Edición de Son con Audacity

Tarefa

A tarefa consiste na edición sonora dunha conversa mantida entre un capitán de navío e un fareiro. Circunstancia realmente certa e que tivo lugar en 1997.

Tedes que ambientar a conversa nunha noite de treboada cun ruído de fondo de vento e tronos.

A conversa é por radio co que deberedes inserir os efectos oportunos para simular ó máximo a situación.

Unha vez obtido o arquivo de son en formato .ogg mediante o software libre Audacity tedes que pasalo a formato .mp3

Para publicar o podcast no voso blog debedes aloxalo na nube en SoundCloud, Ivoox ou similar de xeito que o programa vos facilite o código "embed" para poder inserilo, xunto cun reproductor, no blog.

Aquí tedes un videotitorial sobre cómo aloxar un Podcast en Ivoox:


Como sempre, enviaredes ó AV, na tarefa correspondente, o enlace acortado á entrada do voso blog no que publicastes o podcast.


A duración da conversa será de 120 segundos (axustaredes o son de fondo e os diálogos a esta duración).
Traballaredes con varias pistas, cada unha cun fondo, conversación, etc. e logo, ó final, gárdase como arquivo único en .ogg.

Debedes empregar a seguinte estrutura para nomear os ficheiros:

finisterre_1314_0X_XX.ogg

posteriormente pasará a chamarse:

finisterre_1314_0X_XX.mp3