demo dizer.
Com esso, dizes ar i unha rem:
que es omem mui comprido de sém
e bom meestr’e que sabes leer.

(...)


B. Amor, a ti me venh'ora queixar
de mia senhor, que te faz enviar
cada u dormio sempre m'espertar
e faz-me de gran coita sofredor.
Pois m'ela non quer veer nen falar,
que me queres, Amor?

Este queixume te venh'or dizer:
que me non queiras meu sono tolher
pola fremosa do bon parecer
que de matar home sempr'ha sabor.
Pois m'ela nëún ben quiso fazer,
que me queres, Amor?

Amor, castiga-te desto, por én
que me non tolhas meu sono por quen
me quis matar e me teve en desden
e de mia morte será pecador.
Pois m'ela nunca quiso fazer ben,
que me queres, Amor?

Amor, castiga-te desto, por tal
que me non tolhas meu sono por qual
me non faz ben e sol me faz gran mal
e mi o fará, desto son julgador.
Poi-lo seu ben cedo coita mi val,
que me queres, Amor?

FERNAND' ESQUIO

C. -Digades, filha, minha filha velida:
porque tardastes na fontana fría?

( -Os amores ei.)

-Digades, filha, minha filha louçana:
porque tardaste na fría fontana?

(-Os amores ei.)

-Tardei, mia madre, na fontana fría,
cervos do monte a augua volvían.

(-Os amores ei.)

-Tardei, mia madre, na fría fontana:
cervos do monte volvían a augua.

-(Os amores ei.)

-Mentir, mia filha, mentir por amigo:
Nunca vi cervo que volvess´ o rio.

-Os amores ei.

-Mentir, mina filha, mentir por amado:
Nunca vi cervo que volvess´o alto.

-Os amores ei.
PERO MEOGO

D. Esta é como Santa María livrou a abadessa prenhe, que adormecera ant’o seu altar chorando:

Santa Maria amar
dévemos muit’e rogar
Que a sa graça ponha
sobre nós, por que errar
nom nos faça, nem pecar,
o demo sem vergonha.

Porende vos contarei
dum miragre que achei
que por
þa badessa
fez a Madre do gram Rei,
ca per com’eu apres’ei
era-xa sua essa.
Mas o demo enartar-
-a foi, por que emprenhar-
-s’ouve dum de Bolonha,
home que de recadar
havia e de guardar,
seu feito e sa besonha.
Santa María amar...
ALFONSO X

2. DESPOIS DE INFORMARTE DAS CARACTERÍSTICAS DO GALEGO MEDIEVAL, BUSCA EXEMPLOS DELAS NAS CANTIGAS ANTERIORES.

3. NO ENLACE ANTERIOR, ESCOLLE UNHA CANTIGA E INDICA DE QUE TIPO É XUSTIFICANDO A TÚA RESPOSTA, RESUME O SEU ARGUMENTO E INDICA OS SEUS TEMAS.

3. NA FORMA DAS CANTIGAS ANTERIORES PERCÍBESE O SEU CARÁCTER REPETITIVO, QUE FINALIDADES PODÍA TER?
MARCA NA PRIMEIRA CANTIGA O REFRÁN, O PARALELISMO E O LEIXA-PREM, TENDO EN CONTA:

  • O REFRÁN É UN OU MÁIS VERSOS QUE SE REPITEN EN TODAS AS ESTROFAS.
  • O PARALELISMO CONSISTE EN QUE OS VERSOS DA PRIMEIRA ESTROFA (DEIXANDO FÓRA O REFRÁN) PARÉCENSE MOITO ÓS DA SEGUNDA; OS DA TERCEIRA, ÓS DA CUARTA E ASÍ SUCESIVAMENTE (SÓ VARÍA A PARTE FINAL DOS VERSOS, A ORDE DAS PALABRAS...)
  • O LEIXA-PREM É UN VERSO QUE SE REPITE EN ESTROFAS ALTERNAS.

4. ELABORA TI UNHA CANTIGA QUE TEÑA OS RECURSOS ANTERIORES.

5. DENDE O PUNTO DE VISTA DA FORMA, AS CANTIGAS PODÍAN SER DE REFRÁN (COMO XA VIMOS) OU DE MEESTRIA, MÁIS VALORADA E MÁIS CULTA. A CANTIGA DE MEESTRÍA QUE SE CARACTERIZA POR NON TER REFRÁN, AS ESTROFAS SON DE SEIS OU SETE VERSOS E OS SEUS RECURSOS TÍPICOS SON O DOBRE, O MORDOBRE, A FIINDA E A ATA- FIINDA. BUSCA INFORMACIÓN SOBRE ESTES RECURSOS E EXPLÍCAOS BREVEMENTE.

1.3. A prosa medieval

Despois das cantigas, compuxéronse libros en prosa, de contido non literario (xurídicos, históricos...) e literario. Dentro destes últimos cultiváronse os temas que estaban de moda en toda Europa: a historia do rei Artur (en A demanda do Santo Graal), a guerra e a destrución de Troia (en A crónica troiana) e as historias de Carlomagno e Santiago Apóstolo (en Os miragres de Santiago).

Estas historias, que veñen de tan antigo e que tiveron tanto éxito, na Idade Media, seguen tendo moita vixencia. Velaquí dous fragmentos de dúas películas que veñen a demostralo.







