Nin pecho os ollos nin quero ser espectador. Implicándome

Sitio: Aula virtual
Curso: Informática 4º ESO IESEBA 1516
Libro: Nin pecho os ollos nin quero ser espectador. Implicándome
Imprimido por: Invitado
Día: jueves, 11 de julio de 2024, 03:07

Descripción

Libro de referencia Contra a Violencia de Xénero.

Introdución

Parella por Oleg Zaytsev en Flickr con licenza CC-BY-SA
Un novo curso e o problema segue aí: a violencia, a ignorancia, a falta de argumentos, a lei do máis forte, ... pero tamén a permisividade, a falta de autoestima, o orgullo de non pedir axuda.

O 25 de novembro "Día Internacional Contra a Violencia de Xénero" non pode ser o único día no que teñamos presente o respeto mútuo e a igualdade de trato. E para que así sexa debe calar fondamente en nós unha comprensión das situacións que poden derivar na perda da dignidade das persoas. Porque o importante é non chegar a ese momento no que a solución é clara, denunciar, senón recoñecer os síntomas previos e actuar para non chegar a él.

Nesta tarefa na que teredes que crear un tuit ou lema, un podcast e unha curtametraxe cunha clara vocación emotiva e de reflexión persoal teredes que atopar o xeito de metervos na pel dos protagonistas, rebobinar as súas vidas cal flashback e atopar esas evidencias e comportamentos que anticipaban o triste final. Será nesa busca na que maduraredes como persoas e na que asumiredes de que ninguén é menos que ninguén.

Logo desta declaración de obxectivos podedes apreciar o traballo feito o curso pasado, e recopilados neste artigo de biblioebacomentada, para logo deixar voar a vosa imaxinación e creatividade nuns traballos de concienciación, difusión e reflexión que reflictan a grande personalidade que tedes.



Un exemplo que fuxe do estereotipo unidireccional da violencia de xénero é o vídeo gañador do premio do público do "I Concurso Nacional por la Igualdad y la Violencia de Género" convocado pola Fundación Mutua Madrileña realizado polos alumnos do IES Monte das Moas da Coruña,  e sobre o que podedes saber máis neste artigo do diario A Opinión. Se queres coñecer o vídeo gañador e outros finalistas accede ó artigo "Jóvenes contra la violencia de género" publicado no diario El País.




Concurso

Concurso.
Cartel do Concurso.

Bases:
Bases do concurso





Concienciación e Inspiración

Á hora de comezar un novo proxecto é necesario sentilo como propio, concienciarse, e logo atopar a inspiración para desenvolver o noso proxecto divulgativo, a nosa aportación ou, simplemente, o noso traballo.

Para o primeiro punto convén atopar aqueles recursos coa forza necesaria para facernos reaccionar e para o segundo ollar cómo o fixeron outros antes ca nós, pero conservando a creatividade persoal para non facer máis do mesmo, inspirar e non copiar.



Publicado el 13 feb. 2013
"The Order of Things" (2010)
A short film by the Alenda Brothers - Un cortometraje de los Hermanos Alenda, protagonizado por Manuela Vellés, Mariano Venancio, Javier Gutiérrez y Biel Durán. 
Nominado al Premio Goya 2011 - Mejor Cortometraje de Ficción.



Se cadra o formato vídeo-cómic che resulte máis atrainte:




Moitas veces ocorre que unha aportación vosa é fonte inspiradora para outros, o caso que máis coñezo é o desta "carta a un maltratador" que derivou, entre outros, do Centro Guadalinfo de Freila, ou mesmo esta "carta a mi maltratador" dunha xove de 20 anos.



A modo de inspiración convén ver o que fixeron outros compañeiros, neste caso noutros centros:




E tamén o se fai no Blanco Amor, nesta ocasión na edición 2014, 18 vídeos:



e ti?  Implícaste?



OUTROS RECURSOS INSPIRADORES:


Cortos inspiradores

Na web Proyecto Educa tedes esta colección de cortos sobre bullying, acoso, internet, etc que poder resultarvos inspiradores, de feito tamén organizan un concurso de curtas para secundaria.
Tamén podes visitar a súa sección de XOGOS (xogos online, puzles, crucigramas, sopa de letras, autocompletar ou crea a túa historia).

Como grabar e publicar podcast en SoundCloud

Nesta ocasión só aceptamos o aloxamento do Podcast en SoundCloud para facilitar a posterior elaboración dunha lista de distribución. Clica na imaxe para acceder ó titorial.

Ligazón ó artigo sobre Como grabar e publicar podcast en soundcloud. Abre en xanela nova.

Interfaz de usuario de Rosa Paños Sanchís no artigo "Cómo grabar y publicar podcasts en internet con SoundCloud" da súa web PíldorasdeTIC [consultado o 29/10/2015]



Moito coidado con subir música con dereitos de autor, SoundCloud pode bloquearnos a conta. Os sons e grabacións deberán ser propios.

Cando subades o voso Podcast veredes que é obrigatorio poñerlle a lo menos unha etiqueta, aproveitamos e poñemos #CulleredoPoloBoTrato.

Lembrade licencialo CC-BY-NC-SA e habilitar a descarga e a posibilidade de embebelo.


Como editar un vídeo en YouTube




Buscar música CC en Jamendo

Jamendo_Escoitar_Buscar_BúsquedaAvanzada_LicenciasCC

Licencias

Las licencias

Creative commons


  • Reconocimiento CC BY: permite que el recurso, la obra, pueda distribuirse, mezclarse, ajustarse, incluso con fines comerciales, siempre que le sea reconocida la autoría de la creación original. Resumen de la licencia.

  • Reconocimiento-Compartir Igual CC BY-SA: permite a otros re-mezclar, modificar y desarrollar sobre la obra incluso para propósitos comerciales, siempre que se atribuyan el crédito al autor original y licencien las nuevas obras bajo idénticos términos. Cualquier obra nueva basada en la original, lo será bajo la misma licencia, de modo que cualquier obra derivada permitirá también su uso comercial. Esta licencia es la utilizada por Wikipedia y se recomienda para aquellos materiales que puedan beneficiarse de la incorporación de contenido proveniente de la misma u otros proyectos licenciados de la misma forma.Resumen de la licencia.

  • Reconocimiento-Sin Obra Derivada-CC BY-ND: permite la redistribución, comercial y no comercial, siempre y cuando la obra no se modifique y se transmita en su totalidad, reconociendo su autoría. Resumen de la licencia.

  • Reconocimiento-No Comercial-CC BY-NC: permite a otros entremezclar, ajustar y construir a partir de su obra con fines no comerciales, y aunque en sus nuevas creaciones deban reconocerle su autoría y no puedan ser utilizadas de manera comercial, no tienen que estar bajo una licencia con los mismos términos. Resumen de la licencia.
Para o noso Podcast empregaremos esta licencia:
  • Reconocimiento-No Comercial-Compartir Igual CC BY-NC-SA: permite a otros entremezclar, ajustar y construir a partir de su obra con fines no comerciales, siempre y cuando le reconozcan la autoría y sus nuevas creaciones estén bajo una licencia con los mismos términos. Resumen de la licencia.
Para a nosa Curta empregaremos esta licencia:
  • Reconocimiento-No Comercial-Sin Obra Derivada CC BY-NC-ND: es la más restrictiva de las seis licencias principales, solo permite que otros puedan descargar las obras y compartirlas con otras personas, siempre que se reconozca su autoría, pero no se pueden cambiar de ninguna manera ni se pueden utilizar comercialmente. Resumen de la licencia.