Imaxes Interactivas. En preparación

Sitio: Aula virtual
Curso: Informática 4º ESO IESEBA 1516
Libro: Imaxes Interactivas. En preparación
Imprimido por: Invitado
Día: miércoles, 27 de noviembre de 2024, 15:48

Descripción

Cando unha imaxe deixa de ser estática.

Introdución

Nesta ocasión imos traballar con imaxes interactivas plantexándovos dúas ferramentas e dúas posibilidades temáticas: 
  1. Thinglink xa é unha aplicación coñecida dos cursos anteriores e poderedes analizar opcións e posibilidades a través dos traballos dos vosos ex-compañeiros.
  2. Genial.ly é unha nova aplicación, española, de recente creación e que promete.

Esta tarefa permítevos escoller entre 2 opcións con diferente valoración:
  • Opción 1.- 50 ptos. Thinglink interactivo sobre un tema a escoller relacionado coa afición que escolliche para o teu blogue.
  • Opción 2.- 100 ptos. Cartel interactivo feito con Genial.ly, temática a escoller.
  • Opción 3. Puntuación variable (50-100 ptos) segundo o teu proxecto e a ferramenta (ver este artigo) nesta opción non val escoller Thinglink.

Opción 1. Thinglink

ThingLink é unha ferramenta que permite transformar imaxes en gráficos interactivos mediante a inserción dunha serie de puntos que conteñen información multimedia. 
É unha aplicación online que permite amosar imaxes, gráficos, ilustracións, esquemas, etc. , e engadirlles información de calquera tipo (enlaces, textos, vídeos…), co fin de enriquecelos, tomalos como eixo vertebrador para abordar un contido ou facilitar a explicación sobre un determinado tema.

Aquí tes un videotitorial:






A continuación deixámosvos algúns enlaces a traballos de cursos anteriores:

Opción 2. Genial.ly

Escolle o teu tema e fai un cartel similar a este  (non ten por que ter tantos enlaces):





Aquí tes un exemplo de explicación dun mapa mental a través dunha infografía interactiva, aínda que só con texto.

Outras ferramentas

"Cinco herramientas para crear imágenes interactivas", neste artigo tedes as dúas xa comentadas e outras tres. Tamén podedes atopar ideas para o voso traballo.