ACTIVIDADES

1. BUSCA INFORMACIÓN E FAI UN PEQUENO RESUMO SOBRE A HISTORIA ARTÚRICA E OUTRO SOBRE A HISTORIA TROIANA.
2. INDICA O TEMA DO TEXTO QUE SEGUE:

Porque os bretóns, vencidos e sometidos como pobo, nunca deixaron a parte nin abandonaron (ninguén llelo pedira – ¡ou, estupidez anglosaxona! –) a súa fantasía e imaxinación desbordadas. E con estas armas, que se mantiñan ocultas para os ollos e o entendemento dos vencedores, urdiron e argallaron a súa máis cumprida e refinada vinganza.
Peregrinaron para iso ó val umbroso e neboento das súas máis remotas lembranzas e comezaron a recuperación -paulatina, vaga pero interminable – dos nomes dos seus probables xefes de antano, as máis verosímiles datas dos combates que libraron – mesmo os de menos sona- e o suposto ou real perfil das súas máis gloriosas xestas. E moi axiña os seus "conteors", trobeiros e arpistas comezaron a contalo en esgotadoras vixilias...
¿Que xestas? Todas; xaora: As reais e as inventadas, as certas e as incertas, as de antano e as de onte, todas xuntas, desde que o neto dun troiano chegara cos seus homes á deserta illa de Albión -só poboada daquela por algúns xigantes sen importancia- ata que os herdeiros do Rei Artur, moitos anos despois, guindaron na noite dos tempos todo un imperio de glorias e sabedoría hogano inimaxinables. É dicir todas as historias do mundo. E todas, as propias e as alleas, convertidas en bretonas para sempre... ¿Ou é que alguén ía atreverse cunha negación que tampouco podían probar? Os grandes baleiros que impedían afirmar a realidade eran os mesmos que impedían negar a súa existencia.

Irmán rei Artur, Carlos Reigosa


3. LE ATENTAMENTE ESTE FRAGMENTO E INDICA A QUE OBRA MEDIEVAL PERTENCE XUSTIFICANDO A TÚA RESPOSTA:

De como Helena facia dó por Paris.

E eu sõo aquela que nunca pensei vilania contra vós, nem cobiço outra cousa senom que a minha alma caa com a vossa. E por ende rogo á morte que lhe praza de a enviar pus ela moi cedo, ca os meus desejos estes som. Ai, morte! Por Deus, nom me tardes e segerei o meu mui leal amigo, ca ja moito tardei e fige mal e torto. Ai, meu amigo bõo e leal! Asperade-me atá que eu possa chegar a vós, e beijar-vos-ei o rostro e a boca, e des i ir-m-ei convosco, se poder. E bem certa sõo que poderei, se me a morte nom me fezer torto, que ja nom sinto em mim sinhal ninhum como eu possa viver, pois que vós nom vivedes.


1.4. Exercicios e lecturas recomendadas


REPASO XERAL DA LITERATURA MEDIEVAL
  • Os primeiros textos da literatura galega foron compostos na Idade Media, época que vai do século..........., cando se produce......................................................, ata o século.........., cando se produce..................................................................................Os textos máis antigos conservados son do século.............

  • Os textos están compostos en galego medieval, tamén chamado..........................................., porque era alingua de........................................... Algunhas características deste idioma son: ...................................................................

  • Como en todas as literaturas, os textos máis antigos son................................, en concreto, son............................, porque foron feitos nunha época de gran analfabetismo e na que a elaboración dos libros era moi custosa. Os libros nos que, máis tarde, se recolleron son chamados ..............................................

  • As cantigas foron feitas para representar nos.................... Na súa elaboración e representación, interviñan: ........................... ou compositor, ................................. ou cantante, ...................... ou músico, a .................................. ou bailarina e .............................ou patrocinador. Os grandes patrocinadores foron........................... e................................. Con eles, esta literatura acada o seu máximo esplendor.

  • As cantigas pertencen ó xénero................................ ou de expresión de sentimentos, e clasifícanse en ................................, que tratan temas deste mundo, ou relixiosas. Estas últimas foron feitas para honrar á Virxe, baixo a dirección do rei.............................. Son coñecidas co nome de.................................... e poden ser de dous tipos: ....................., nas que o trobador expón os seus sentimentos cara á Virxe, ou ......................., nas que narra os seus milagres.

  • As cantigas profanas clasifícanse en............................................, os máis cultivados e..............................................., os menos cultivados. Ós primeiros pertencen.................................., ...........................................e .......................................Ós segundos pertencen........................, que narra o encontro dun cabaleiro cunha "pastor", ........................., que expresan a pena por un rei..., morto e a louvanza do seu sucesor, e......................., na que discuten dous trobadores acerca do mesmo tema.

  • A cantiga de amigo ten orixe ............................... e, nela, ......................................................................................
    Dependendo do tema e do escenario, hai varios tipos: .................................................

  • A cantiga de amor ten orixe.................................. e, nela, .......................................................................................
    ......................................................................................................................................... Os temas máis frecuentes son...................................................

  • A cantiga de escarnio e maldicir ten orixe............................. e ..............................., e, nela,............................................. Dependendo da crítica, hai varios tipos:................................................................................ Dependendo da forma de criticar, distinguíase entre..........................., a que facía a crítica encuberta, e............................., a que facía a crítica descuberta.

  • As estrofas das cantigas podían ser de dous tipos: ............................., de orixe....................... e de ........................................., de orixe provenzal. Do primeiro tipo, eran propios estes recursos:................................. Do segundo tipo, eran propios estoutros: ........................................

  • Despois das cantigas, aparecen os textos literarios en prosa. Os que conservamos xiran arredor de tres temas: o tema.........................., o tema........................ e o tema...........................

  • Do único xénero do que non temos mostras na literatura galega medieval é do.........................

UN encrucillado CO QUE PODEDES REPASAR A LITERATURA MEDIEVAL.

LECTURAS RECOMENDADAS:
  • Finis mundi, Laura Gallego
  • Unha primavera para Aldara, Teresa Moure
  • Irmán rei Artur, Carlos Reigosa

2. A LITERATURA DOS SÉCULOS ESCUROS

1. O GALEGO: DE LINGUA MAIORIZADA A LINGUA MINORIZADA


2. GALICIA, O GALEGO E A SÚA LITERATURA NA IDADE MODERNA

Déixovos unha PRESENTACIÓN deste tema.

