Edición de son con Audacity.

Sitio: Aula virtual
Curso: Informática 4º ESO IESEBA 1516
Libro: Edición de son con Audacity.
Imprimido por: Invitado
Día: jueves, 11 de julio de 2024, 08:29

Descripción

Audacity

Introdución

podcastOs Podcast cada día están máis presentes na rede e con múltiples utilidades e propósitos como pode ser crear un AudioLibro, recitar unha poesía ou mesmo grabar unha exposición que poida ser incorporada a unha presentación con diapositivas.

Nesta ocasión imos traballar cun "Editor de son" para grabarnos a nós mesmos e para incorporar efectos de fondo á conversa. Para poder incorporalo no blog tedes que aloxalo previamente nunha plataforma online que vos permita telo almacenado e vos facilite un código que inclua un reproductor.


Descripción da Tarefa

A tarefa consiste na edición sonora dunha conversa mantida entre un capitán de navío e un fareiro. Circunstancia realmente certa e que tivo lugar en 1997.

Tedes que ambientar a conversa nunha noite de treboada cun ruído de fondo de vento e tronos.

A conversa é por radio co que deberedes inserir os efectos oportunos para simular ó máximo a situación.

IMPORTANTE: nun determinado momento o fareiro di o seu nome, Juan Manuel Salas Alcántara, neste punto debedes facer unha modificación no texto de xeito que digades os vosos nomes (sen apelidos), guiño sistema antiplaxio.

Unha vez obtido o arquivo de son en formato .ogg mediante o software libre Audacity tedes que pasalo a formato .mp3 (segundo a versión instalada pode incluir un plugin chamado LAME que posibilita a exportación directa a mp3, se non fose o caso sempre podedes transformalo posteriormente). Lembrade que o formato de traballo non é o mesmo que o formato de audición.

Para publicar o podcast no voso blog debedes aloxalo na nube en SoundCloud de xeito que o programa vos facilite o código "embed" para poder inserilo, xunto cun reproductor, no blog.


Como sempre, enviaredes ó AV, na tarefa correspondente, o enlace acortado-hiperenlazado e que abra nunha nova xanela á entrada do voso blog no que publicastes o podcast.


A duración da conversa será de 120 segundos (axustaredes o son de fondo e os diálogos a esta duración).
Traballaredes con varias pistas, cada unha cun fondo, conversación, etc. e logo, ó final, gárdase como arquivo único en .ogg.

Debedes empregar a seguinte estrutura para nomear os ficheiros:

finisterre_1516_4x_nomeapelido.ogg

posteriormente pasará a chamarse:

finisterre_1516_4x_nomeapelido.mp3

Variantes posibles

Se tes outra idea para traballar a Edición de Son podes comentala co profesor e valorará a súa idoneidade e, de ser o caso, as indicacións necesarias para levala a cabo.

Otras opcións posibles son:
  • Realizar un audio-conto. Aínda que o seu sería un vídeo-conto ou facer o audio e incorporalo a unha presentación de xeito que haxa algunha transición de imaxes.
  • Relato de terror, propio ou alleo. Eiquí sí parece axeitado o emprego de efectos sonoros e de ambientación.
  • Audio-Poesía, neste caso pode ser máis axeitado unha música de fondo que uns efectos, e xa nos saímos un pouco do traballo con diferentes pistas sincronizadas.
  • Crea o teu libro ambientado utilizando BookTrack onde podes ambientar un libro dispoñible na súa biblioteca (en inglés) ou subir o teu relato e logo ambientalo. Podes entrar e ver o vídeo promocional ou comezar a ler algún dos xa rematados. asombro É interesante.

Criterios de cualificación

A tarefa entregada en plazo (*) ten unha cualificación máxima de 100 puntos:
  • 10 ptos.- Enlace acortado, hiperenlazado e que abra nunha nova xanela.
  • 10 ptos.- Entrada no blogue explicando con quen se fixo (enlazando ó seu blogue), dificultades atopadas, software empregado, fontes de recursos empregadas, valoración da tarefa, etc.
  • 10 ptos.- Reprodutor Soundcloud operativo na entrada do blogue.
  • 10 ptos.- Calidade e volume do audio (as voces por riba dos fondos).
  • 10 ptos.- Calidade das voces, entonación, acento,...
  • 20 ptos.- Existencia e pertinencia dos efectos sonoros de fondo.
  • 20 ptos.- Licencia CC-BY-SA do audio en SoundCloud.
  • 10 ptos.- Descripción da actividade en SoundCloud (traballo educativo de edición de son realizado por .... na materia de Informática de 4º ESO do IES..., fontes dos efectos empregados.)
(*) A partires da 2ª semana de retraso desconto do 10% da nota por cada semana de retraso. Máximo desconto 50%.


Recursos

Como documentación contades con enlaces ás seguintes páxinas:

Texto da conversa:

Galegos versus Americanos (aloxado en Dropbox público)
Galegos versus Americanos (aloxado en Drive -pode non funcionar en Firefox-)

Introdución ós formatos de audio:

http://www.taringa.net/posts/info/6880016/Formatos-de-Audio-wav-midi-aac-wma-ogg-mp3.html



Música CCTodos os recursos musicáis que empregues deben estar licenciados para a súa reutilización, é dicir, deben contar (e tí comprobar) que teñen unha licencia Creative Commons (CC). No lateral do Aula Virtual tes suficientes fontes de recursos.



Se precisas transformar un formato de audio noutro recomendámosche Format Factory, un programa gratuito que podes instalar no teu equipo se ten un SO Windows.

Manual de Audacity en español:

http://www.slideshare.net/ramonovelar/tutorialaudacity


E para rematar un

de SoundCloud, vía YouTube:




Exemplos

Eiquí tedes dous exemplos dos cursos anteriores, un destaca pola entonación das personaxes e o outro polos efectos de fondo. Nestes exemplos o aloxamento e reproductor é IVOOX:




Os reproductores poden ter outros usos, déixovos o enlace a un dos blogs de Angel no que emprega SounCloud como música ambiente mentres se lee o blog, neste caso soe colocarse o reproductor no bloque lateral de xeito que esté accesible dende calquera parte do sitio.

Curso de Edición con Audacity por Leonel Iván Saafigueroa