Edición de Son con Audacity
Introducción
Os Podcast cada día están máis presentes na rede e con múltiples utilidades e propósitos como pode ser crear un AudioLibro, recitar unha poesía ou mesmo grabar unha exposición que poida ser incorporada a unha presentación con diapositivas.Nesta ocasión imos traballar cun "Editor de son" para grabarnos a nós mesmos e para incorporar efectos de fondo á conversa. Para poder incorporalo no blog tedes que aloxalo previamente nunha plataforma online que vos permita telo almacenado e vos facilite un código que inclua un reproductor.