Velaquí o texto no que se desenvolve a presentación anterior:

Galicia vive unha etapa de gran miseria: A emigración a Castela ou a Portugal era a única saída; os nosos emigrantes, coma todos os emigrantes, son menosprezados: Antes puto que gallego.

O control dos nobres galegos máis poderosos por parte dos Reis Católicos foi absoluto: Obrigados por forza a ir á guerra de Granada ou a se trasladar á corte, as súas posesións foron ocupadas por outros leais á causa. Se algún se resistía, pagaba coa vida. ( MANUEL FERREIRO)

A nova lingua da Igrexa é o castelán: O Concilio de Trento (1563) manda que expliquen o senso do que se fai e di en forma que a xente o entenda, incluso na lingua vernácula. En Galicia, en cambio, esta foi unha ocasión perdida. O clero galego decidiu que a lingua vernácula de Galicia naquel século XVI era o castelán. XESÚS FERRO RUIBAL, A lingua galega na igrexa

A escola é en castelán: (...) en las escuelas de primeras letras y de gramática no se permitan libros en lengua catalana, escribir ni hablar en ella dentro de las escuelas i que la Doctrina cristiana sea y que la aprenda en castellano. FELIPE V, Decreto de Nueva Planta, 1707.

No s. XVIII, os ilustrados denuncian a mala situación que está a pasar Galicia:

Es hermosa mi huerta y fértil, pero
viene la oruga, cómela y la afea;
por bien abastecido que lo vea,
viene el ratón y estrágame el granero,
muy poblada mi viña considero,
viene el marrano vil y la estropea:
gallinas y sustancia hay en mi aldea
viena y la rapa el zorro trapacero”.
DIEGO DE CERNADAS

Os ilustrados tamén denuncian a diglosia que veu substituír o monolingüismo: No pocas veces he pensado en cual ha sido la causa de que en Galicia se haya introducido el uso o abuso de escribir en castellano lo que antes se escribía o en latín o en gallego (...). La respuesta es tan patente que Galicia llora y llorará siempre. No los gallegos, sino los no gallegos, que a los principios del siglo XVI inundaron el Reino de Galicia, no para cultivar sus tierras, sino para hacerse carne y sangre de los mejores. FREI MARTÍN SARMIENTO

Non hai mecenas galegos, polo tanto hai moi pouca creación literaria: Debe quedar claro que non existiu nengunha incapacidade especial do pobo galego para desenvolver unha literatura escrita no ciclo médio. As condicións sociopolíticas e culturais non permitiron outra cousa. MANUEL FERREIRO

Séguese a cultivar a literatura popular, como o romance do que forma parte este fragmento, no que se idealiza a figura do nobre galego Pardo de Cela executado por rebelarse contra os Reis Católicos:

Por treiçón tamén vendido
Xesús noso Redentor,
e por aquestes tredores
Pedro Pardo, meu señor.
(...)

Tamén se compoñen panxoliñas galeguizadas:

Ai, se noso Deus
galego se faz,
vamos a cantar
a chouciña en que naz!

Todo galeguiño
toque churumbela,
que o neniño belo
é da nosa terra.
(...)
ANÓNIMO

E aparece a primeira mostra de teatro galego conservada, o "Entremés famoso sobre a pesca no río Miño"; velaquí un fragmento do final:

Meu quirido, meu mimo, meu morgado,
meo ouro fino, meu mui doce amado,
meu espelho, meu gosto, meu contento,
meu bem, em que eu tinha o pensamento.
Que anamigo raivoso te matou
e de joia tão bela me privou?
(...)

Entre o esplendor do ciclo antigo da literatura galega e a esperanza espertada polo ciclo moderno que aínda estamos a vivir, apareceron os chamados “Séculos escuros” da nosa história literaria. MANUEL FERREIRO

3. A LITERATURA DO REXURDIMENTO

Déixovos unha presentación coa que podedes preparar a situación de Galicia, do galego e da súa literatura no século XIX.

A continuación, tedes o texto no que está baseada a presentación anterior:

GALICIA, O GALEGO E A SÚA LITERATURA NO SÉCULO XIX

O pobo pasa fame:comen carne as clases acomodadas e as outras, que forman a maior parte dos habitantes de Galicia, viven con legumes e pouco pan.(La nación)

Moitos emigran buscando unha vida mellor, pero...: En agosto terían arribado uns 1700, pero ata decembro morreran 500; toda a súa culpa foi pedir pan para non morrer de fame e, querendo a empresa castigalos, mandaron encerralos, con grillós, estando espidos e descalzos, alimentados con carne descomposta...(Carta ó ministro de estado de Isabel II)

A escola é en castelán: Los maestros y maestras que enseñasen a sus alumnos en otro idioma o dialecto que no sea el castellano, serán castigados. (Real Decreto, 1902)

Algúns intelectuais "tolos" intentan facer do galego unha lingua literaria: El gallego no lo hablan los que lo escriben. (Emilia Pardo Bazán)

Os galeguistas intentan enorgullecer ós galegos: Es galego? Si, pola miña fortuna.Ese nome de galego de quen o recibiches? Da miña nai Galicia, que é a terra máis fermosa de tódalas terras de España. (Catecismo de Solidariedade Galega)

NO SÉCULO XIX PRODÚCESE O REXURDIMENTO, movemento de recuperación da literatura galega que marca o inicio da Literatura Galega Contemporánea.

A literatura do Rexurdimento caracterízase por ser unha literatura comprometida co País, por ser, case na súa totalidade poética e por ter vulgarismos, castelanismos e dialectalismos.

