Edición fotográfica con Clipping Magic

Tarefa

Recorta unha imaxe CC relacionada co tema do voso blog empregando o Clipping Magic


Neste primeiro contacto coa edición fotográfica é tanto ou máis importante o que rodea ó proceso de manipulación como o resultado final.

Todos sabedes que sacar unha foto co móbil e aplicarlle un filtro así como que engadirlle un texto pode ser moi sinxelo se tedes a aplicación axeitada instalada.

Non se trata deso, tedes que comprender o que significan os "Dereitos de Autor" e as licencias "Creative Commons" así como acompañar os obxectos realizados -neste caso unha imaxe- cunha breve exposición dos motivos, do proceso seguido, das fontes empregadas e, tamén, da vosa impresión ou opinión. Por eso é importante o que fagas antes e despois do emprego dunha ferramenta: os materiais que empregas deben referenciarse e estar libres de dereitos de autor e, cando publiques-expoñas-compartas terás que falar-escribir-defender o traballo feito.

Antes de continuar convén que leas esta infografía ou este artigo:

Infografía Creative Commons

COPYLEFT, unha C invertida, símbolo sen recoñecemento legal é o máis común como contrapartida do símbolo COPYRIGHT. E entre os dous o símbolo de Dominio Público o CC-O.

copyleft
Dominio Público

copyright