O Rexurdimento prodúcese grazas a que o galego seguía a ser a lingua maioritaria, á defensa que os Ilustrados fixeran no XVIII, ós galeguistas, que ven na lingua o principal sinal de identidade e á necesidade de convencer ós galegos para participar na Guerra da Independencia.

O Rexurdimento está emparentado cos movementos europeos da época: do Romanticismo, toma a defensa dos marxinados e do Realismo, toma a idea de que a arte é útil para cambiar a realidade, tema principal dos seus escritos.

No primeiro terzo do XIX, aparecen textos illados que defenden ou denuncian algún feito da época: As leis inxustas e feras/que a tiranía inventou/non as queremos, nin menos/queremos a Inquisición. (Anónimo)

No segundo terzo do XIX aparecen os primeiros libros, con forte compromiso galeguista: Xa hai tempo que estou eu o Gaiteiro falando só, e dicindo para min: Que terá, Señor, esta fala gallega para ser tan refugada aínda polos mesmos fillos de Galicia? (X.M.PINTOS, A gaita gallega).

No terceiro terzo do XIX aparece os libros dos tres grandes escritores: Rosalía, Pondal e Curros Enríquez. É o Rexurdimento pleno.

ACTIVIDADES
ELABORA UN ESQUEMA ACERCA DO SÉCULO XIX, COS SEGUINTES APARTADOS:

  • A SITUACIÓN DE GALICIA
  • A SITUACIÓN DO GALEGO
  • A SITUACIÓN DA LITERATURA: MOVEMENTO LITERARIO
    • DEFINICIÓN
    • CARACTERÍSTICAS
    • CAUSAS
    • INFLUENCIAS
    • ETAPAS E CARACTERÍSTICAS



3.1. Rosalía de Castro


http://madridpress.com/upload/img/periodico/img_34755.jpg


1. Déixovos unha PRESENTACIÓN acerca da vida e da obra desta escritora.

2. A continuación, déixovos o texto no que se basea a presentación anterior.

Das principais figuras do Rexurdimento, a figura máis mitificada foi Rosalía, porque foi a autora da primeira obra maestra escrita en galego, Cantares Gallegos, e porque foi a voz da Galicia marxinada que seguía falando galego.

No ano 1837 nace en Santiago de Compostela María Rosalía Rita, filla da fidalga María Teresa de la Cruz de Castro e do seminarista, despois crego, José Martínez Viojo.

Nos primeiros anos da súa vida, e debido ás circunstancias do seu nacemento, vive ó cargo dunha tía paterna, primeiro no val de Ortoño e despois en Padrón, onde entra en contacto coas xentes do campo e, conseguintemente, onde toma conciencia da marxinación e da opresión que padecían.

No 1854, xa vivindo coa súa nai, trasládase a Santiago; alí, probablemente estuda música e debuxo e ponse en contacto coa intelectualidade galega do momento. Tres anos máis tarde marcha para Madrid, vila na que publica o seu primeiro libro, un libro de poemas titulado La flor.

No 1858, Rosalía casa con Manuel Murguía con quen reside en diferentes partes da península; e é nesta situación, fóra de Galicia, cando se decide a escribir en galego, levada pola morriña e polo desexo de demostrar que a súa terra é digna de louvanzas e que a súa fala non é ese dialecto bárbaro que cren coñecer os que nos aldraxan; e xorde así Cantares gallegos.

Nos trinta e seis poemas que compoñen o libro, falan diferentes personaxes galegas, acerca dos seus amores, dos seus costumes..., das súas mágoas ante os males sociais padecidos como é a emigración:

; adiós, fontes;/adiós, regatos pequenos;/adiós, vista dos meus ollos;/non sei cándo nos veremos

No tempo que transcorre ata a publicación do segundo libro en galego, Follas novas, hai que destacar a publicación doutros dous libros escritos en castelán, Ruinas (1868) e El caballero de las botas azules (1867). E, xa nun plano persoal, hai que destacar a morte da súa nai e de varios dos seus fillos; a de Adriano relátanola ela mesma: ...y mientras silenciosa/lloraba yo y gemía/mi niño tierna rosa/durmiendo se moría.

Follas novas sae á luz no 1880. Os poemas aparecen distribuídos, segundo a temática, en cinco partes: Vaquedás, Do Íntimo, Varia, Da terra, As viudas dos vivos e as viudas dos mortos.

Nas partes I e II Rosalía relega a un segundo plano a poesía popular e trata das interferencias entre a vida e a poesía e fai unha reflexión angustiada e pesimista acerca da existencia humana: Follas novas!, risa dá-me/ese nome que levás,/cal si a unha moura ben moura,/branca lle oise chamar./Non Follas novas; ramallo/de toxos e silvas sos:/hirtas, como as miñas penas;/feras, como a miña dor.

Nas partes IV e V Rosalía denuncia a miseria da xentes do campo e a súa inxusta consecuencia, a emigración, que fai das mulleres galegas Viúdas dos vivos e viúdas dos mortos, porque os homes que non morren están igual lonxe delas: Éste vaise i aquél vaise,/e todos, todos se van./Galicia, sin homes quedas/que te poidan traballar./tes, en cambio, orfos e orfas/e campos de soledad,/e nais que non teñen fillos/e fillos que non tèn pais./E tes corazóns que sufren/longas ausencias mortás,/viudas de vivos e mortos/que ninguén consolará.

Na parte III, “Varía”, como indica xa o seu nome, hai poemas de temática moi variada: Decides que o matrimónio/é santo e bueno. Será-io;/mais non casou San António,/por máis que o mismo demónio/tentou-no a facé-lo ensaio.

Ademais dos dous libros de poemas comentados, Rosalía escribe un Conto gallego, pero decide non escribir máis en galego porque, segundo as súas propias palabras, non quere incordiar máis ós seus paisanos que non sempre recibiron con gratitude as súas verbas.

No ano 1884 escribe Rosalía o seu último libro, un libro de poemas xa en castelán, En las orillas del Sar, e un ano despois, no 1885, morre na súa casa de Matanza en Padrón na miseira, no abandono e no silencio, só roto pola axuda dos emigrantes.

Foi un atrevemento que unha muller escribise, maior atrevemento aínda foi que o fixese en galego, e xa foi imperdoable que unha muller e en galego tratase temas existenciais, tal e como nos di Curros: A musa dos pobos/que vin pasar eu,/comesta dos lobos,/comesta se veu.../Os ósos son dela/que vedes gardar/¡Ai, dos que levan na fronte unha estrela!/¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

ROSALÍA DE CASTRO (1837-1885)
Aínda non lles está permitido ás mulleres escribir o que senten e o que saben.


 A continuación un vídeo, que che dará unha idea do alcance desta escritora:

Tamén vos deixo uns vídeos feitos a partir de cinco poemas da autora por se vos animades a facer un traballo sobre algún deles.

3.2. Manuel Curros Enríquez


Manuel Curros Enríquez nace en Celanova, 0urense, no 1851. Alí vive ata que, con catorce anos, debido ós frecuentes enfrontamentos con seu pai decide irse a vivir a Madrid, onde estudiará -baixo protección dun veciño- e máis tarde traballará de xornalista.

De Madrid -e despois de pasar un ano de exilio en Londres por mor dun artigo político-volve a Ourense, onde se establece despois de gañar un concurso literario. Este feito anímao a publicar no 1880 o seu primeiro libro en galego, Aires da miña terra, que, formado por poemas cívicos, costumistas e intimistas, supón a súa definitiva consagración como poeta.

Do pouco que levamos visto da súa vida, xa podemos albiscar en Curros un carácter rebelde que fai del un poeta eminentemente cívico, pois, na súa creación, como na súa vida, parte do presuposto de que o poeta ten unha misión ética e social: a poesía é para Curros unha arma para propagar unha mensaxe que abra os ollos ó pobo e que denuncie as inxustizas da sociedade, tal e como queda patente no seu poema Crebar as liras:

Non. Feita está a pormesa

i é menester cumprila.

A patria morre. Malia

o fillo que a non mira!

E malia quen lle negue,

por tedio ou cobardia,

os himnos que a amortaxen,

o sangue que a redima!

(...)

Non a crebés, poetas!

templai-na en ódeo, en ira,

hastra que dela saian

as esplosiós das minas,

hastra que cada nota

como unha espada fira,

como un andácio barra

as vellas teogonias.

Gustoso esnaquizara

e resinado a miña,

si neso do meu pobo

a sorte consistira;

mais, mentres orfo e triste

os meus consolos pida,

creba-la...¡ na tua testa

tan solo, tirania!

Tal e como dixemos, Curros escribe tamén poesía costumista, pero despois do visto, sobra dicir que el nunca foi un verdadeiro poeta costumista, á súa preocupacion ideolóxica estórballe a enxebre e desinteresada preocupación do vivir aldeán; de aí que toda a súa creación, deste tipo, se reduza ós tres poemas cos que gañou o certame poético de Ourense: Con Unha boda en Einibo gañou Curros o apartado do concuso que versaba en torno a un costume galego; con A Virxe do cristal gañou o que versaba en torno a unha lenda, e con O gueiteiro, gañou Curros o apartado adicado ó retrato dun tipo galego.

Da poesía intimista pensa Curros que es una forma egoista y el poeta más que nadie se debe a la humanidad y al mundo que le rodea” de aí que só se permitise escribir poemas deste tipo en moi contadas ocasións, para plasmar o seu desengano, a súa desolación, a súa anguria e pesimismo ante determinadas circunstancias da súa vida, a morte de Rosalía, da súa nai, ou do seu fillo:

¡Ai!...

¿Como foi?...-eu topábame fóra
cando as negras vixigas lle deron;
polo aramio súa nai avisoume
i eu vinme correndo.

¡Coitadiño! Sintindo os meus pasos
revolveu cara a min os seus ollos
Non me viu... e chorou..., ¡ai! xa os tiña
ceguiños de todo.

No me acordo qué tempo me estiven
sobre o berce de dor debruzado;
sólo sei que me erguín co meu neno
sin vida nos brazos...

Bolboreta de aliñas douradas
que te pousas no berce baleiro,
pois por el me perguntas, xa sabes
qué foi do meu neno.


Así pois, a poesía é, para Curros, un vehículo para a transmisión das súas ideas, pero ¿cales son as súas ideas?

Curros pensaba que as únicas saídas para acabar coas inxustizas do presente, eran a democracia e o progreso. Segundo el, a democracia e o progreso traerían a unidade dos pobos nun estado universal cun idioma tamén universal e aquí residiría a harmonía desexada. Esta idea chocaba co seu galeguismo, e así xorde no poeta un conflicto ó intentar conciliar esa crenza no estado e na lingua universal e o seu sentimento, natural e involuntario, que o unía á súa terra, Galicia, e á súa lingua, o galego. Curros pretende xustificar o feito de escoller o galego como a lingua da súa escrita dicindo que esta será a lingua universal pero, quizais porque se deu de conta da inconsistencia racional deste argumento, acaba por concluír que escolle esta lingua por lazos afectivos, porque foi a lingua dos seus antepasados, en definitiva a lingua das súas raíces; e a partir de aquí, Curros eríxese como o bardo e o profeta do pobo galego. Este conflicto queda patente na Introducción de Aires da mina Terra:

Como paran no mar todos os ríos,

como os raios do sol paran nun centro,

todas as lénguas han de parar nunha,

que hemos de falar todos, tarde ou cedo.

Por que botar ó púbrico este libro

si a división dialéutica condeno?,

diredes, con razón, os que leades,

si as ledes, estás páxinas? Direivolo:

Cando todas as lenguas o fin topen

que marca a todo o providente dedo,

e cos vellos idiomas estinguidos

sola unha fala uníversal formemos,

esa fala pulida, idioma úneco,

máis que hoxe enriquecido, e máis pefeuto,

resume das palabras máis sonoras

que aquelas nos deixaran como herdo;

ese idioma, compendio dos idiomas,

como onha serenata pracenteiro,

como onha noite de luar docísimo,

será -¿que outro sinón?- será o gallego.

Fala da miña nai, fala armoñosa,

en que o rogo dos tristes rube ó ceo

i en que decende a prácida esperanza

ós afogados e doridos peitos,

No teu nome, por terras e por mares

ofercerei paz e salú ós enfermos,

falarei-lles da pátria ós desterrados,

de libertade e redención ós servos.

Anunciarei o dia do teu trunfo

por cibdades e vilas e desertos,

e si por te anunciar me apedrearen,

inda ó morrer te mentarán meus beizos!

Despois desta explicación, comeza a louvar o progreso:

NA CHEGADA A OURENSE DA PRIMEIRA LOCOMOTORA


Vela aí vén, vela aí vén avantando

cómaros e corgas, e vales, e cerros.

¡Vinde vela, mociños e mozas!

¡Saludaina, rapaces e vellos!

Por onde ela pasa

fecunda os terreos,

frolecen os eidos

Vela aí vén, vela aí vén tan houpada,

tan milagrosiña, con paso tan meigo,

que parece unha Nosa-Señora

unha Nosa-Señora de ferro.

Tras dela non veñen

abades nin cregos;

mais vén a fartura

¡i a luz i o progreso!

E, despois de falar da necesidade de que todos os galegos se unan para acabar coas inxustizas, comeza a criticar os males que aqueixaban a nosa sociedade, a miseria, a emigración, o escurantismo, o clero:

MlRANDO Ó CHAU

Dios, non atopando

cousa en qué entreterse,

farto de estar solo

cavilando sempre

en forxar cadeas,

traballos e pestes;

a razón buscando

i a causa en que pende

que tan poucas almas

polas portas lle entren,

do seu paradiso

deixando os verxeles,

saleu de apaseo

certa mañá quente,

do reuma e da gota

por esparexerse.

Como é xa velliño

i o coitado vese

tocante á saúde

moi pouco valente,

cansouse ós dous pasos;

mais como alí a rentes

topase un asento,

sentouse, i alegre,

por cima das nubes

asomando a frente

i a terra buscando

cos ollos celestes,

-¡Carápesta!- dixo

falando entre dentes-;

Si dou coese mundo,

que o demo me leve.

Debeu de atopalo

si o conto non mente,

porque el dalí a pouco

quedou como a neve,

cos ollos cravados

que espantan e feren,

nun bulto que iñoro

si é de home ou de verme

Mirouno dispacio

e viu que era un ventre

coas sedas vestido

máis ricas de Oriente

Nun solio sentado

que envidian os reises,

i en capa revolto

de tépedas peles,

ceibando saudabres

arrotos de enchente,

da terra, súa escrava,

recolle os presentes;

e si hai algún louco

que, probe ou rebelde,

diñeiro non teña

i a darllo se negue,

o ventre que, mudo,

falar sabe ás veces,

con solo que diga:

"¡Pauliña no herexe!',

o herexe é borrado

da lista da xente.

Mirando este monstro,

Dios dixo entre dentes:

-¡Bah, bah!... Si "tu es Petrus",

que o demo me leve.

Este e outros poemas da obra tremendamente críticos coa Igrexa, provocan a súa excomuñón, o seu procesamento e o conseguinte cese no seu traballo de funcionario, que o leva a abandonar Ourense e volver a Madrid. E aí, no 1888 -máis inconformista e crítico, se cabe, e xa moi afastado da Igrexa católica, por todo o que viña de pasar- escribe o seu segundo libro, O divino sainete, parodia da Divina Comedia, no que aproveita para arremeter contra os seus inimigos, encarnación dos vicios humanos que el quere criticar, nas claves de humor pesimista e sarcástico da nosa terra.

Co motivo do xubileo do Papa León XIIl, Curros decide -na súa obra- ir a Roma en peregrinación para redimir os seus pecados... Esta viaxe realízaa da man de Francisco Añón, escritor ó que atopara ó mando do Santa Compaña, nun tren, no que atopará ó bispo de Ourense, a Emilia Pardo Bazán, a beatos, a editores...que van encarnar os sete pecados capitais. Chegados a Roma, Curros e Añón acoden á misa do Vaticano; unha vez alí, Curros, non soportando a hipocresía dun Papa que predica a humildade mentres el se rodea dunha parafernalia de luxo, chámalle a León XlIl farsante, o Papa escoita estas palabras e convida a Curros e a Añón a xantar. No xantar Curros aconsella a León XlIl que renuncie a todas as súas riquezas, o Papa promételle facelo e vivir de caridade, pero sobre todo isto, Añón escéptico, opina:

¡Nunca se compren
os programas liberais!

Despois deste segundo e último libro, desgustos profesionais e familiares lévano a residir deixando de lado unha breve estadía en Madrid na que ninguén lle ofrece traballo- en Cuba, onde morre no 1.908.

O seu corpo trasládase á Coruña onde é enterrado, acompañado, unha vez máis, de gran polémica: se a oficialidade optou polo enterro católico, a oposición non deixou de reivindicar o seu carácter laico e libre pensador.


Déixovos o enlace a algunhas cancións feitas a partir de poemas de Curros Enríquez.

Se queredes, escolledes un (se coñecedes vós outro que vos apeteza máis, adiante) e facedes un traballo sobre el.

Déixovos, a continuación, as letras dos poemas que vides de escoitar e dalgún outro máis:

I

No xardín unha noite sentada
ó refrexo do branco luar,
unha nena choraba sin trégolas
os desdés dun ingrato galán.
I a coitada entre queixas decía:
"Xa no mundo non teño ninguén,
vou morrer e non ven os meus ollos
os olliños do meu doce ben".
Os seus ecos de malenconía
camiñaban nas alas do vento,
i o lamento
repetía:
"¡Vou morrer e non ven ó meu ben!"

Lonxe dela, de pé sobre a popa
dun aleve negreiro vapor,
emigrado, camiño de América
vai o probe, infelís amador
I ó mirar as xentís anduriñas
cara a terra que deixa cruzar:
"Quen pudera dar volta -pensaba-,
quen pudera convosco voar!..."
Mais as aves i o buque fuxían
sin ouír seus amargos lamentos;
sólo os ventos repetían:
"¡Quen pudera convosco voar!"
Noites craras, de aromas e lúa,
desde entón ¡que tristeza en vós hai
prós que viron chorar unha nena,
prós que viron un barco marchar!...
Dun amor celestial, verdadeiro,
quedou sólo, de bágoas a proba,
unha cova
nun outeiro
i on cadavre no fondo do mar.

II

Ahi ven o maio
de frores cuberto
puxeronse a porta
cantandome os nenos
os puchos furados
pra min extendendo
pedironme crocas
dos meus castiñeiros

Pasai rapaciños
calados e credos
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño
eu sonvos o probe:
o povo galego
pra min non hai maio,
pra min sempre é inverno
.

Cando eu me atopare
de donos liberto
que o pan non mo quiten,
trabucos e prestemos
que, coma os do abade,
frorezan meus eidos
chegado haberá enton
o maio que eu quero.

Queredes castañas
dos meus castiñeiros
cantademe un maio
sen bruxas nin demos
un maio sen segas,
usuras nin preitos.
nin foros nin cregos

III

¿Como foi?... –Eu topábame fóra
cando as negras vixigas lle deron;
polo aramio súa nai avisoume
i eu vinme correndo.
¡Coitadiño! Sintindo os meus pasos
revolveu cara a min os seus olllos.
Non me viu... e chorou... ¡ai!
xa os tiña ceguiños de todo.
Non me acordo que tempo me estiven
sobre o berce de dor debruzado;
sólo sei que me erguín co meu neno
sin vida nos brazos...-
Bolboreta de aliñas douradas
que te pousas no berce baleiro
pois por el me perguntas, xa sabes
que foi do meu neno.

IV

Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu...
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

3.3. Eduardo Pondal

 

Pondal

no 1835, tal e como el mesmo nos conta:

Eu nacín en agreste soedade
eu nacín cabo dun agreste outeiro
pr’onde o Anllóns con nobre maxestade
camiña o seu destino derradeiro.
Eu non nacín na vila nin cidade
mas lonxe do ruído lisonxeiro.
Eu nacín cabo do pinal espeso
eu nacín na pequena Ponteceso.

Despois de realizar os seus primeiros estudios na Nemiña, marchou no ano 1848 para Santiago onde se licencia en Filosofía e Medicina. Esta última foi a profesión que exerceu ata que en 1864 decide abandonala para dedicarse exclusivamente a escribir, labor que ocupou o resto da súa vida ata que a morte o sorprende na Coruña á volta do 1917.

En canto á súa obra poética, dicir que se afastou da poesía de raíz popular cultivada por Rosalía e por Curros para adicarse ó cultivo dunha poesía culta tanto no tema coma na forma, de aí que Pondal nunca fose tan comprendido nin tan coñecido coma os outros escritores mentados.

Escribiu poesía épica nos Eoas, obra que ocupou toda a súa vida e na que relata as fazañas dos navigantes na descuberta do Novo Mundo, e poesía épico-lírica en Rumores de los pinos, obra bilingüe, que despois reelabora abandonando o emprego do castelán e que deu lugar a Queixumes dos pinos.

En Queixumes fala das orixes celtas de Galicia, orixes que a particularizan e a afastan dos demais pobos peninsulares. E baseándose no que dixera o poeta británico Mcpherson de que o caudillo celta Breogán fora o fundador de Galicia, creou ou mellor deu nome -porque se existiu Breogán tiveron que existir outros máis- a heroes fortes e rexos, do estilo dos gregos, que viviron nun pasado mítico e glorioso para Galicia.

Tamén falou dos bardos, daquela aristocracia que coa súa poesía profética anticipáballe o futuro ó pobo celta, e vendo que o seu labor no presente coincidía co daqueles no pasado el nomeouse “o bardo de Brigantia” e como tal o recoñeceron os seus compañeiros de “a cova céltica”.

Segundo o poeta, el, coma todos os seres superiores, viviu na soidade que produce a incomprensión por parte das xentes de espírito "menos elevado", soidade que expresou en numerosos poemas con palabras semellantes ás que seguen:

mentras os fillos dos celtas
cumpren serva e innobre vida,
entonces o espírito invade do bardo
escura melancolía.

Ó lembrar ese pasado, a súa era unha intención patriótica, unha intención cívica: el pretendía dar a coñecer ó pobo galego a gloriosa etapa vivida polos seus antepasados para devolverlle o orgullo perdido e conciencialo de que tiña que espertar do seu sono e liberarse das cadeas que o oprimían, nun futuro que había de ser tan glorioso e brillante coma aquel pasado:

Dos celtas antigos
gloriosos exempros,
do duro romano
non lixios, non servos:
rompede as cadeas
da patria, dos eidos,
luitade valentes;
luitade gallegos.


O pobo galego tiña que ser libre e para iso había que loitar con valentía, tendo en conta que “o mellor para un bravo é morrer nas primeiras filas do combate e morrer defendendo a súa patria”, palabras estas coas que comeza o seu libro.

Pero non todos os versos que escribiu tiñan unha función ética, patriótica; escribiu tamén versos, acerca da natureza e da muller, nos que predominaba o lirismo.

Escolleu as paisaxes máis salvaxes, aquelas que inda non foran dobregadas pola man do home: a gándara poboada de uces e a fraga poboada de piñeiros que, abaneados polo vento, soltan queixumes que non son outros que os dos guerreiros celtas que, doídos de ver o pobo galego asoballado, fálanlle do que foi e do que ten que ser, dicindo así:

Galegos, sede fortes,
prontos a grandes feitos,
aparellade os peitos
a glorioso afán,
fillos dos nobres celtas,
fortes e peregrinos,
luitade polos destinos
dos eidos de Breogán.

Estas paisaxes pobounas de animais salvaxes: o cervo e o lobo que, por unha banda, viñan simbolizar a liberdade desexada, e, por outra, viñan simbolizar a soidade en que viven os espíritos “nobres e elevados” coma o del, coma o dos bardos

Como quedou dito, tamén falou nos seus versos das mulleres. E se ben, ás veces, as idealizou como virxes, doncelas, fadas ás que os heroes rendían homenaxe, preferiu consideralas dende unha perspectiva erótico-naturista, como obxectos de pracer ó servicio dos guerreiros, como algo que o heroe colle e deixa no camiño porque el tiña grandes misións que cumprir, tiña grandes fazañas que realizar e ningunha presencia feminina podía converterse nun obstáculo.

Todas estas ideas, todos estes pensamentos, expresounos, como non, na nosa fala, consciente do poder que a fala ten para un pobo: é o sinal de identidade que axuda a que os pobos conserven a súa independencia; tal e como dixo en:

Nobre e harmoniosa
fala de Breogán
fala boa, de fortes
e grandes sin rival,
(...)
ti nos eidos da Celtia
e co tempo serás
un lábaro sagrado
que ao triunfo guiará
fala nobre, harmoniosa,
¡fala de Breogán!

Pero se nos temas foi un poeta culto -falou da historia de Galicia- tamén o foi no aspecto lingüístico, e así traballou a lingua depurándoa; seleccionando o vocabulario segundo un criterio eufónico e enriquecéndoo con termos latinos e gregos. Por iso din que lle dixo a Galicia: déchesme una lingua de ferro e déixoche unha lingua de ouro.


Déixovos un documento coa historia e a letra do noso himno.

Como ocorreu coa nosa bandeira, a creación do noso himno nace como froito dunha iniciativa dos emigrantes.

O noso himno pasou por unha serie de peripecias. En principio, pensouse en Curros e en “Chané” como autores da letra e da música, respectivamente. Pero ó non cumpriren os prazos demandados polos promotores, elixiuse o poema “Os Pinos” de Pondal con música do maestro Pascual Veiga.

Ademais do himno de Pondal, existe outro de Alfredo Brañas, precursor do nacionalismo galego contemporáneo, que leva por título “Deus fratesque Galaeciae”:

Casta dos celtas ¡esperta axiña!
¡Ergue do fango da escravitú!
¡Patria da y alma, teus ceibes cantos
Henchan o mundo do Norte a Sul!
Dos meus pasados bendita terra.
Nai amorosa de mina Nai.
¡Creva as cadeas que te asoballan
E cingue a croa da libertá!

Cantai, galegos,
O hino xigante
Dos pobos grandes;
Cantai, galegos,
A idea santa
Da independenza
Da nosa Patria.

Os de Castela son castelaos,
Os de Galicia galegos son,
Pero non somos, como hespañoles,
Nin eles amos, nin servos nós.
Das costas bravas de Finisterre
Hastra as douradas beiras do Sil,
¡Ruxan os berros de guerra e morte,
contra tiranos do meu pais!

Ártabros fortes
Feros brigantes,
Sombras queridas
Doutras edades,
¡Prestade alentos
Ós que batallan
Por esta meiga
Pequena Patria!.

O himno de Pondal foi considerado en principio como himno oficial do Centro Gallego da Habana no ano 1908 e posteriormente, logo de diversas tentativas, acabaríase convertendo no himno nacional de Galicia:

-Que din os rumorosos,
na costa verdencente,
ó raio transparente
do prácido luar...?
Que din as altas copas
de escuro arume harpado
co seu ben compasado,
monótono fungar...?

-Do teu verdor cinxido
e de benignos astros,
confin dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono,
desperta do teu sono
fogar de Breogán.

Os bos e os xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso rouco son;
mas, sos, os ignorantes,
e féridos, e duros,
imbéciles e escuros
non os entenden, non.

Os tempos son chegados
dos bardos das edades,
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante,
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.


Ata 1923 foi entoado por galeguistas e agraristas nos seus actos, consolidánde, pouco a pouco, como símbolo de Galicia. Cando se prohibiu durante a ditadura de Primo de Rivera, as sociedades galegas de América afanáronse en interpretalo publicamente. Coa Segunda República foi recoñecido oficialmente. Na ditadura franquista evitouse cantalo, só, na última etapa, se comezou a cantar a primeira parte, evitando as referencias ideolóxicas, como unha mostra do floclore galego. En 1977, xa morto Franco, todos os partidos asumen o poema de Pondal como himno de Galicia.


O tema central do himno é unha incitación para que Galicia, o “fogar de Breogán”, reaccione, “esperte do seu sono” e emprenda o camiño cara á liberdade escoitando a voz dos “rumorosos”, dos piñeiros, que simbolizan ós nosos antepasados.

2. A continuación déixovos dous vídeos: no primeiro, podedes escoitar unha versión do noso himno, Os pinos; no segundo, escoitaredes unha versión daqueloutro himno a partir do poema de Alfredo Brañas, Deus fratesque Gallaecia.